Mostrando entradas con la etiqueta Benvida. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Benvida. Mostrar todas las entradas

sábado, 12 de septiembre de 2015

UN PRIMEIRO DÍA CHEO DE EMOCIÓNS!

O día 10 de setembro comezamos un novo curso e os pequechos chegaron ao cole puntuais dispostos a voltar a ver aos compañeiros e aos profes e a disfrutar moito no colexio. Nestes primeiros días estamos preparando o material que precisaremos durante o curso: a caixa das pinturas, a caixa dos rotus, a carpeta da biblio, o caderno de letras, o mantel para a merenda... pero sobre todo, estamos coñecéndonos mellor entre nós e coñecendo aos nenos que viñeron novos: ensinarlles os espazos do cole que van a usar, coñecer aos profes que lles darán clase, as normas da aula, etc. Comezamos entón cunha actividade chamada "A PELOTA", consistente en que o neno/a que tiña a pelota tiña que sentarse dentro dun círculo pintado no chan, dicir o seu nome e contarnos a todos que tal o pasou durante as vacacións, que actividades fixo, viaxes... Isto nos permitiu coñecernos un pouquiño mellor e coñecer aos nenos novos, favorecendo a súa inclusión na aula. Cando remataron TODOS estaban dentro do circulo e eran OS NENOS E NENAS DA AULA DE 4 ANOS!
Como este ano traballaremos a EDUCACIÓN MEDIOAMBIENTAL, para darlles a benvida agasalleinos cunha árbore coa súa foto e o seu nome. Pasámolo moi ben!

jueves, 10 de septiembre de 2015

COMEZA UN NOVO CURSO!

Chegou o día! Por fin voltamos ó cole despois de disfrutar duns calorosos meses de verán e facémolo con moitas ganas de seguir aprendendo e vivindo experiencias inesquecibles. Neste curso teremos 3 compañeiros novos que se incorporan á aula de 4 anos, co cal xa somos 15 en total!
A temática que ocupará a maioría das actividades que fagamos durante este curso é a "EDUCACIÓN MEDIOAMBIENTAL".
BENVIDOS!

sábado, 31 de enero de 2015

UNHA NOVA ANDAINA! COMEZAMOS!!

Ola a tod@s de novo! Por fin escribo no blog despois de tanto tempo! Intentarei mantelo actualizado como se merece a partir de agora, que xa me incorporei ao colexio. Comezo cun marabilloso grupo de 12 nenos e nenas de 3 anos, co que espero pasar moitas e fantásticas experiencias e contárvolas a vos, como veño facendo desde hai 3 anos nada menos. Desde aquí un agarimoso recordo para os pequechos que agora están en 1º (É inevitable botarvos tanto de menos... pero alégrame moito que vos vaia moi ben) e unha calorosa benvida aos novos 12 membros da nosa aula de 3 anos!! 
 

miércoles, 12 de septiembre de 2012

XA ESTAMOS NA AULA DE 4 ANOS!

Síí! Chegou ese día que todos estabamos esperando!!! Por fin voltamos o cole e xa estamos no 5º curso de Infantil! Somos moi maiores!!
Gustounos moito volver a vernos e disfrutar xuntos. Ademais temos un compañeiro novo na nosa aula que vén de Taborda. Chámase BRUNO. Primeiro presentouse aos seus novos compis, nós presentámonos tamén e démoslle unha benvida como se merece! Ensinámoslle non só a nosa aula, senón tamén as clases que utilizamos do cole grande: a nosa biblioteca, a aula de audiovisuais onde xogamos ca pizarra máxica, a aula de música...

Tamén sacamos algunhas fotos. Veredes que guapos e guapas temos na aula de 4 anos!

sábado, 8 de septiembre de 2012

VÉMONOS PRONTO!

Ola a tod@s!! Xa quedan pouquiños días para reencontrarnos en clase!! Voltaremos ao colexio o vindeiro MÉRCORES DÍA 12 DE SETEMBRO en horario normal de 9 a 14h. 
 Xa botaba de menos escribir cousiñas no blog e poder seguir disfrutando dos meus pequechos despois de tanto tempo!! Espero que voltedes con moitas ganas de aprender, disfrutar, xogar, estar cos/as compis, cos/as profes e sobre todo, dispostos a gozar de todas as sorpresas que nos esperan neste novo curso que xa comeza. 


Como sabedes, cada ano centramos as nosas investigacións arredor dun determinado tema ou eixo transversal. Neste curso trataremos a EDUCACIÓN PARA A SAÚDE, A ALIMENTACIÓN E O CONSUMO, polo tanto os nosos proxectos estarán relacionados, na medida do posible e sempre tendo en conta o interese do alumnado, coa adquisición de hábitos de vida saudables tales como a hixiene, a prevención de enfermidades, a adecuada alimentación, a prevención de accidentes e situacións de risco, o consumo responsable... En fin, que nos esperan moitas novidades e será marabilloso disfrutar de todas elas con vós!!!


Vémonos pronto, pequechos!! 


domingo, 11 de septiembre de 2011

COMEZA UN NOVO CURSO!

Chegou o momento de comezar unha nova etapa, un novo curso escolar que, para moitos dos nenos e nenas que me acompañarán a partir de agora, supón o primeiro contacto coa escola. Acostumarse a unha rutina, persoas e un ámbito diferente será máis dificil para uns que para outros pero estou segura de que, en pouco tempo, estarán perfectamente adaptados á escola, ós compañeiros e aos mestres que lles darán clase. Viviremos experiencias inolvidables e pasarémolo en grande!

BENVIDOS Á AULA DE 3 ANOS!

Lembrade que dende o día 13 ata o 27 de setembro o alumnado de 3 anos participará nun PERIODO DE ADAPTACIÓN e acudirá á escola nas datas sinaladas para cada un deles/as.
Estas datas podedes consultalas na pestaña do blog "Periodo de Adaptación".

A partir do día 28 virán xa TODOS en horario normal de 9 a 14 horas.