Mostrando entradas con la etiqueta millo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta millo. Mostrar todas las entradas

jueves, 6 de junio de 2013

CHARLA SOBRE FLORES: VISITA DA MAMÁ DE OLGA DE 5 ANOS

O pasado luns, visitounos a mamá de OLGA de 5 anos, para dar unha charla aos nenos e nenas de infantil sobre as flores, as súas partes, o proceso de polinización, como medran, e moitísimas cousas interesantes sobre elas. TERE, que así se chama a mamá de Olga, é bióloga e tamén mestra. Pasámolo moi ben e ademáis agasallounos a tod@s cunha flor para levar a casa!
MIL GRAZAS POR ESTA VISITA!

domingo, 28 de abril de 2013

PRIMAVERA DE MILLO!

Xa que estamos na primavera e tamén estudando o millo, ocurréusenos xuntar ambas cousas e facer unha árbore primaveral utilizando palomitas doces de cores. A que nos quedaron preciosas?

lunes, 22 de abril de 2013

ANXO FÁLANOS DO MILLO

As enquisas que solicitamos ás familias no 1º trimestre sobre o millo, estannos axudando moito nas nosas investigacións sobre este cereal. Dende aquí quero AGRADECER DE CORAZÓN A TODAS AS FAMILIAS a realización da mesma, xa que en función da realidade de cada un, poido ser complicado cubrila. A de Anxo viu acompañada dunhas fotos de apeiros de labranza e outros aparellos que se utilizan (e que utilizan na súa casa) para cultivar o millo. Puxémolas na pizarra para que nos contara a súa función e, cunha explicación detallada, demostrou unha vez máis ser todo un experto no tema! Aquí tedes o que nos contou! GRAZAS ANXO!
 
ANXO FALA DO MILLO from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.

DEGUSTANDO ALIMENTOS DE MILLO

A semana pasada estivemos degustando algúns alimentos que mercaramos na nosa visita ao supermercado. Fixemos unha ensalada para probar o millo doce e as espiguiñas de millo en vinagre que estaban deliciosas! Tamén asamos mazarocas no forno e probamos as tortitas de millo.
 Que ben sabe este cereal e canto nos gusta! 
MILLO DOCE, TORTITAS E MILLO ASADO from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.

jueves, 28 de marzo de 2013

RECEITAS CON MILLO: HUMITAS

O pasado venres, tivemos a sorte de recibir á mamá de Bruno: CAROLIN, que viu a facernos unha receita con millo: HUMITAS. Sabedes o que son? Eu tamén me quedei perplexa co nome pero son EMPANADILLAS DE MILLO, ATÚN E QUEIXO. O que pasa é que Carolin é de Uruguai e alí chámanse así. Fixádevos en todo o que aprendemos coas vosas visitas, papis e mamis! 
Unha vez máis, como se pode apreciar no video, os peques puxéronse as botas con esta receita!
MOITÍSIMAS GRAZAS, CAROLÍN POR FACER ESTA ESTUPENDA RECEITA CON NÓS E ENSINARNOS TANTO!

HUMITAS from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.

miércoles, 20 de marzo de 2013

RECEITAS CON MILLO: AREPAS

O pasado venres, tivemos a gran sorte de contar, unha vez mais, coa colaboración dun papá para que nos fixera unha receita con millo. Esta vez foi ROBERTO, o papá de ALEXIA, que viu á nosa clase a facer AREPAS, un prato típico de Venezuela que consiste en mesturar fariña de millo blanco con auga tibia e amasar. Despois pásanse pola sarten e por último, métense no forno. Quedáronlle riquísimas e tiñan unha boa pinta... Os peques de infantil estaban entusiasmados e lles encantaron as arepas, que estaban recheas con xamón e queixo! Inmellorables!!
GRACIÑAS, ROBERTO, POR ENSINARNOS ESTA RECEITA E PARTICIPAR NA VIDA DA AULA!

AREPAS from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.

lunes, 11 de marzo de 2013

RECEITAS CON MILLO: POLENTA

O pasado venres, ANA, a mamá de dúas nenas de Infantil: IRIA, da nosa clase e ALBA, de 3 anos, viu a facer uha receita con millo: POLENTA. Trátase dun prato orixinario do norte de Italia moi difundido na Arxentina, de onde ela é. Resultou unha experiencia moi proveitosa, xa que moleu o millo na clase e vímolo converterse en fariña. Que maxia! Despois ensinounos paso a paso a facer a POLENTA, unha especie de puré con sémola de millo, salsa de tomate e queixo. Delicioso!! Foi a primeira receita con millo que fixemos na clase pero coido que haberá algunhas máis grazas á colaboración e á axuda das familias, que sempre estades dispostas a pasar un anaquiño do voso tempo con nós.
 MOITÍSIMAS GRAZAS POR PARTICIPAR!!
GRAZAS, ANA, POR ESTA FANTÁSTICA RECEITA!!
POLENTA from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.

domingo, 10 de marzo de 2013

LA MUÑECA DE MAÍZ

LA LEYENDA DEL MAÍZ

PALOMITAS DE MILLO

O pasado mércores, comezamos a degustar os produtos que mercamos no supermercado feitos con millo. O primeiro que quixeron probar os peques foron as PALOMITAS DE MILLO e, nesta ocasión, fixémolas no microondas pero tamén as faremos ó estilo tradicional, na tixola. Ademais degustamos entre todos unha bolsa de MILLO TOSTADO "MAICITOS" que nos encantou! 
Que rico está o MILLO!

lunes, 4 de marzo de 2013

UN CEREAL: O MILLO

Esta semana comezamos a falar dun cereal moi importante na nosa dieta: O MILLO. Imos coñecer máis a fondo este cereal e para iso servirémonos das enquisas cubertas polas familias dos pequechos que mandamos á casa antes do nadal e de moitos recursos atopados pola rede, ademais de libros, contos, adiviñas, poemas, cancións...
Algunhas páxinas interesantes son as seguintes. Pinchade nas imaxes!