viernes, 30 de diciembre de 2011

PAPÁ NOEL VISITA SOBRADA!

Síí! Antes de repartir agasallos polas casas dos nen@s, Papá Noel pasou polo colexio para recoller as cartas que lles escribiron os cativos. Estabamos moi nerviosos esperando a súa chegada pero Papá Noel foi moi agarimoso e repartiu caramelos para tod@s. Pasámolo en grande!

jueves, 29 de diciembre de 2011

MIL APERTAS PARA A PROFE ANTÍA

Así foi a despedida que lle fixemos á nosa profe Antía. Como foi moi boa connosco quixemos agasallala cun ramo de flores e unhas fotos do seu paso pola nosa aula.

GRAZAS, mamá de Anxo, por ese DETALLAZO.
GRAZAS, Antía, por todo...

VISITAMOS A EXPOSICIÓN DE INVERNO

Antes de dar vacacións, os nen@s de 3 anos fomos ver a EXPOSICIÓN DE INVERNO que está ubicada no corredor do cole grande. Alí atopamos gran cantidade e variedade de traballos fermosísimos, feitos por todas as familias do alumnado do colexio baixo a temática da PAZ e a TOLERANCIA. Ademais, as paredes estaban decoradas con bonequiños collidos das mans feitos por todos os alumnos coa súa cara e as dos mestres . Gustounos moitísimo esta visita!! Grazas, familias, por colaborar na exposición de inverno!

INTENTANDO MELLORAR O MUNDO...

No seguinte video, Antonio cóntanos como fixo o seu traballo para a exposición de inverno e fálanos de como podemos conseguir un mundo mellor para todos:

sábado, 24 de diciembre de 2011

GRAZAS, PROFE ANTÍA!

Rematado o primeiro trimestre do curso, temos que dicirlle "adeus" con moitísima pena á nosa mestra ANTÍA, xa que viu á aula de 3 anos para pasar os primeiros meses do curso. Parece incrible o rápido que pasa o tempo. Dende aquí quero agradecerlle o seu labor. Eu non tiven unha alumna de prácticas senón unha compañeira máis, moi traballadora e agarimosa cos nen@s que colaborou e axudou moitísimo na vida da aula para que todo saíse á perfección. Espero térlle axudado e que recorde esta experiencia con cariño. Nós non a esqueceremos e convidámola a vir á aula sempre que queira. Por suposto!! Mentres esperamos a súa vindeira visita, aquí deixo este video resumo do seu paso polo ceip de Sobrada:
ATA SEMPRE, ANTÍA!
BOTARÉMOSTE DE MENOS!

domingo, 18 de diciembre de 2011

UN ARBOLITO PARA DECORAR...

Como aos nen@s lles gusta tanto a decoración navideña e nestas datas é o que procede, decidimos facer esta pequena árbore de nadal de cartulina para que forme parte da decoración das súas casas.

POSTAIS DE NADAL

Todos os anos, no colexio de Sobrada celebramos un concurso de postais de nadal. Cada nen@ de cada curso elaborou a súa postal e cada ciclo tiña asignada unha silueta determinada (relacionada coa PAZ e a TOLERANCIA) para levala a cabo. En Infantil tocounos o CORAZÓN, símbolo do amor e a amizade. Levamos unha gran alegría xa que a postal gañadora de todo o ciclo de Infantil foi a realizada por un neno de 3 anos, ANTONIO, e o seu debuxo formará parte da postal que enviará a ANPA ás familias nestas datas. 
POSTAL GAÑADORA:
PARABENS, ANTONIO!

É unha mágoa que non poidan gañar todas as postais porque os peques debuxaron moi ben e aquí tedes a mostra de canto traballaron. Primeiro fixeron o debuxo relacionado co nadal e despois decoraron o corazón con plastilina vermella e lle botaron purpurina.

A PROFE ANTÍA ENSÍNANOS A FACER FOLERPAS!

Agora que se achega o INVERNO, a profe ANTÍA ensinounos a facer FOLERPAS con papeis para adornar os cristais da aula. Aquí tedes o proceso de elaboración:

jueves, 15 de diciembre de 2011

NADAL COS LUNNIS

Non vos perdades este concurso de panxoliñas onde participan os Lunnis:

Videos tu.tv

domingo, 11 de diciembre de 2011

UN MUNDO MELLOR

Ó longo da semana pasada, os nen@s da aula foron entregando traballos moi elaborados feitos na casa coa axuda dos seus pais e baixo a temática da PAZ e a TOLERANCIA, que ocupa o centro das nosas actividades durante este curso. Todos estes marabillosos traballos formarán parte da EXPOSICIÓN DE INVERNO que, coma todos os anos grazas á colaboración das familias, ubicarase nos corredores do noso colexio para disfrute de toda a comunidade educativa.
Aquí tedes unha mostra do moito que traballaron as familias cos peques:

No seguinte video algúns nen@s de 3 anos (Álex C, Anxo, Arón, Tania e Fabián) nos explican como fixeron os seus traballos coa súa familia e que significa para eles ter "un mundo mellor":


UN MUNDO MELLOR por Álex C., Anxo, Arón, Tania e... por cadernodepequechos

A continuación, Alejandro Ibáñez, dános unha explicación de cómo conseguir un mundo mellor para todos.

GRAZAS, FAMILIAS, POR COLABORAR CO COLEXIO NESTAS E NOUTRAS ACTIVIDADES!

jueves, 8 de diciembre de 2011

O MOLDE XA ESTÁ REMATADO!


Lembrades o molde de xeso que fixemos hai uns días da barriguiña  da nai de Silvia? Pois despois de que secou, pintámolo con témperas e debuxamos nel os brazos e as mans de Silvia. Quedounos ben bonito e unha vez rematado regalámosllo á súa nai para que lle quede de lembranza de cando estaba embarazada de Carla (a irmanciña de Silvia que está a piques de nacer).


Xa falta pouquiño para que naza!
Que sorte poder contar coa boa disposición das nais e pais para facer actividades coma esta. Gustounos moito!!

domingo, 4 de diciembre de 2011

XOGOS DE NADAL

Na páxina de Belén Junquera, Casa de tol@s, podemos atopar cantidade de recursos, entre eles, este xogo navideño que comparte con nós. Picade na imaxe e poderedes construir un fermoso boneco de neve.


Aquí vos deixo outras páxinas de xogos on line adicados ao nadal...


Picade nas imaxes e a xogar!

jueves, 1 de diciembre de 2011

ESTÁ CHEGANDO O NADAL!

Xa estamos no mes de decembro e dentro de pouquiño estaremos no Nadal, unhas datas para disfrutar da familia e dos amigos que nos lembran o amor, a amizade, a ledicia, o agarimo, a felicidade e a paz.
Na aula estamos comezando a vivir o nadal e, para iso, o primeiro que estamos facendo é decorar a aula. Temos moitos adornos que nos facilitaron os pais de Alejandro e estamos deixando a clase fermosísima!
 Moitas grazas por estes adornos tan chulos!
Hoxe puxemos a nosa árbore de nadal. Mirade que bonita quedou!

XESTOS: LINGUAXE E COMUNICACIÓN

Aquí vos deixo un xogo de xestos e palabras para representar diferentes estados de ánimo, sensacións e situacións. Picade na imaxe para xogar!