Bueno, parece que o curso chega ao seu fin. Este venres, os pequechos despídense da súa etapa infantil para comezar outra moi importante: a chegada á EDUCACIÓN PRIMARIA.
Despois de tres anos xuntos e, botando a vista atrás, son moitísimas e marabillosas as experiencias vividas e compartidas todos xuntos. Dame moita morriña e moita pena que se acabe pero é lei de vida e agora tócavos CRECER e voar ata o cole grande!!
A modo de homenaxe para os meus pequechos, fixen unha selección de fotos ó longo destes 3 anos. Faltan moitísimas no video, porque teño tantísimas fotos e tan bonitas que non tería fin, pero espero que vos gusten as escollidas.
Para min, sodes todos/as e cada un/unha moi especiais e sempre vos levarei no meu corazón. De todos xeitos, xa sabedes onde estará a profe Eva sempre que a precisedes! Por sorte, verémonos moito e seguirei a vosa andaina na Primaria desde a miña aula.
Por suposto, aproveitar este momento para AGRADECER a todas e cada unha das familias destes nenos/as a súa colaboración ó longo destes tres anos! A educación dos nenos/as está nas nosas mans e só é posible cunha boa relación FAMILIA - ESCOLA. Por iso: MIL GRAZAS!!!
A POR TODAS, NENOS!! QUÉROVOS MOITO!!