lunes, 30 de septiembre de 2013
domingo, 29 de septiembre de 2013
ANXO TROUXO UNHA ESCULTURA!
Como esta semana comezamos a falar de ARTE e das disciplinas que engloba, entre elas, a ESCULTURA, un neno da nosa clase, ANXO, quixo ensinarnos unha escultura feita por un amigo da súa familia. Espectacular! Talada en madeira,e que sirve para cascar os froitos secos. Para comprobalo, ademais, trouxo abelás para tod@s e puxémonos as botas!
sábado, 28 de septiembre de 2013
PINTAMOS COAS MANS UNHA PAISAXE DE OUTONO
Seguimos a experimentar coa pintura e, o xoves, fixemos unha paixase de outono mollando as mans en témpera. Escollimos 4 cores cálidos típicos do outono: amarelo, marrón, laranxa e rojo e traballando cooperativamente coa estrutura do FOLIO XIRATORIO, cada equipo realizou a súa paisaxe. Cada membro do equipo encargábase dunha parte do debuxo utilizando as mans e os dedos (facer o fondo, o sol, o tronco da árbore, as polas, as follas) ata que, entre todos, o terminaron. Así de chulos quedaron e agora ímolos plastificar para decorar as fiestras da nosa aula.
Etiquetas:
aprendizaxe cooperativa,
Estacións do ano
MANTEIS PARA A HORA DA MERENDA!
Esta semana, cada neno/a da aula decorou con témpera e pinceis un papel en tamaño A3. Procuraron utilizar todo tipo de cores e cada quen debuxou o que quixo: desde a súa familia ata froitas, unha paisaxe, un debuxo abstracto... Quedaron IMPRESIONANTES e decidimos plastificalos e utilizalos de mantelito para o momento da merenda. Menudos pintores están feitos!
O RESULTADO: MANTEIS CREATIVOS
THE SEASON: VIDEO DE OUTONO
Aquí vos deixo este precioso video que atopei visitando o blog de AULATIC. Narra sen palabras a historia de amor entre unha landra e una folla.
miércoles, 25 de septiembre de 2013
COMEZAMOS PROXECTO: "IGUALARTE"
Esta semana xurdiu as posibilidade de traballar a ARTE como proxecto cos peques. Onte fixeron uns manteis individuais para o momento da merenda utilizando témperas e pinceis que lles quedaron preciosos! A partir dese momento comezamos a falar do que significaría ser artista e mostraron moito interese. Ademais hoxe recibimos a primeira hora a visita dos nenos e nenas de 4 anos maila profe Miriam, que viñeron curiosamente a contarnos o conto: "O ARTISTA QUE PINTOU UN CABALO AZUL" do autor ERIC CARLE.
Gustounos moitísimo e despois de escoitalo comezamos un gran debate entre todos onde cada neno/a que quixo falar, aportou a idea que tiña sobre a ARTE: Que é? Quen fai ARTE? Como é? Coñecemos algún/ha artista? Que podemos utilizar para facer ARTE? Estas foron algunhas das súas impresións:
- Arte é "pintar con pinceis" (ALEXIA)
-"Alguna persona que pinta bien" (IRIA)
-"La escultura también es arte" (IRIA)
-"Alguien que pinta cosas bonitas" (TANIA)
-"O que fai ben os cadros" (ARÓN)
-"Alguén que fai cousas de madeira" (ANXO), "de piedra" (ÁLEX I.), "de ladrillo" (ALBA de 4 anos), "de hielo" (IRIA e BRUNO)
-"Como la estatua de la libertad" (BRUNO)" que sujeta una antorcha" (IRIA)
-"As fotos tamén son arte" (ANXO)
-"A arte tamén está nos puzzles" (TANIA)
-"Mi abuela es artista. Pinta cuadros" (HUGO)
Ademais, entre todos e todas lembramos que o ano pasado estudiaramos a ARCIMBOLDO e os seus peculiares retratos con froitas e legumes. E tamén falamos de VAN GOGH, xa que coñecimos un dos seus cadros máis famosos mentres investigabamos sobre o MILLO. Pero déuse a casualidade de que estes dous artistas eran homes! E que pasa coas mulleres? Haberá mulleres pintoras? Escultoras? Fotógrafas? Todos dixeron: -SIIIIIIIIII Só nos queda coñecelas. Investigar un pouquiño sobre o tema.
Preguntámoslles: E COMO PODEMOS FACER PARA INVESTIGAR AGORA? ONDE PODEMOS ATOPAR INFORMACIÓN? A QUEN LLE PEDIMOS AXUDA?
Eles contestaron:
- Ás familias, aos avós, aos primos, aos profes do cole grande, aos irmáns que estudian no cole grande.
- Na pizarra máxica e no ordenador porque hai INTERNET
- Na biblioteca do cole
Eles sí que son artistas! Mirade canto discurriron! E así deu comezo hoxe o noso proxecto, que estará intimamente relacionado coa igualdade de xénero: mulleres artistas en distintas disciplinas que loitaron pola igualdade a través da súa obra.
Por suposto pedir desde aquí moitísima axuda tal e como solicitaron os peques ás familias en canto a recursos que poidades aportar sobre o tema (fotos, libros, contos, videos, recortes do xornal, enciclopedias, vindo a facer algunha actividade artística...) Coma sempre, estou segura de que contaremos coa mellor das colaboracións. E se algún blog colaborador aporta tamén recursos serán moi ben recibidos! Graciñas de antemán!
lunes, 23 de septiembre de 2013
XOGO ON LINE OUTONO
Nesta fin de semana deu comezo o OUTONO! Aquí tedes un xogo da páxina de VEDOQUE sobre esta estación do ano. So tedes que facer clic na imaxe! A divertirse!
Etiquetas:
Estacións do ano,
Recursos infantil
DISFRUTANDO NOS COLUMPIOS!
O pasado venres, aproveitando a boa climatoloxía, decidimos ir ao parque de columpios que temos preto da nosa aula para disfrutar un pouco deles. Que ben o pasamos! So tedes que ver as fotos... Xa estamos en outono e antes de que veña a choiva... hai que aproveitalos!
jueves, 19 de septiembre de 2013
POESÍAS COEDUCATIVAS
Onte limos estas poesías sobre igualdade de oportunidades para ambos sexos na clase. Que ben o pasaron os pequechos! Fixéronlle moita gracia e ata se atreveron a invertar algunha rima! Prometinlles colgalas no blog para que as poidan disfrutar tamén na casa. Así que aquí están:
miércoles, 18 de septiembre de 2013
CUBRIMOS O NOSO HORARIO!
Nestes primeiros días, ademais de preparar o material escolar que precisamos durante o curso, fixemos fincapé no noso horario. Xa temos 5 anos, ou estamos preto de cumprilos, e temos que ser quen de coñecer as actividades que temos no cole cada día da semana. Para iso, confeccionamos uns horarios xigantes para que desde casa e antes de vir ao cole poidan anticiparse ao que vai suceder cada día. Así os luns teñen Psicomotricidade (Ed. Fisica) e Música; os martes Estimulación Oral, os xoves Inglés, etc. Quedaron moi visuais!!
lunes, 16 de septiembre de 2013
DÁMOSLLE UN NOME AO NOSO EQUIPO
Despois de realizar a actividade do puzzle e formar os equipos, houbo que buscarlles un nome. Cada equipo buscouno coa estructura do "folio xiratorio" (cada membro do equipo escribiu nun folio como lle gustaría que se chamase o seu equipo. Despois tiveron que pórse de acordo para escoller o nome de equipo definitivo entre tod@s os membros do equipo). Estes foron os escollidos:
Etiquetas:
aprendizaxe cooperativa,
Grupo de Traballo
sábado, 14 de septiembre de 2013
FORMACIÓN DE EQUIPOS
O primeiro día do curso fixemos unha actividade que nos gustou moito. Como na clase traballaremos moito en grupos cooperativos, axudándonos os uns aos outros, tiñamos que formar os EQUIPOS, é dicir, os nen@s que compartirán mesa ó longo do primeiro trimestre. Para facelos, repartin a cada neno/a unha peza correspondente a 1 dos 5 puzzles distintos que se tiñan que crear (xa que este ano na clase haberá 5 equipos). Unha vez que todos tiñan a súa peza, debían levantarse e buscar aos compañeiros que tiñan as outras pezas parecidas a súa e que serían os seus compañeiros de equipo. Despois, entre todos, comentamos as imaxes de cada puzzle, todas elas alusivas ao tema da coeducación.
FORMACION DE EQUIPOS PUZZLE from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.
FORMACION DE EQUIPOS PUZZLE from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.
Etiquetas:
aprendizaxe cooperativa,
Grupo de Traballo
viernes, 13 de septiembre de 2013
PRIMEIROS DÍAS DE COLE!
Estas son algunhas fotos destes tres primeiros días de clase, nos que coñecimos ao noso novo compañeiro DANIEL, xogamos ó xogo da pelota para que él aprendera os nosos nomes; preparamos a caixa co lápis, a goma, as pinturas, o pegamento; tamén o noso caderno; bailamos e fixemos fotos de grupo. Pero sen dúbida co que máis disfrutamos foi....Xogando no areeiro!
miércoles, 11 de septiembre de 2013
INMERSOS NA COEDUCACIÓN!
Hoxe foi un día cheo de emocións! O reencontro cos compañeiros e a volta á escola foi, como esperábamos, todo un éxito! Ademais, temos un neno novo na clase: chámase DANIEL e estamos moi contentos de recibilo!
Ó longo deste curso centrarémonos nun tema que consideramos esencial: A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE MULLERES E HOMES. A COEDUCACIÓN. Temos moito que investigar sobre este tema que intentaremos abordar desde distintas perspectivas: o papel do home e da muller no fogar: os roles, os xogos e xoguetes, a publicidade, os oficios..., evitando calquera tipo de discriminación e contando, coma sempre, coa colaboración das familias.
BENVIDOS DE NOVO!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)