A estas alturas, en moitas das vosas casas haberá indicios do paso de Papá Noel na noite do 24 de decembro... Pero en Sobrada tivemos a sorte de recibilo antes! O día 20 apareceu con Rudolf e o seu trineo cargadiño de caramelos e cun buzón enorme para recoller as cartas que os pequechos lle tiñan preparadas! Foi emocionante velo chegar e quedamos encantados coa súa visita! Que boíño é Papá Noel e que ben se porta con nós!
lunes, 30 de diciembre de 2013
PAPÁ NOEL CHEGA A SOBRADA!
VISITANDO A EXPOSICIÓN DE INVERNO!
Na última semana de cole, antes das vacacións de Nadal, e despois de ter escoitado a todos os nenos e nenas que confeccionaron coas súas familias cadanseus espectaculares traballos para a EXPOSICIÓN DE INVERNO, fomos visitala para coñecer outros traballos feitos polo alumnado e familias do colexio. Quedamos abraiados das cousas que se fixeron, uns traballos preciosos e todos, como sabedes, baixo a temática: "TECENDO UN MUNDO NA IGUALDADE" Gustáronnos moitísimo!
Exposición de inverno 2013: Tecendo un mundo na igualdade from ceip sobrada on Vimeo.
viernes, 20 de diciembre de 2013
TRABALLOS DAS FAMILIAS PARA A EXPOSICIÓN DE INVERNO!
Como todos os anos, por estas datas, pedimos a colaboración das familias unha vez máis, aportando traballos manuais feitos na casa con materiais de refugallo para a EXPOSICIÓN DE INVERNO
baixo a temática do tema transversal que nos ocupa este curso: A EDUCACIÓN PARA A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE OS SEXOS. Teño que dicir que foron IMPRESIONANTES os traballos expostos! E para mostra, aquí tedes os que trouxeron na nosa clase máis unha explicación de cada neno/a sobre a súa confección.
ALUCINANTES! MOITÍSIMAS GRAZAS, FAMILIAS!!
jueves, 19 de diciembre de 2013
ADORNOS DE BARRO PARA A ÁRBORE DE NADAL!
Nestes últimos días do trimestre, aproveitando que nos encanta xogar coa arcilla, manipulala e traballar con ela, fixemos uns adornos navideños para levar para casa e decorar a árbore de nadal. Primeiro amasamos o barro e utilizamos uns moldes navideños para darlles forma aos adornos. Cando secaron pintámolos e puxémoslles purpurina! Como nos gustou esta actividade!
miércoles, 11 de diciembre de 2013
VEDOQUES DE NADAL!
Aquí vos deixo uns xogos da páxina VEDOQUE sobre o NADAL. Para xogar e divertirse nestas máxicas datas. Fai clic nas imaxes!
domingo, 8 de diciembre de 2013
MANUALIDADES COA MAMÁ DE ANXO!
O pasado venres, día 5 de decembro, tivemos a gran sorte de recibir unha visita moi especial. BELÉN, a mamá de ANXO, viu a nosa clase para facer un taller de manualidades cos nen@s. Como estanse achegando as esperadas datas de Nadal, pensou en que cada nen@ fixera un bonito BROCHE DE PAPÁ NOEL e, explicándolles paso a paso o que tiñan que facer, mirade o resultado! Estes pequechos van a estar impresionantes con cadanseu broche na solapa este Nadal!
MOITÍSIMAS GRAZAS POR PARTICIPAR NA AULA, BELÉN E ENSINARNOS TANTAS COUSAS! PASÁMOLO XENIAL!
Compróbase, unha vez máis, a ARTISTA que levas dentro!
BROCHE PAPÁ NOEL from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.
domingo, 1 de diciembre de 2013
FERMOSAS ESCULTURAS!
Como estivemos traballando a ESCULTURA, esta semana fixemos varias cousas utilizando materiais como o barro ou a plastilina. Con barro fixemos adornos para a árbore de nadal, que están secando para podelos pintar. Con plasti fixemos esculturas imitando a JOAN MIRÓ, o escultor catalán. Mirade que bonitas lles quedaron!
ESCULTURAS PLASTILINA from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.
Ademais, ANXO trouxo unha escultura chulísima feita polo seu avó e ensinóunola a todos! Que preciosidade de carro!
HORA DE LER: SEGUIMOS CON CONTACONTOS!
Unha vez máis, esta semana pasada, tivemos a sorte de contar con máis nen@s de 3º para vir a contarnos contos á nosa clase durante a hora de ler que temos todos os días despois do recreo. Somos afortunados de contar en Sobrada con alumnado tan disposto a vir ás outras aulas a ler.
MIL GRAZAS DE NOVO!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)