Como esta semana fixo moita calor e os días invitaban a sair da aula, decidimos mudar as fichas e o tempo de pupitre por pintar ao aire libre o chan da nosa entrada. Utilizamos xiz de moitas cores e fixemos entre todos unha fantástica obra de arte. Querédela ver? Non vos perdades o video!
PINTAMOS CON XIZ from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.
domingo, 28 de abril de 2013
PINTAMOS O CHAN CON XIZ DE CORES!
CONTA COMIGO: VISITA DA MAMÁ DE NOÉ
O pasado xoves recibimos a unha nova mamá para contarnos un conto que lle gusta moito ao seu fillo: NOÉ. A mamá era ANA e o conto : "EL CONEJO PIPO". Os pequechos, coma sempre que veñen os familiares, estiveron moi atentos e entusiasmados co conto!
MOITÍSIMAS GRAZAS, ANA, POR VIR A NOSA AULA E FACERNOS PASAR UN RATO XENIAL!
DEGUSTACIÓN DE INFUSIÓNS!
Como sabedes, levamos xa uns meses coidando e regando con moito mimo as nosas plantas aromáticas. Pois ben, a mamá de ANXO, BELÉN, ofreceunos dar unha charla aos peques sobre os usos medicinais e culinarios que poden ter estas plantas. Trouxo mostras de moitas herbas como a MALVA, a MANZANILLA, o TOMILLO, o MALVAVISCO, a HERBALUISA, a MENTA... e preparou unha riquísima e variada DEGUSTACIÓN DE INFUSIÓNS! Aprendimos moitas cousas, sobre todo a importancia de cultivar as nosas propias plantas e despois deixalas boca abaixo a secar nun lugar escuro e seco. Así poderemos tomar as nosas infusións dun xeito máis san e natural. Tamén fixo fincapé no azucre, que é moito mellor tomalo moreno de caña que branco, e se ás infusións botámoslles MEL moitísimo mellor!! Moitas destas herbas son boísimas para a tos, os bronquios, cando estamos maliños do estómago.... Foi moi interesante e aquí tedes a proba! IMPRESIONANTE!!
MIL GRAZAS UNHA VEZ MÁIS POR ACHEGARNOS A ESTE MUNDO TAN NATURAL, BELÉN E TER A AMABILIDADE DE VIR Á NOSA AULA!
BELEN HERBAS AROMÁTICAS from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.
VISITOUNOS ANXO MOURE!
O pasado día 19 de abril, recibimos a un contacontos moi especial: ANXO MOURE. Este amante da natureza, contounos "O CARBALLO CON BOTAS", a súa derradeitra obra. Foi impresionante o ben que o pasaron os nen@s e o moitísimo que riron!! Só tedes que ver as súas cariñas de felicidade nas fotos! Foi xenial!!
PRIMAVERA DE MILLO!
Xa que estamos na primavera e tamén estudando o millo, ocurréusenos xuntar ambas cousas e facer unha árbore primaveral utilizando palomitas doces de cores. A que nos quedaron preciosas?
jueves, 25 de abril de 2013
CONTA COMIGO: VISITA DA MAMÁ DE ÉRIKA
O xoves da pasada semana recibimos a visita de FÁTIMA, a mamá de ÉRIKA, que nos contou un conto que todos coñecemos pero que non nos cansamos de escoitar: "A BELA DURMINTE". Gustounos moitísimo e, coma sempre que acuden as familias á nosa aula, pasámolo en grande!!!
GRAZAS POR VIVIR ESTA EXPERIENCIA CON NÓS, FÁTIMA!
lunes, 22 de abril de 2013
ANXO FÁLANOS DO MILLO
As enquisas que solicitamos ás familias no 1º trimestre sobre o millo, estannos axudando moito nas nosas investigacións sobre este cereal. Dende aquí quero AGRADECER DE CORAZÓN A TODAS AS FAMILIAS a realización da mesma, xa que en función da realidade de cada un, poido ser complicado cubrila.
A de Anxo viu acompañada dunhas fotos de apeiros de labranza e outros aparellos que se utilizan (e que utilizan na súa casa) para cultivar o millo. Puxémolas na pizarra para que nos contara a súa función e, cunha explicación detallada, demostrou unha vez máis ser todo un experto no tema! Aquí tedes o que nos contou! GRAZAS ANXO!
DEGUSTANDO ALIMENTOS DE MILLO
A semana pasada estivemos degustando algúns alimentos que mercaramos na nosa visita ao supermercado. Fixemos unha ensalada para probar o millo doce e as espiguiñas de millo en vinagre que estaban deliciosas! Tamén asamos mazarocas no forno e probamos as tortitas de millo.
Que ben sabe este cereal e canto nos gusta!
lunes, 15 de abril de 2013
CUMPLE DE ARÓN!
O pasado venres foi o aniversario de ARÓN! Foi unha semana especial para él xa que o xoves viu a súa mamá e o venres estivo nada menos que de aniversario! Celebrámolo como é debido: Cancións, tirón de orellas, tarta e moita, moita festaaaa! Coma sempre que hai cumple, a aula énchese de alegría!!! Pasámolo moi ben!!
PARABÉNS ARÓN! XA TES 5 AÑAZOS!
CONTA COMIGO: VISITA DA MAMÁ DE ARÓN
A semana pasada, o xoves, recibimos de novo a visita dunha mamá que viña a ler un conto! Nesta ocasión tratouse de NATALIA, a mamá de ARÓN, que nos contou un conto moi especial para él: "FOCALCE", a historia dunha FOCA-ALCE. Que como pode ser iso? Pois porque os contos son así de máxicos, como sabedes... Pasámolo moi ben e ademais Natalia trouxo a XAVI, o irmanciño pequeno de Arón e portouse como un chico maior. Impresionante!!
GRACIÑAS, NATALIA, POR PARTICIPAR NO CONTA COMIGO!
miércoles, 10 de abril de 2013
UN ACRÓSTICO POLO DÍA DA POESÍA
O pasado 21 de Marzo celebramos o DÍA DA POESÍA. Todo o centro participou na elaboración de versos para decorar o corredor do cole grande baixo o lema de "VERSOS DELICIOSOS". Os nen@s de 4 anos decidimos facer un "ACRÓSTICO", e dicir, utilizar as letras dos nosos nomes para buscar palabras que nos definan, que falen de como somos. Despois de facelos, pegámolos nuns pratos de plástico e decorámolos. Mirade que chulos nos quedaron!
lunes, 8 de abril de 2013
TEMOS UNHA NOVA PLANTA!
Mirade que preciosidade de planta nos regalou BELÉN, a mamá de ANXO... É unha chulada. Chámase ALOE VERA e foi considerada dende tempos
remotos como unha "planta miragrosa"
para aliviar problemas de saúde.
Segundo puidemos averiguar grazas, por suposto, ás eficaces explicacións de Anxo, algunhas das súas aplicacións curativas sirven para curar:
- Queimaduras
- Cortes e feridas
- Picaduras de insectos
- Dores musculares ou reumáticos
- Queimaduras
- Cortes e feridas
- Picaduras de insectos
- Dores musculares ou reumáticos
aplicando o xel que se atopa no interior das súas follas.
MIL GRAZAS, BELÉN!
ESTAMOS ENCANTADOS COA NOSA PLANTA DE ALOE VERA!
GRAZAS POLA TÚA XENEROSIDADE!
viernes, 5 de abril de 2013
CUMPLE DE ANXO E ALEJANDRO!
Esta foi unha semana de festaaaa! Tivemos nada menos que 2 cumpleanos! Na semana das vacacións cumpliron 5 anos ANXO e ALEJANDRO I.! Anxo o día 30 de marzo e Alejandro o día 31. Celebrámolos o luns e o martes na nosa aula e eles trouxeron caramelos para todos! Cantamos, houbo tiróns de orellas e pasámolo en grande! Aquí tedes as fotos das dúas festas!
PARABÉNS CHICOS!!! XA TEDES 5!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)