Mostrando entradas con la etiqueta arte. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta arte. Mostrar todas las entradas

domingo, 1 de diciembre de 2013

FERMOSAS ESCULTURAS!

Como estivemos traballando a ESCULTURA, esta semana fixemos varias cousas utilizando materiais como o barro ou a plastilina. Con barro fixemos adornos para a árbore de nadal, que están secando para podelos pintar. Con plasti fixemos esculturas imitando a JOAN MIRÓ, o escultor catalán. Mirade que bonitas lles quedaron!
ESCULTURAS PLASTILINA from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.

Ademais, ANXO trouxo unha escultura chulísima feita polo seu avó e ensinóunola a todos! Que preciosidade de carro!

domingo, 24 de noviembre de 2013

TÉCNICA PICTÓRICA: SOPRIDO

Outra das técnicas que coñecimos traballando a PINTURA foi o "SOPRIDO". Consistiu en botar pintura nun papel e unhas gotas de auga sobre ela. Despois sopramos cunha palliña guiando o debuxo co noso soprido. Foi moi divertido e fixemos uns cadros preciosos!

A ESCULTURA EN DEBUXOS ANIMADOS

jueves, 21 de noviembre de 2013

DESCUBRIMOS A ESCULTURA CON LOUISE BOURGEOIS!

Hoxe comezamos a traballar a ESCULTURA seguindo co noso proxecto "IGUALARTE". Aparcamos un pouquiño a pintura para deixar paso a esta outra marabillosa disciplina artística que seguro dará moito de sí.
A primeira escultura que se lles pasou pola mente aos pequechos foi "O PENSADOR" de AUGUSTE RODIN, da que xa falaramos días atrás. Pero tamén o DISCÓBOLO DE MIRÓN e, facendo unha visita á nosa aula de audiovisuais preguntamos en internet acerca de si habría algunha muller escultora e POR SUPOSTO QUE SÍ!! MOITAS!!! Achegámonos virtualmente ao museo GUGGENHEIM de Bilbao para admirar varias obras que podemos atopar ás portas do museo: O can "PUPPY", a florida mascota creada polo artista JEFF KOONS. Pero ademais, alí atopamos unha araña xigante feita de aceiro, bronce e mármore por unha muller chamada: LOUISE BOURGEOIS.
Pertence a unha serie de arañas que fixo esta escultora francesa e que están ubicadas en distintas cidades do mundo: Hai unha en Londres, outra en Buenos Aires... A todas estas arañas las llamó "MAMÁ" (MAMAN en francés) xa que creounas en homenaxe a súa nai, que era tecedora. Chulísima verdade?

 

domingo, 10 de noviembre de 2013

RETRATAMOS A FRIDA KAHLO

No seguinte video poderedes ver como os pequechos, fixándose moi ben nun autorretrato da pintora mexicana, intentaron reproducilo con témpera sobre papel A3. Fixérono estupendamente! Impresionante como detectaron ata o máis mínimo detalle de FRIDA. Non teño palabras! Este foi o retrato que eles pintaron:


RETRATO FRIDA KAHLO from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.

jueves, 7 de noviembre de 2013

MARUXA MALLO: PINTORA GALEGA


Seguimos dentro do proxecto IGUALARTE, centrados na PINTURA. Da moito de sí e aos pequechos lles encanta. Esta semana coñecimos a outra gran pintora: MARUXA MALLO, que ademais era galega - de Viveiro (Lugo). Algúns nenos e nenas da nosa aula trouxeron información moi interesante sobre ela e agora xa sabemos que tivo trece irmáns sendo un deles escultor, estudou Bellas Artes en Madrid, onde coñeceu a artistas e escritores como DALÍ ou GARCÍA LORCA. Viaxou tamén a París e alí comezou a súa etapa SURREALISTA. Foi tamén mestra de pintura e cerámica e estudou matemáticas e xeometría para aplicalos na súa obra. 
Ten moitos cadros interesantes e pintou diversas temáticas:  ELEMENTOS DA NATUREZA (Algas, caracolas, estrelas de mar, uvas, follas, flores), RETRATOS DE DISTINTAS RAZAS, MÁSCARAS, VERBENAS. En moitas das súas obras pódense apreciar FORMAS XEOMÉTRICAS con claridad.
Igual que FRIDA KAHLO, foi unha loitadora polos dereitos das mulleres e pola IGUALDADE e así o reflexaba nas súas obras.


Algúns videos interesantes sobre a súa vida e obra son os seguintes:

domingo, 20 de octubre de 2013

ENTREVISTAMOS A FRIDA KAHLO!

Parece imposible, verdade? Pois sí, o pasado xoves entrevistamos a FRIDA KAHLO!! Como o fixemos? Moi sinxelo: usando a imaxinación! O noso compi HUGO prestouse a ser FRIDA durante uns minutos mentres os demais lle facían preguntas sobre a súa vida e obra. Aquí tedes un anaco da entrevista:
ENTREVISTA A FRIDA KAHLO from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.

sábado, 19 de octubre de 2013

WOMEN IN ART

Mirade que video máis fantástico! 500 anos de mulleres retratadas. Fermoso! 

sábado, 12 de octubre de 2013

MÁIS INFORMACIÓN SOBRE FRIDA!

Seguimos recibindo moitos recursos de arte e informacións por partes das familias. 
MOITÍSIMAS GRAZAS POLAS VOSAS APORTACIÓNS!!


ZAMBA COÑECE A FRIDA KAHLO

Debuxos animados sobre FRIDA KAHLO para os nen@s. 
ZAMBA VISITA O MUSEO DE BELLAS ARTES:

TÉCNICAS PLÁSTICAS: A ESTAMPACIÓN

Esta semana exercitamos a técnica plástica da ESTAMPACIÓN. Para estampar pódense utilizar todo tipo de materiais, pero nós escollimos as VERDURAS: PEMENTOS, PORROS, PEPINOS, CENORIAS E PATACAS. Cortámolas e anacos, mollámolas en témpera e a disfrutar!!
 
ESTAMPACION from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.

viernes, 11 de octubre de 2013

FRIDA KAHLO: PINTORA MEXICANA


"Pinto Autorretratos porque estoy gran parte de mi tiempo sola, porque soy la persona a quien mejor conozco"

FRIDA KAHLO é a primeira das mulleres artistas que imos a traballar. Unha pintora mexicana que representou un icono da cultura do seu país e do seu pobo. Estou segura que para os nenos/as vai a ser moi motivador coñecer a súa obra, na súa maioría autorretratos que reflexan a súa historia persoal. Naceu en Coyoacán (México), tivo 3 irmás e viviu nunca casa azul. Desde pequena mostrou unha grande personalidade, a súa loita pola vida ao superar unha poliomielitis cando era nena e as secuelas que lle deixou un grave accidente de autobús cando ela tiña 18 anos marcaron o resto da súa vida. Postrada nunha cama durante varios meses, comezou a pintar acuarelas a través das cales expresaba o seu mundo interno, os seus sentimentos, emocións, e pensamentos máis profundos. Pintou sobre todo autorretratos (pintábase a sí mesma rodeada das cousas que eran importantes para ela e as que lle causaban dor).
Casouse cun famoso pintor de fermosos murais: DIEGO RIVERA que sempre a animou para que dera a coñecer o seu gran talento.
Foi unha muller loitadora e a primeira artista mexicana que logrou expoñer unha das súas obras no MUSEO DE LOUVRE.
"Pies para que os quiero si tengo alas para volar"

DOCUMENTAL SOBRE A SÚA VIDA:

FRIDA, EXTRAORDINARIA PINTORA:
A CASA DE FRIDA KAHLO - A CASA AZUL:


VISITA VIRTUAL Á CASA DE FRIDA (fai clic na imaxe)

sábado, 5 de octubre de 2013

ARÓN E DESI TAMÉN TROUXERON LIBROS DE ARTE!

Pero que sorte temos! Entre tod@s estamos contruíndo un recunchiño da ARTE moi xeitoso na nosa aula. Esta vez, foron ARÓN e DESIRÉE os que trouxeron varios libros de arte onde aparecen pinturas e esculturas que xa coñecemos coma a MONA LISA de LEONARDO DA VINCI, o PENSADOR de RODIN ou o GRITO de MUNCH! E moitas máis que seguiremos coñecendo!

MOITÍSIMAS GRAZAS POLAS APORTACIÓNS, FAMILIAS! 
 Son imprescindibles para seguir investigando!!!

DANI TROUXO ACUARELAS!

Onte DANIEL trouxo unhas acuarelas pintadas pola súa mamá!! MENUDA ARTISTA! Unhas obras fermosísimas que nos encantaron a todos! Aquí tedes as fotos do momento en que as ensinou na clase e nos explicou o significado de cada pintura: ata estaba carapuchiña vermella agochada detrás dunha árbore nunha delas! Nós tamén imos a pintar con acuarelas! A experimentar!! MIL GRAZAS POR ESTA ACHEGA Á MAMÁ DE DANIEL. SON UNHA CHULADA!

COÑECEMOS A ALBERTO ROMER!

O noso compañeiro Anxo tróuxonos información dun ESCULTOR de Tui marabilloso que ademais é o tío do seu papá. Trátase de ALBERTO ROMER. Esta semana viu á clase cun artigo do xornal que falaba dunha "MUIÑEIRA" moi fermosa que esculpiu en pedra no alto do mirador do TRIPES! Tamén trouxo un libro sobre a súa obra: "DENDE O MONTE ALOIA". Que sorte ter artistas tan bos na nosa contorna!

GRACIÑAS Á FAMILIA DE ANXO POR ACHEGÁRNOLO!


jueves, 3 de octubre de 2013

A PEPPA PIG GÚSTALLE PINTAR!

PEPPA PIG PINTANDO UN CADRO: PEPPA PIG NO MUSEO:

MONA LISA NO MUSEO DE LOUVRE

Esta semana comezamos a falar de PINTURA dentro do noso proxecto sobre a ARTE. Entre todos valoramos que clase de útiles precisaría un pintor ou pintora para facer unha obra e tamén falamos de tres tipos de cadros a coñecer: O RETRATO, o BODEGÓN e a PAISAXE. Fomos á aula de audiovisuais para buscar información na internet. Buscando sobre o RETRATO apareceu curiosamente o famoso cadro da GIOCONDA de LEONARDO DA VINCI. Enseguida a recoñeceron!! É a MONA LISA!!! -dixeron. Eu quedei pasmada! Pero contáronme que o sabían polos debuxos de "AGALLAS, EL PERRO COBARDE". En definitiva, que buscamos o video do capítulo no que fala da Monalisa e grazas a el puidemos coñecer ademais outros cadros famosos (coma o dos reloxos de DALI) e incluso esculturas como a do "PENSADOR", todos eles expostos no museo parisino de LOUVRE. Estes nen@s nunca deixaran de sorprenderme!

domingo, 29 de septiembre de 2013

ANXO TROUXO UNHA ESCULTURA!



Como esta semana comezamos a falar de ARTE e das disciplinas que engloba, entre elas, a ESCULTURA, un neno da nosa clase, ANXO, quixo ensinarnos unha escultura feita por un amigo da súa familia. Espectacular! Talada en madeira,e que sirve para cascar os froitos secos. Para comprobalo, ademais, trouxo abelás para tod@s e puxémonos as botas!
 Preciosa escultura, ANXO! MIL GRAZAS!


lunes, 18 de febrero de 2013

FOODSCAPES: CURIOSIDADES ARTÍSTICAS...

Impresionante! Queremos compartir con vos o descubrimento que fixemos dunhas fotografías de paisaxes feitas con comida. O artista chámase CARL WARNER, que combinaba os alimentos para formar prados, praias, e un sinfín de escenarios e lles sacaba fotos tan curiosas como as que poderedes ver a continuación:

jueves, 14 de febrero de 2013

COÑECEMOS A ARCIMBOLDO

Hai uns días, antes de que chegara a semana de Entroido, coñecimos a un artista moi peculiar: GIUSEPPE ARCIMBOLDO. Chamounos a atención porque nos seus cadros pintaba retratos utilizando alimentos!! Verdade que é moi curioso? Aquí vos deixo algunha información sobre este estupendo pintor italiano e os cadros que fixeron os pequechos, ao "estilo Arcimboldo", utilizando debuxos de froitas e follas. Quedáronlles xeniais!!