O xoves, aproveitando que estabamos no tempo do Samain e que as cabazas foron as protagonistas durante esta semana, decidimos facer un postre con elas: CHULAS DE CABAZA.
Estivemos moi atarefados seguindo os distintos pasos da receita para que as chulas saísen á perfección e... penso que temos uns cociñeiros na aula IMPRESIONANTES!!
No seguinte video poderedes ver como quedaron as nosas cabazas de Samaín. Os peques traballaron moito: pintáronlle ollos, nariz, boca, orellas e puxéronlle un cabelo moi colorido e un candeeiro dentro. Fixemos unha exposición na aula, apagamos as luces e durante uns minutos alumearon soamente as cabazas na escuridade. Pasamos un pouco de meeeedoooo, jejej, pero pagou a pena. Agora haberá que esperar á noite do Luns, día 31 de outubro, en que poñeremos a nosa cabaza na porta da casa para escorrentar ás bruxas e ós malos espíritus. UuuuuuuHHHH!
Dende aquí quero agradecer ás familias a súa boa disposición e axuda para aportar e baleirar as cabazas. Graciñas!!!
Dende que comezamos o curso o tempo xa mudou un pouquiño: vai frío, vento, chove a miúdo e xa non podemos levar sandalias e pantalóns curtos. Agora empezamos a poñer as botas, os abrigos e chuvasqueiros porque xa está con nós o tempo de OUTONO!
Para comprobar estes cambios na paixase que nos rodea, saímos varios días ao areeiro para fixarnos nas árbores e comprobar como mudaron de cor e como pouquiño a pouco van quedando sen follas. Tamén decidimos recoller unhas cantas follas e froitos de outono, como as castañas, piñas e landras para facer un mural e decorar a nosa aula.
Mirade que ferramenta máis chula hai na rede: JIB JAB, que nos permite facer videos tan divertidos coma este no que os mestres dos nen@s de 3 anos somos os protagonistas cantando e bailando un rap vestidos con roupa de Halloween. A ferramenta só nos deixa poñer 5 personaxes na versión gratuita, por iso fíxen o video con profes: TEACHER DOMINGO, PROFE ROSA, PROFE ANTÍA, PROFE CARMEN Mª E PROFE EVA.
A que bailamos ben?
Personalize funny videos and birthday eCards at JibJab!
GIUSEPPE ARCIMBOLDO era un pintor italiano que representaba os rostros humanos con froitas, verduras, flores... Agora que estamos estudando o CORPO, aquí temos esta ferramenta para facer caras con froitos da horta. Picade na imaxe para probar!
Nestes días estivemos facendo un xogo cunha pelota e un círculo co propósito de comprobar ata que punto os nenos e nenas de tres anos se coñecen. Este foi o resultado:
Tendo en conta que estamos en outono e achegámonos ao SAMAÍN, aquí vos deixo estes contos tan chulos. (Podedes ver a versión cantada de "Corre, corre cabaciña" na pestaña do blog "cancións")
Como as cabazas están de moda nestes días, na aula cada un dos nen@s decorará a súa propia para escorrentar ós malos espíritos na noite máxica do 31 de outubro. Con todas elas faremos unha exposición!
O vindeiro Martes, día 18 de Outubro, ás 20:00 horas, temos unha cita para reivindicar unha EDUCACIÓN DE CALIDADE DE TOD@S E PARA TOD@S. Aquí vos deixo as comarcas e os enderezos onde se levarán a cabo as manifestacións. Non deixedes de asistir!
Non vos perdades este conto narrado por nen@s dun colexio de Zaragoza sobre a importancia da integración e a inclusión na sociedade. Tamén nos ensina que ás veces a solución aos problemas está máis preto e resulta máis sinxela do que pensabamos nun principio.
Que importante é facerlle a vida máis doada aos demáis!
Onte, día 14 de Outubro, celebramos o aniversario de SILVIA. Cumpliu 3 anos nada menos! e trouxo caramelos para todos os nen@s. Pasámolo moi ben: cantámoslle moitas cancións e ata lle tiramos das orellas!
Onte comezamos a xornada de talleres en Infantil. Levaranse a cabo todos os venres nas dúas primeiras horas da mañá. É unha actividade moi valorada polos nen@s, onde interactúan cos outros nen@s de infantil (neste caso cos de 4 e 5 anos) para facer simultaneamente actividades diferentes.
Este ano contamos con catro talleres moi interesantes:
TALLER DE COCIÑA
TALLER DE CABARET INFANTIL
TALLER DE EDUCACIÓN EMOCIONAL
TALLER DE ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE
Eu imparto o taller de CABARET INFANTIL, no que estudaremos diferentes estilos de música, tipos de instrumentos musicais e sobre todo no que bailaremos moito, moito, moitísimoooo!!
Ata que todo o alumando de infantil pasa por todos os talleres pasan 4 semanas, despois das cales colgarei videos e fotos de cada sesión.
Este mes adicámolo ao POP e máis concretamente á MÚSICA DOS ANOS 80, a chamada "MOVIDA DOS 80" e non poden faltar artistas como Alaska coa súa "Bola de cristal", Michael Jackson, Tina Turner ou Mecano, entre outros:
Aquí vos deixo a canción que máis lles gustou ao grupo de onte: BLACK OR WHITE de Michael Jackson. Esta claro que aos pequechos vaille o ritmo! Como bailan!
Hoxe tivemos festaaa! Foi o aniversario da nosa mestra de prácticas, Antía, e celebrámolo como é debido! Cantámoslle, fixémoslle unha coroa de aniversario e agasallounos con caramelos!
Nestes días, estamos comezando a estudar o noso corpo e as súas partes. Pedín colaboración ás familias dos peques da miña aula para que aportasen toda a información que puidesen relativa ao corpo, calquera aportación é de gran axuda para o desenrrolo do proxecto: información baixada de internet, dvds, cancións, posters, libros de consulta, contos... Xa comezaron a traer algunhas cousas moi interesantes. Entre elas, un video explicativo sobre as partes do corpo que pode axudar moito aos nen@s a diferencialas. Mirade que chulo:
Pero que sorte temos na aula de 3 anos! Onte chegou unha nova profe: ANTÍA. Unha mestra en prácticas que nos vai axudar moitísimo a que os pequechos adquiran hábitos, rutinas, normas e aprendan conceptos básicos. Mirade que encantados están os nen@s con esta profe tan boa!