sábado, 29 de diciembre de 2012

MÁIS FOTOS DA SORPRESA DE 2º

Aquí vos deixo unha selección das fotos que se tomaron cando os nenos e nenas de 2º viñeron á nosa aula. Eles agasalláronos cun fermoso corazón coa nosa foto e nós preparámoslles unhas "bolboretas" reciclando pinzas con moito agarimo para eles. Esperamos que vos gustasen, nen@s! 
ASÍ FIXEMOS AS BOLBORETAS:
PINZABOLBORETAS from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.

VISITAMOS A EXPOSICIÓN DE INVERNO

Despois de analizar os fantásticos traballos que trouxeron os pequechos de 4 anos, levámolos ao cole grande para que formaran parte da EXPOSICIÓN DE INVERNO que, coma todos os anos por estas datas, organízase e faise posible grazas á colaboración das familias. Entre todos, botamos un gran vistazo e atopamos traballos incribles e súper orixinais. 
MOITÍSIMAS GRAZAS A TODOS POR PARTICIPAR! 

viernes, 28 de diciembre de 2012

SORPRESA DOS NEN@S DE 2º!

Antes de rematar as clases e da chegada de Papá Noel ao noso cole, tivemos unha sorpresa moi pero que moi especial: Os alumnos e alumnas de 2º de Primaria coas súas mestras ELENA e Mª JOSÉ viñeron á nosa aula para darnos unha sorpresa marabillosa. Dos 31 nenos que viñeron, 13 puideron rememorar os tempos nos que eles estiveron en infantil, xa que esta tamén foi a súa aula e eu tamén fun a súa profe, así que resultou moi emotivo para min a súa visita. Todos se portaron estupendamente, os pequechos e os maiores. Eles recitáronos unha fermosa poesía utilizando todas as letras do abecedario e nós quixemos corresponderlles cantando e bailando unha panxoliña.
Agradecer, por suposto, ás profes de 2º esta gran sorpresa que nos deron. FOI MOI EMOCIONANTE E INESQUECIBLE! 

SORPRESA 2º CURSO from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.

domingo, 23 de diciembre de 2012

CHARLA SOBRE CONSUMO

O pasado día 10 de decembro, os peques de Infantil asistiron a unha charla sobre o consumo no Nadal, a importancia de non pedir demasiados xoguetes, do realmente importante nestas datas: DISFRUTAR DOS NOSOS SERES QUERIDOS: A FAMILIA. Viu unha rapaza da ESCOLA GALEGA DE CONSUMO que lles contou unha historia moi interesante e déixovola aquí para rememorala:
 
ESCOLA GALEGA DE CONSUMO por cadernodepequechos

OS PEQUES FALAN DOS SEUS TRABALLOS...

Así nos contaron os nen@s como fixeron os seus marabillosos traballos para a exposición de inverno. IMPRESIONANTE!
TRABALLOS EXPOSICIÓN DE INVERNO por cadernodepequechos

sábado, 22 de diciembre de 2012

TRABALLOS PARA A EXPOSICIÓN DE INVERNO

Un ano máis, pedimos a colaboración das familias para confeccionar a EXPOSICIÓN DE INVERNO do cole de Sobrada. Quero agradecer MOITÍSIMO a todas as familias participantes esta colaboración xa que sin elas isto non sería posible! Aquí tedes os marabillosos traballos relacionados coa saúde e o consumo que fixeron. Non se trata só de facer un traballo, sabemos o que implica facer isto, chegar á maneira, ademais, de relacionalo cun tema determinado e emplear moito tempo.
En fin, que eu digo CHAPÓ por vos! GRACIÑAS DE CORAZÓN!!! IMPRESIONANTES!!

jueves, 20 de diciembre de 2012

UN ADORNO PARA A ÁRBORE DE NADAL

Nestes días previos ó nadal, quixemos facer un Papá Noel utilizando filtros de café. Resultou unha manualidade costosa pero tamén moi divertida porque houbo que picar as partes que o compoñían e despois xuntalas para formar o adorno, como un puzzle! Así de bonitos nos quedaron!!


MANUALIDADE PAPÁ NOEL from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.

domingo, 16 de diciembre de 2012

BAILAMOS E CANTAMOS CON SANTA CLAUS

Na páxina de Belén Junquera "MADENGLISHOUSE" atopei estes divertidos recursos. Se pinchas na primeira imaxe podes ver cantar e bailar a Papá Noel con diferentes estilos de música; se pinchas na segunda imaxe, toca aos renos e xa verás como bailan, e se pinchas na terceira visitarás a máquina do tempo que mostra a Papá Noel cantando en diferentes lugares do mundo e ata en diferentes épocas. Menudo ritmo!

 


 

O NADAL DE CAILLOU

CONTA COMIGO: VISITA DA MAMÁ DE FABIÁN

O pasado xoves tivemos a última sesión do conta comigo deste trimestre que xa remata. Nesta ocasión contamos coa visita de ADRIANA, a mamá de FABIÁN, que nos contou un conto que tiña moitos animais e falaba, sobre todo, dos ponys. Encantounos e xa estamos desexando que comece o 2º trimestre para que veñan máis familiares e disfrutar da súa visita e dos contos. Pasámolo xenial!!

GRACIÑAS, ADRIANA, POR PARTICIPAR NO CONTA COMIGO!

martes, 11 de diciembre de 2012

ESPONXAS NATURAIS

Onte tivemos unha visita moi especial! A mamá de Anxo, BELÉN, acudiu á nosa clase para falarnos de ESPONXAS VEXETAIS que nacen na súa horta. A verdade é que con todo o que nos contou e coas esponxas que trouxo quedamos abraiados. Falounos da planta das esponxas, de que hai que pelala e despois sacarlle as pepitas que ten dentro (que son parecidas ás das cabazas pero dun cor máis escuro) e lavala con lexía para que quede limpiña e a poidamos utilizar. Tamén trouxo un cachiño de esponxa para cada nen@. Menudo descubrimento!
(Se pinchades na foto de Belén, poderedes acceder a unha páxina con máis información sobre o cultivo de esponxas naturais)
GRACIÑAS POR VIR DE NOVO, BELÉN, E CONTARNOS COUSAS TAN INTERESANTES!

jueves, 6 de diciembre de 2012

LEMBRAMOS Ó APALPADOR

Lembrades que o ano pasado falamos do APALPADOR? Aquel home que vivía nas montañas da serra do Courel? Pois ben, onte os peques pedironme que lles contara de novo a historia deste peculiar personaxe. Así que aquí vola deixo no blog para que lle botedes un vistazo.  Era un xigante co oficio de carboeiro que, no nadal, e máis concretamente, a derradeira noite do ano, baixaba dos bosques onde vivía ata as aldeas coa intención de "apalpar" as barrigas dos nen@s para comprobar se estaban ben mantidos. Se os nen@s comían ben, lles deixaba un puñado de castañas quentiñas como lembranza da súa visita.
HISTORIA DO APALPADOR:


CONTO DO APALPADOR:


 A WEB DO APALPADOR:

CHEGA O NADAL Á NOSA AULA

Hai poucos días comezamos a decorar un pouquiño a nosa clase con motivos navideños xa que achegámonos a unhas datas moi especiais para todos pero sobre todo para os nen@s. Comezamos pola árbore de nadal e por colocar espumillón e carteis alusivos ó nadal, pero ainda non acabamos! Estas son algunhas fotos de como nos está quedando...

MOCHILAS VIAXEIRAS!

Dende a biblioteca do noso cole, comeza esta iniciativa para que material audiovisual, contos e libros para todas as idades cheguen ás nosas casas. E digo "nosas" porque os profes tamén temos unha mochila viaxeira! Na nosa clase temos unha mochila que xa pasou pola casa de Noé, onde estivo 15 días, que é o tempo que deben estar en cada casa para que todos os peques e as súas familias poidan disfrutar o material que conteñen. Onte tróuxoa de volta e levouna Anxo todo contento. Espero que a disfrutedes moito dela!

 Se queredes máis información sobre as mochilas visitade o BLOG DA BIBLIOTECA AXEXO
Só tedes que facer clic na imaxe seguinte!



lunes, 3 de diciembre de 2012

NAVIDAD ROCK!

Xa estamos no mes de decembro, entusiasmados e desexando que chegue o NADAL! Estes días estamos decorando a nosa aula, facendo algunha manualidade e escoitando moitas panxoliñas. Unha das que máis nos gustan é "NAVIDAD ROCK" dunha cantante mexicana chamada Tatiana, e tanto a escoitamos que a estamos aprendendo para cantala e facer un baile. Déixovola no blog para que ensaiedes tamén na casa! Ten moita marcha de rock and roll!

domingo, 2 de diciembre de 2012

O APARATO DIXESTIVO

A semana pasada estivemos falando do proceso da dixestión. Coñecimos palabras novas como ESÓFAGO, INTESTINO DELGADO, GROSO, ESTÓMAGO... Como vedes, seguimos facendo o noso particular estudo do corpo por dentro. Aquí van algúns videos interesantes para os peques sobre o tema.