sábado, 23 de junio de 2012

FIN DE CURSO EN SOBRADA!

E...chegou o día de fin de curso. Parece incrible, verdade? Se non hai máis ca uns días estabamos co periodo de adaptación!! Pois, sí, o tempo pasa voando e estes pequechos medran sen que nos deamos conta! Non podiamos rematar o cole de mellor forma: XOGANDO e así transcurriu esta festiva xornada cargada de emocións, bos sentimentos e moito, moito cariño. Cos xogos populares que preparou a nosa profe Rosa tendo de monitores ao alumnado de 6º curso (que o fixeron mellor que ben, como auténticos profes dos nen@s) e coa posterior comilona que degustamos... Podíamos ter un remate mellor?
Aquí vos deixo o video da xornada non sen antes desexarlles aos meus pequechos un moi FELÍZ VERÁN cargado de praia, piscina, xogos, familia e amigos, cumples e disfrute en xeral. Meréceno de verdade por traballar tanto e ser tan boa clase como son!



Graciñas FAMILIAS, por todo o que axudáchedes para a boa marcha do curso, que foi MOITÍSIMO!!
Unha aperta moi grande e FELICES VACACIÓNS!!

domingo, 17 de junio de 2012

ANIVERSARIO DE HUGO E NOÉ

Seguimos coas nosas festas de cumpleanos no cole! Nesta ocasión celebramos o aniversario de Hugo e de Noé, que cumplirán os 4 anos en agosto pero quixeron celebralo con todos os pequechos na clase antes de que remate o curso. Así de ben o pasamos!! Unha aperta moi grande para os dous e MOITOS PARABÉNS!

jueves, 14 de junio de 2012

ANIVERSARIO DE IRENE E GISELA

Que sorte temos estes derradeiros días de cole en que celebramos tantos cumples! Esta vez festexamos o aniversario de IRENE e de GISELA que, como cumplen o día 28 de Xullo e para esa data estaremos de vacacións, decidimos adiantar a festa para estar todos xuntos. Cantámoslles moitas cancións, tirámoslle 4 veces das orellas a cada unha e repartiron caramelos e agasallos para os peques. 
Disfrutamos moito!!

ANIVERSARIO IRENE E GISELA - foto montaje
 MOITOS PARABÉNS PARA AS DÚAS!

miércoles, 13 de junio de 2012

ANIVERSARIO DE GAEL

O domingo pasado, día 10 de xuño, GAEL cumpliu 4 anos! Aqui tedes as fotos da celebración que fixemos na clase. Cantámoslle moito, tirámoslle das orellas e repartiu caramelos para todos. Moito nos gustan as festas de cumpleanos. Pasámolo xenial!! 


ANIVERSARIO GAEL - foto montaje
 MOITOS PARABÉNS, GAEL!

martes, 12 de junio de 2012

ESTILO COUNTRY NO TALLER DE CABARET!

Ainda que xa rematamos os obradoiros por este curso, a verdade é que deron moito de sí. En anteriores videos do taller de cabaret infantil vimos como os pequechos de 3, 4 e 5 anos bailaban ao son da música dos anos 70 e 80. Pois ben, outro estilo que tocamos este ano foi a MÚSICA COUNTRY ou "música dos vaqueiros", como lles gusta dicir aos nen@s. Centrámonos no estudo dun instrumento característico deste estilo: o BANJO.
Aquí tedes unha pequena mostra do que sudamos neste taller! 


COUNTRY por cadernodepequechos

domingo, 10 de junio de 2012

ANIVERSARIO DE ÁLEX C.

O sábado pasado, 2 de xuño, foi o aniversario de ÁLEX C., que cumpliu 4 anos! Así foi a celebración do seu cumple na clase: cantámoslle, tirámoslle das orellas, repartiu caramelos... Pasámolo moi pero que moi ben!
PARABÉNS, ÁLEX!

sábado, 9 de junio de 2012

ACTUACIÓN NO FESTIVAL

O día 1 de xuño celebramos o FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS, no cal participan todos os ciclos cunha actuación. No que respecta a Infantil, os peques de 5 anos prepararon unha fantástica representación baseada no conto: "Todas as cores do arco da vella" sobre a multiculturalidade e as distintas razas e para rematar, todo os nen@s (os peques de 3, 4 e 5 anos) cantaron a canción "VERMELLO VERMELLÓN" para lembrarnos que, a pesar das nosas diferenzas, todos temos o corazón da mesma cor. 
Para os que non puidéchedes asistir aquí vos deixo a proba do ben que o fixeron. 
Temos ou non uns artistazos en infantil? 

 CANCIÓN: "A COR DO CORAZÓN" REPRESENTACIÓN 5 ANOS

jueves, 7 de junio de 2012

DÍA DOS AVÓS EN SOBRADA!

O pasado mércores, 30 de maio, foi un día moi especial para todo o colexio: O DÍA DOS AVÓS. Grazas á proposta da asociación "ABUELOS PARA LA EDUCACIÓN" convidamos aos avós e avoas do noso alumnado a unha xornada no colexio para ofrecerlles unha merecidísima homenaxe. Quero agradecer especialmente a boa acollida da invitación por parte dos avós dos nen@s que, sin dubidalo, acudiron ese día sinalado ao noso cole agasallándonos coa súa presenza. Estiveron desde as doce ata as dúas e, nese tempo, tomaron un tentempié, disfrutaron cos debuxos que os seus net@s lles adicaron e o alumnado contoulles o conto titulado: "AVÓS". Para rematar bailamos e cantamos a canción "AL MUNDO ENTERO QUIERO DAR..." 
Encantounos celebrar con vós este día e esperamos repetilo!
  MOITÍSIMAS GRAZAS, AVÓS!




 

LIBERAMOS LIBROS!

O 28 de maio foi a data elixida no noso colexio para facer unha actividade de BOOKCROSSING, ou o que é o mesmo: LIBERAR LIBROS ou contos. Isto que quere dicir? Pois moi sinxelo. Trátase de fomentar a lectura en galego máis aló dos nosos muros e fíxose da seguinte maneira: Cada aula tiñamos asignados dous libros para liberar. Na nosa clase tocoulle esta tarefa aos dous Alejandros: ÁLEX I. e ÁLEX C. Eles levaron o conto para casa pero non para devolver ao colexio nuns días nin para quedarse eles co conto na casa, senón para que, unha vez lido, o deixasen nalgún lugar público onde outro nen@ o puidese atopar, lelo (ou que llo leran), e repetir a mesma operación: deixalo noutro lugar, como por exemplo: nunha cafetería, na sala de espera do médico, no ximnasio, no parque, noutra cidade se coincide que viaxaremos pronto...
Esperamos recibir novas das persoas, nenos ou nenas que atopen estes contos para saber ata onde puideron chegar e se lles gustou a actividade.
Xa vos contaremos!

Seguro que chegarán moi lonxe!

martes, 5 de junio de 2012

TRANSFORMAMOS A AUGA EN XEO!

Ainda que estes últimos días de maio estivemos moi atarefados co festival do colexio e as xornadas culturais, seguimos avanzando no noso proxecto sobre a auga. Esta vez centrámonos nos ESTADOS DA AUGA. Cando comezamos a investigar comprobamos como se forman as nubes facendo vapor de auga na clase: Era o estado gaseoso. Agora quixemos saber como se forma o xeo e para iso utilizamos AUGA, por suposto, unha cubiteira o o conxelador do cole grande. Enchimos a cubiteira con auga, levámola ao conxelador e á mañá seguinte... atopamos a auga dura e moi frrrríaa!!!
Era o ESTADO SÓLIDO da auga. 
Aquí tedes o video da actividade:

lunes, 4 de junio de 2012

LINGUAXE DE SIGNOS PARA OS PEQUES!

A semana pasada puidemos contar coa presenza de dúas persoas excepcionais: TOÑO e RAQUEL, que viñeron a contarnos un conto na linguaxe de signos, que é a que utilizan os nen@s que non poden escoitar tan ben coma nós e precisan facer as letras coas mans para comunicarse. Mentres a profe contaba o conto, os nen@s puideron ver como Toño e Raquel transformaban esas palabras en linguaxe de signos. Ademais, ensináronnos a cada un como se di o noso nome, como se dan as grazas, como se saúda, e moitas outras palabras utilizando esta linguaxe. Pasámolo moi ben e aprendimos moito! MIL GRAZAS PARA ELES!!

A xoaniña Rosmona.