jueves, 31 de diciembre de 2015

UN DESEXO PARA TOD@S...

DECORANDO E FACENDO MANUALIDADES...

Aquí vos deixo unhas fotos dos peques pintando a árbore de nadal que decora a fiestra da nosa aula e facendo unha manualidade para levar para casa: unha árbore de nadal moi orixinal para decorar no voso salón ou na habitación. Pasámolo pipa decorando no Nadal!

VISITANDO A EXPOSICIÓN DE INVERNO

Aquí tedes as fotos dos marabillosos traballos que fixeron as familias do noso alumnado para a EXPOSICIÓN DE INVERNO. Esta é unha exposición que se leva facendo hai moitos anos grazas á colaboración das familias e que está chea de traballos incribles, este ano relacionados co Nadal e co coidado medioambiental. Antes de rematar as clases, fixemos unha visita para ver os traballos e quedamos abraiados. Unha presiosidade!!
MIL GRAZAS, SEMPRE, POR COLABORAR, FAMILIAS!

lunes, 28 de diciembre de 2015

PAPÁ NOEL CHEGOU A SOBRADA!

O derradeiro día de cole antes das vacacións de Nadal, PAPÁ NOEL viu a visitarnos! Estabamos emocionados esperando a súa chegada e escribímoslle unha carta para entregarlle persoalmente ese día. Gustounos moito saudalo, darlle un bico e falar un rato con él. Ademais recolleu as nosas cartas e agasallounos cunha bolsa de caramelos. Que sorte tivemos!! Grazas Papá Noel! (Lembrade que para poder ollar o video en pantalla completa tedes que premer no cadradiño ca frecha que está arriba á dereita).
FELIZ NADAL, FAMILIAS!

lunes, 21 de diciembre de 2015

CELEBRAMOS O CUMPLE DE YAGO!

E tivemos a gran sorte de contar con outro cumple máis na derradeira semana antes das vacacións de nadal! YAGO tamén cumpliu 4 anos onte, día 20 de decembro! Por iso, quixemos celebralo na aula antes do remate das clases e o evento foi o xoves 17. De novo pasámolo de rechupete!! trouxo unha tarta riquísima que degustamos encantados, soprou as velas, cantamos, bailamos...Unha grande festa!! 
PARABÉNS, YAGO!

CELEBRAMOS O CUMPLE DE MARIO!



O pasado mércores día 16 de decembro celebramos o cumple de MARIO, xa que o 20 cumpliu 4 anos! Trouxo unha tarta deliciosa que nos encantou a todos e fixemos unha festa como merecía! Baile, cancións, tirón de orellas...A lo grande! Pasámolo moi ben! Aquí tedes as fotos do seu cumple!
 PARABÉNS, MARIO!!

martes, 15 de diciembre de 2015

CELEBRAMOS O CUMPLE DE CARLA!

Nesta última semana antes das vacacións de Nadal, temos varios cumples que celebrar, xa que hai 3 nen@s na aula que cumplen cando xa non temos clase. Este é o caso de CARLA, que cumple 4 aniños o día 22 de decembro. Por iso, hoxe celebramos o seu cumple decorando unha coroa especial para ela, cantándolle, bailando e co tirón de orellas tradicional! Carla trouxo unha tarta riquísima, de chocolate con biscoito, soprou as velas e repartiu caramelos para todos!
PARABÉNS, CARLA!
 EN NADA XA TES 4 ANOS!!

FAMILIAS NA AULA: VISITA DO PAPÁ DE IVÁN

O pasado xoves, día 10 de decembro, tivemos a sorte de contar coa presenza na aula de ALBERTO, o papá de IVÁN, que ofreceuse a vir a tocar panxoliñas coa súa guitarra! Pasámolo en grande cantando con él. Apareceu cun gorro de papá Noel, enchendo a nosa clase de notas musicais e ambiente navideño. De feito, sacamos todos os instrumentos que tiñamos: pandeiretas, pandeiro, crótalos, maracas, campás, triángulo, etc. e acompañámolo tocando e cantando todos xuntos. Foi unha xornada máxica!!
MIL GRAZAS, ALBERTO, POR FACER ESTA ACTIVIDADE CON NÓS! PASÁMOLO MOI BEN!

lunes, 14 de diciembre de 2015

miércoles, 9 de diciembre de 2015

TRABALLOS FAMILIAS EXPOSICIÓN NADAL

Un ano máis, pedimos a colaboración das familias do noso centro para que, de cara as datas de Nadal que xa se achegan, participaran na EXPOSICIÓN DE INVERNO, que se monta na entrada do cole con maquetas e traballos variados realizados en familia e que, neste ano que traballamos a educación medioambiental, debían estar relacionados co coidado do medio ambiente e coa reciclaxe. Na nosa aula aportáronse traballos marabillosos, feitos con moito mimo e os nenos/as contaron emocionados aos demais como foi o proceso de elaboración de cada un deles.
Dende aquí AGRADECER MOITÍSIMO ás familias que colaboraron, xa que somos conscientes do traballo e do tempo que leva facer algo así pero todos sabemos que polos nosos fillos todo paga a pena. Así que MOITÍSIMAS GRAZAS POR ESOS FERMOSOS TRABALLOS!!

O APARATO CIRCULATORIO

Aquí vos deixo uns videos que estivemos vendo na clase sobre o aparato circulatorio e a importante función do corazón bombeando sangue cara todas as partes do corpo. Para repasar e non esquecer nadiña!

martes, 1 de diciembre de 2015

EXCURSIÓN A CAMELOT PARK!

O pasado 25 de novembro fomos de excursión a CAMELOT PARK, unha ludoteca na rúa Coruña en Vigo. Os peques esperaban ansiosos esta data, xa que é unha das excursións onde o pasan mellor e só tedes que ollar o video seguinte. Que caras de satisfacción!! Que ben o pasaron e como disfrutaron!! Dicir tamén que, montando o video dinme conta de que algúns nenos/as saen pouco. Tedes que desculpar pero cos nenos/as movéndose continuamente, teño moitas fotos movidas e estas foron as mellores que puiden rescatar. Ainda así saen todos no autobús, nas fotos de grupo, merendando...
Sen dúbida repetiremos para o ano!! (Lembrade que para visualizar o video en pantalla grande tedes que premer no cadradiño ca frecha da esquina de arriba á dereita).
Ata as profes pasámolo coma nen@s! Un gusto!!
MÚSICA DO VIDEO: "Baby Love" de The Supremes; "Oye mi canto" de Gloria Estefan e "Jambalaya" de Fats Domino

domingo, 29 de noviembre de 2015

CELEBRAMOS O CUMPLE DE MARTA!

O pasado día 25 de Novembro, MARTA cumpliu 4 anos! Celebrámolo por todo o alto na clase ao día seguinte, xa que o día do cumple coincidiu cunha excursión dos peques. Trouxo unha tarta de queixo que estaba de rechupete, soprou as velas, cantámoslle, bailamos e fixemos unha gran festa!! Aquí tedes as fotos da celebración. PARABÉNS, MARTA!!

O TRASNO DO COLE: CURUXO

Hai xa moitos días que non escribo no blog e con ganas de contarvos o que sucedeu na nosa aula. Apareceu unha carta por debaixo da porta da entrada! Estaba metida nun sobre de cor verde e firmada por un tal CURUXO, un trasno que temos no cole!! E vós preguntaredes... Que é un trasno? Pois él defínese coma un ser máxico que muda as cousas de sitio, fai que desaparezan, fai que aparezan outras... En fin, que ímolo pasar moi ben con él este curso. 
 
 Pediulles aos nenos e nenas da clase que trouxeran unha foto da súa parroquia e máis concretamente de algo que fose especial para cada un/unha. Despois de traela, cada neno/a explicou aos demais o que se podía ver na súa foto e por qué lle gustaba. Houbo de todo: fotos de parques de columpios onde o pasan moi ben, de mascotas que teñen e que queren moito, de charcas, de pontes, da súa casa...  Agora formarán parte dun mural que temos no cole grande baixo o lema "COÑECÉNDONOS MELLOR"
GRACIAS, FAMILIAS, POR COLABORAR!

martes, 17 de noviembre de 2015

ESTUDAMOS O APARATO RESPIRATORIO!

Continuando co PROXECTO "O CORPO HUMANO", agora imos adentrarnos no tema da RESPIRACIÓN. Comezaremos coñecendo os pulmóns, como son, como chega o aire a eles, que función teñen e as partes do aparato respiratorio: FOSAS NASAIS, FARINXE, LARINXE, TRÁQUEA, BRONQUIOS, BRONQUIOLOS... Por suposto, axudarémonos dos recursos dos que dispoñemos no "recuncho do corpo" e dos videos que atopamos na internet e aportados polas familias. Aquí vos deixo algúns deles moi interesantes sobre este tema

lunes, 16 de noviembre de 2015

FAMILIAS NA AULA: VISITA DE JUDIT, MAMÁ DE YAISA

O pasado mércores día 11, tivemos a sorte de contar cunha visita moi especial e esperada. A mamá de YAISA e tía de YAGO: JUDIT, viu á nosa aula a ensinarnos a facer unha receita de repostería: TARTA DE OBLEAS CON NUTELLA. Encantounos participar na elaboración da tarta e, por suposto, degustala despois de feita! Yaisa estaba emocionada coa visita da súa mamá e non era para menos!
MOITÍSIMAS GRAZAS POR ENTRAR NA NOSA AULA E ENSINARNOS UNHA RECEITA TAN DELICIOSA!! É UNHA GRAN SORTE CONTAR COA COLABORACIÓN DAS FAMILIAS!
GRAZAS POR TODO, JUDIT!   Mmmmm!!

PROXECTO O CORPO: OS MÚSCULOS

Despois de estudar o ESQUELETE en profundidade e aprender algúns nomes de ósos que temos no corpo, así como a súa funcionalidade e características, seguimos traballando, agora coa MUSCULATURA. Consultamos os recursos que temos na aula no "recuncho do corpo" e buscamos videos na internet que nos aclarasen as nosas ideas e así foi! Aprendimos que os músculos son blandos, que se encargan do movemento do corpo, estíranse e encollen e hainos de moitos tipos: a lingua e o corazón son músculos e coñecimos o BÍCEPS. Aquí vos deixo os videos para que repasedes na casa.

domingo, 15 de noviembre de 2015

CELEBRAMOS O MAGOSTO!

O pasado luns, día 9 de novembro, celebramos o MAGOSTO do noso cole! Despois de moitos días esperando a que houbera boa climatoloxía para poder festexalo no monte Aloia coma todos os anos, esta vez non puido ser... O tempo non nos deixou e tivemos que facelo no patio do colexio. Ainda así, pasámolo moi requeteben!!! Asamos as castañas aportadas por todas as familias do colexio que estában riquísimas e despois participamos nunha xornada de xogos tradicionais organizada polas mestras de Educación Física. Non paramos! Foi unha xornada xenial!

domingo, 8 de noviembre de 2015

FESTA TERRORÍFICA!!

O día 29 de outubro fixemos unha festa de Samain na aula. A mamá de Fernanda agasallounos cunha fermosa cabaza que baleiramos entre todos, quitámoslle as pepitas, puxémoslle unha arrepiante cara e decorámola para, despois, poñerlle uns candeis, apagar as luces e....Uuuuuhhhh, que medo pasamos!!! Tamén pintamos a nosa cara con debuxos de pantasmas, bruxas, esqueletes, arañas e demais e disfrutamos dunha pequena merendola. Pasámolo moi ben!! Aquí tedes as fotos. 

(Se non sodes capaces de ver o video só tedes que entrar na páxina de "kizoa.es" e activar o plugin (un complemento) para poder ollalo nun móbil ou tablet. Se ainda así non o podedes ver pode ser que non teñades instalado o programa "flash player", polo que habería que ir ao "Play store" e descargalo.)

CABAZAS "MORCEGO" POLO SAMAIN

Para festexar a festa celta do SAMAIN, decoramos dun xeito especial as cabazas que trouxo cada neno/a á nosa aula. Agradecer desde aquí a todas as familias a súa colaboración aportando as cabaciñas. Pasámolo en grande disfrazándoas de morcegos!! Este foi o proceso de transformación (Se queredes ver o video en pantalla completa facede clic na frechiña que hai arriba á dereita do video). Pero que artistazos temos na aula!!

MÚSICA DO VIDEO: "O Samain" de Mamá Cabra e "Thriller" de Michael Jackson

domingo, 25 de octubre de 2015

FAMILIAS NA AULA: VISITA DA MAMÁ DE XURXO!

Como sabedes, consideramos moi importante a implicación das familias no cole, xa que os nenos/as síntense moi motivados ao saber que mamá, papá, o avó, a avoa, ou calquera membro da familia van a vir á aula a facer algunha actividade. Neste curso, son moitos os familiares que se ofreceron a vir e a primeira visita foi a de VANESA, a nai de XURXO, que viu a contarnos un conto precioso preparado por ela mesma: "EL RATONCITO MARIANO". Os pequech@s pasárono pipa escoitándoa! Vaia contacontos máis especial! Encantounos!
MOITÍSIMAS GRAZAS POR FACER ESTA ACTIVIDADE PARA NÓS, VANESA!

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O 24 de Outubro conmemórase o DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES. Nós celebrámolo o venres 23 cunha sesión de contacontos e a reproducción dun video sobre o consumo responsable. Pasámolo moi ben na biblioteca do noso cole. Aquí tedes algunhas fotos da conmemoración e un dos videos que vimos que axuda moito a reflexionar sobre o noso xeito de consumir.

MÁIS RECURSOS SOBRE O CORPO!

Seguimos recibindo recursos sobre o CORPO HUMANO: libros, contos, información de internet, puzles, xoguetes... Que sorte temos de contar con tantas cousas! GRACIÑAS FAMILIAS! 
Ademais recibimos a visita do esquelete HOWARD, que está pasando uns días na nosa aula e estamos aprendendo algúns nomes de ósos que temos no corpo humano. Estamos encantados con HOWARD!!

domingo, 18 de octubre de 2015

COMEZAMOS CO... ESQUELETE!

Despois de falar cos nenos/as sobre que lles gustaría aprender do corpo humano, decidiron que querían comezar investigando cousas do ESQUELETE. Para iso, consultamos no noso recuncho de recursos sobre o corpo e, nos libros atopamos moita información sobre él. Ademais, Xurxo, trouxo moitos videos adicados ás distintas partes do corpo e aparatos e, nesta ocasión, visionamos o video do APARATO LOCOMOTOR e aprendimos que o esquelete está formado por máis de 200 ósos, que son duros, que o cráneo é un óso que protexe ao cerebro e que as costelas protexen ao corazón e aos pulmóns! Moitísimas cousas!! Resultou moi interesante!


 

XOGOS ON LINE SOBRE O CORPO

Fai clic nas imaxes e a xogar! 
PARTES DA CARA
http://ntic.educacion.es/w3/eos/MaterialesEducativos/mem2009/pequetic/partes%20cara.swf

XOGANDO COAS PALABRAS
http://www3.gobiernodecanarias.org/medusa/contenidosdigitales/programasflash/Medusa/JugandoPalabras/cuerpo/jugandoconpalabras.html

ROUPA
http://ntic.educacion.es/w3/eos/MaterialesEducativos/mem2009/pequetic/ropa%20verano.swf

OS SENTIDOS
http://ntic.educacion.es/w3/eos/MaterialesEducativos/mem2009/pequetic/correspondencias%20sentidos.swf

PROXECTO: O CORPO HUMANO

Para este trimestre temos previsto investigar cousiñas sobre o CORPO HUMANO. Comezamos preguntándonos que coñecíamos acerca do noso corpo e que nos gustaría aprender sobre él. Novamente pedimos a colaboración das familias e éstas aportaron recursos moi interesantes: libros de consulta, videos, contos sobre o tema. Estamos moi motivados e con ganas de aprender! 
Aquí vos deixo un resumo do que dixeron os nenos/as cando comezamos o proxecto. Pero que listos son!

GRAZAS, FAMILIAS, POR APORTAR TANTOS RECURSOS E AXUDARNOS A APRENDER!

 

 

jueves, 8 de octubre de 2015

FIXEMOS PALOMITAS!!

O prometido é débeda e, como onte non puidemos facer as palomitas de millo porque non deu tempo, hoxe, por fin, fixémolas. Quedamos abraiados ao ver como a bolsiña que contiña os grans de millo facíase grande e formábanse os flocos de millo!! Estaban saborosísimos!!
Como nos gusta este tempo de OUTONO! Mmmmmm!!
 

miércoles, 7 de octubre de 2015

DEGUSTACIÓN DE FROITOS DE OUTONO!

Hoxe tivemos unha mañá gastronómica! Despois de rematar a nosa exposición de froitos de outono, feita grazas a aportación das familias, quixemos, como non, degustalos. Aprendimos a diferencia entre os FROITOS SECOS e os FROITOS CARNOSOS e probamos as castañas asadas no forno, as noces e as avelás; fixemos zume de laranxa e probamos as mandarinas, as uvas e un froito que moitos dos nenos/as non coñecían: a "granada".  Tamén probamos un mel riquísimo! e tomamos gusanitos por estar feitos con millo. Agora quédanos facer palomitas de millo, pero iso será outro día porque hoxe xa non deu tempo. Puxémonos as botas!!! 
MIL GRAZAS DE NOVO, FAMILIAS, POR SER TAN XENEROSOS E APORTAR TANTAS COUSAS!

lunes, 5 de octubre de 2015

CUMPLE DE YAISA!

Onte, día 4 de outubro, foi o aniversario de YAISA, que xa cumpliu 4 aniños! E, como non, hoxe celebrámolo con moitas ganas na aula. Trouxo unha tarta riquísima de chocolate, soprou as velas, cantámoslle, tirámoslle das orellas e repartiu caramelos para todos. Pasámolo moi ben! 
PARABÉNS NO DÍA DO TEU CUMPLE, YAISA! 

domingo, 4 de octubre de 2015

CHEGA O OUTONO Á NOSA AULA!

Coa chegada do OUTONO, quixemos decorar a nosa aula con follas e froitos típicos. Ainda non rematamos pero aqui tedes as primeiras fotos de como está quedando o noso traballo! Fixemos unha árbore con papel de xornais para darlle ao tronco a consistencia rugosa e colgarémolo da parede. Tamén pedimos colaboración ás familias para traer á clase froitos de outono e facer unha degustación nesta semana que entra! Que ganiñas!
MOITÍSIMAS GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS POR COLABORAR! 

sábado, 3 de octubre de 2015

RECURSOS PARA TRABALLAR O OUTONO

VIDEOS:


Aplicación do Goberno de Canarias sobre o OUTONO. Fai clic na imaxe e a xogar!

http://www3.gobiernodecanarias.org/medusa/agrega/visualizar/es/es-ic_2009102913_9134518/false

martes, 15 de septiembre de 2015

CUMPLE DE FERNANDA!

Comezamos o curso de festaaaa, xa que FERNANDA estivo de aniversario o día 9 de setembro e quixemos celebralo na clase como se merece: cantando, bailando, tirándolle das orellas e degustando un riquísimo biscoito feito pola súa mamá. 


PARABÉNS, FERNANDA! XA TES 4 ANOS!!

sábado, 12 de septiembre de 2015

UN PRIMEIRO DÍA CHEO DE EMOCIÓNS!

O día 10 de setembro comezamos un novo curso e os pequechos chegaron ao cole puntuais dispostos a voltar a ver aos compañeiros e aos profes e a disfrutar moito no colexio. Nestes primeiros días estamos preparando o material que precisaremos durante o curso: a caixa das pinturas, a caixa dos rotus, a carpeta da biblio, o caderno de letras, o mantel para a merenda... pero sobre todo, estamos coñecéndonos mellor entre nós e coñecendo aos nenos que viñeron novos: ensinarlles os espazos do cole que van a usar, coñecer aos profes que lles darán clase, as normas da aula, etc. Comezamos entón cunha actividade chamada "A PELOTA", consistente en que o neno/a que tiña a pelota tiña que sentarse dentro dun círculo pintado no chan, dicir o seu nome e contarnos a todos que tal o pasou durante as vacacións, que actividades fixo, viaxes... Isto nos permitiu coñecernos un pouquiño mellor e coñecer aos nenos novos, favorecendo a súa inclusión na aula. Cando remataron TODOS estaban dentro do circulo e eran OS NENOS E NENAS DA AULA DE 4 ANOS!
Como este ano traballaremos a EDUCACIÓN MEDIOAMBIENTAL, para darlles a benvida agasalleinos cunha árbore coa súa foto e o seu nome. Pasámolo moi ben!

jueves, 10 de septiembre de 2015

COMEZA UN NOVO CURSO!

Chegou o día! Por fin voltamos ó cole despois de disfrutar duns calorosos meses de verán e facémolo con moitas ganas de seguir aprendendo e vivindo experiencias inesquecibles. Neste curso teremos 3 compañeiros novos que se incorporan á aula de 4 anos, co cal xa somos 15 en total!
A temática que ocupará a maioría das actividades que fagamos durante este curso é a "EDUCACIÓN MEDIOAMBIENTAL".
BENVIDOS!

lunes, 22 de junio de 2015

POMPAS DE XABÓN!

Nos derradeiros días do curso, aproveitando a calor que fixo e como premio para os pequechos por traballar tanto, saímos a facer pompas de xabón. Que ben o pasamos!!

COÑECÉNDONOS MELLOR

Neste trimestre participamos nunha actividade xunto con todo o alumnado do colexio baixo o título: "COÑECÉNDONOS MELLOR". Baixo as directrices do Equipo de Normalización Lingüística, cada neno/a tivo que poñer o seu nome nunha folla e a profe escribiu nela a parroquia onde vive cada un/unha. Así, entre todos formamos o mapa de Tomiño semellando ser unha árbore, na que había nenos/as de Taborda, Amorín, Piñeiro, Carregal... Despois utilizámola de decorado no festival do cole en Goián. Que chulo!


jueves, 18 de junio de 2015

LINGUAXE DE SIGNOS EN INFANTIL

No TALLER AUDIOVISUAL, o profe Pablo e a profe Cris (do departamento de Orientación) ensináronlles aos pequechos de Infantil a expresarse a través de signos. Que ben o fixeron! Que expresivos son estes nenos!
 
FALA SIGNADA from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.

lunes, 15 de junio de 2015

TEATRO INFANTIL NO FESTIVAL DO COLE!

O pasado 15 de maio celebramos o FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS no Auditorio de Goián. O alumnado de Infantil preparou para tal ocasión unha obra de teatro baseada no conto "A VACA QUE PUXO UN OVO". Os pequechos da nosa aula participaron facendo de TURISTAS E XORNALISTAS e cantando unha canción xunto cos nenos/as de 4 e 5 anos. Para quen non puido asistir, aquí tedes o video da obra.  Así de ben o fixeron!
 
TEATRO INFANTIL FESTIVAL (2) from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.

miércoles, 10 de junio de 2015

XOANIÑA VOA VOA...

Para celebrar o DÍA DA FAMILIA, que foi o 15 de maio, fixemos unha XOANIÑA ca técnica do modelado. Utilizamos pasta blanda de modelar, témperas, pinceis e plastilina. Quedounos así de chula!!
PARABÉNS FAMILIAS!
 
XOANIÑA from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.
Música do video: "I wanna dance" de DOLL PATROL

domingo, 7 de junio de 2015

UN BATIDO RICO, RICO!

Como sabedes, este ano participamos no proxecto "FROITA NA ESCOLA" e algunhas semanas durante este curso contamos cunha peza de froita para cada neno/a. O obxectivo é que os rapaces valoren a importancia de tomar froita na súa dieta e se vaian acostumando a novos sabores. Pois ben, un deses días en que tiñamos amorodos e plátano decidimos mercar leite e yogures e probar a facer BATIDO. Gustouno moito!!! Que rico!!!

EXCURSIÓN AO TEATRO!

O pasado 7 de maio fomos de excursión a Vigo para ver unha obra de teatro titulada: "A NENA E O GRILO NO PAIS DAS APERTAS". Gustounos moitísimo e rematamos a saída merendando no parque de Castrelos. Pasámolo xenial!! 
EXCURSIÓN TEATRO from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.
Música do video: "Waterloo" de ABBA

miércoles, 15 de abril de 2015

XORNADAS CULTURAIS: OBRADOIRO DE GAITA

Dentro das XORNADAS CULTURAIS, tivemos a sorte de contar, o día 7 de abril, coa visita de SUSO, PATRI e ROSA: o papá, a tía e a avoa de MARIO (da nosa clase) e ADRIANA (de 5 anos), que viñeron a facer un OBRADOIRO DE GAITA cos nenos e nenas. Patri explicounos como é o proceso de elaboración dunha gaita, Rosa contounos como se chama a bolsa da gaita (FOL) e como se fai para vestilas con teas de moitos tipos e cores e Suso tocou marabillosamente unhas pezas e invitounos a bailar ao son da gaita e ao ritmo do tambor que tocaba Patri. Non vos perdades estes videos. Non teñen desperdicio! Aprendemos moitas cousas e pasámolo xenial! 
MIL GRAZAS, FAMILIA DE MARIO E ADRIANA, POR PRESTARVOS A FACER ESTA ACTIVIDADE! 
GUSTOUNOS MOITÍSIMO!!! MENUDOS ARTISTAS!!

OBRADOIRO GAITA from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.

OBRADOIRO GAITA 2 from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.

lunes, 13 de abril de 2015

XORNADAS CULTURAIS: TINO BAZ

O pasado 25 de marzo, con motivo das XORNADAS CULTURAIS do Ceip de Sobrada, recibimos a visita do cantautor guardés TINO BAZ. Pasámolo xenial escoitando as súas cancións e os instrumentos que trouxo: pandeireta, guitarra, gaita, cunchas, tambor, frauta, zanfona... A canción que máis nos gustou foi a do "gato metido nun saco". GRAZAS, TINO BAZ! 
TINO BAZ from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.
Canción do video: "CINSA NAMORADA" de TINO BAZ

lunes, 6 de abril de 2015

COMO MEDRARON OS TULIPÁNS!

Lembrades os bulbos que plantamos hai aproximadamente dous meses? Pois grazas aos nosos coidados e ós mimos dos pequechos de 3 anos chegaron a ser así de bonitos. Aquí tedes unha selección de fotos coa progresión do seu crecemento xunto con outras fotos doutra visita de Noemí, que veu a falarnos da planta da vide. Gustounos moito esta actividade!

jueves, 12 de marzo de 2015

XOGOS SOBRE O CIRCO!

Se facedes clic nas seguintes imaxes teredes acceso a dous xogos on line sobre o CIRCO: As partes do circo e os personaxes do circo. A disfrutar xogando desde casa!
http://www.tinytap.it/games/g6lz/play/
http://www.tinytap.it/games/g67z/play/

domingo, 22 de febrero de 2015

FESTIVAL DE ENTROIDO!

O venres 13 de febreiro celebramos o FESTIVAL DE ENTROIDO no colexio. Este ano con moi mala sorte co tempo, xa que choveu moito e non puidemos desfilar polo patio, tivemos que facelo no pavillón de Sobrada. Ainda así pasámolo súper ben. Os nenos e nenas de Educación Infantil fomos disfrazados baixo a temática do CIRCO e había MALABARISTAS, MAGOS, DOMADORES, LEÓNS e PAIASOS. Desfile de guapos e guapas!! 
 
FESTIVAL ENTROIDO 2015 from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.

Música do video: "Carnaval" de GEORGIE DANN/ "Ya llegó el Carnaval" de FÓRMULA ABIERTA

PINTANDO NA PIZARRA DIXITAL

Xa levamos uns días acudindo á aula de audiovisuais para coñecer a PDI (Pizarra Dixital Interactiva) ou tamén coñecida polos nenos/as como "pizarra máxica". Con ela pasámolo en grande, porque podemos pintar cousas fantásticas usando os nosos dedos e ofrécenos moitas posibilidades de aprender!

ORDES DO MECO

Durante a pasada semana de ENTROIDO visitounos o MECO, un personaxe característico destas datas que, cada día desa semana, mandounos vir dun xeito determinado. O primeiro día cunha prenda dunha talla diferente á nosa, o segundo con algo na cabeza, o terceiro co pelo pintado e o último coa cara pintada. Como viñemos a clase moi guapos, sacamos moitas fotos. Aquí as tedes! 

martes, 10 de febrero de 2015

PLANTAMOS TULIPÁNS!!

A semana pasada tivemos unha visita moi esperada. Veu NOEMÍ, membro de ACUBAM (Asociación Cultivos Baixo Miño) de parte do concello de Tomiño, para plantar tulipáns nas clases de infantil. A finalidade é facer que os nenos e nenas se interesen polas plantas, os coidados que requiren, como medran grazas á auga, ó calor e a luz do sol,... e participar así na MOSTRA DE CULTIVOS que se celebrará en Goián os días 28 e 29 de marzo. Esta foi a primeira de varias charlas que nos dará ó longo deste trimestre. Que ben o pasamos!!! 
GRAZAS POR ENSINARNOS TANTAS COUSAS, NOEMÍ!
 
PLANTANDO TULIPÁNS from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.

domingo, 8 de febrero de 2015

DÍA DA PAZ

O día 30 de xaneiro festexamos o DÍA DA PAZ facendo unha pombiña na aula e conversamos sobre o que significa ter PAZ. Estas foron as conclusións do alumnado.
REFLEXIÓN DÍA DA PAZ from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.

CARREIRA SOLIDARIA NO DÍA DA PAZ!

Este ano participamos nunha carreira solidaria polo DIA DA PAZ, para recaudar fondos para os nenos e nenas que máis o precisan. Tivemos que facela o xoves 5 de febreiro xa que o día da Paz (30 de xaneiro) chovía moitísimo. Cada neno/a do colexio tivo que buscar un patrocinador/a ou varios/as patrocinadores/as dispostos a pagar uns cartos simbólicos por cada volta que deran. O recinto era moi grande, co cal os nenos e nenas de Infantil deron unha volta pero fixérono MOI BEN!! Que campeóns! Aquí tedes algunhas das imaxes do evento:

sábado, 31 de enero de 2015

DESCUBRINDO O MUNDO DO CIRCO!

Neste 2º trimestre comezamos ademais cun proxecto de investigación moi bonito e atractivo para os nenos e nenas: o mundo do CIRCO. Como sabedes, cada ano no ceip de Sobrada planificamos os proxectos e actividades tendo en conta un tema transversal determinado. Este curso trátase do TEMPO DE LECER e... que mellor que xestionar o noso tempo de lecer acudindo a unha función circense?
Pois ben, como cada vez que se comeza un proxecto, pedimos a colaboración das familias aportando materiais que tiveran na casa sobre o tema: fotos, contos, libros, películas, disfraces, perrucas... Todo vale!! E a verdade é que aportaron moitísimas cousas, desde fotografías dunha función de circo ata disfraces e animais de xoguete! Co cal, temos un recuncho na nosa aula adicado ao circo co que estamos entusiasmados! Disfrazámonos, contamos contos, e cada día iremos aprendendo algo máis sobre o mundo do circo. Así de ben o pasamos!

MIL GRAZAS, FAMILIAS, POR TODOS OS MATERIAIS APORTADOS!!