sábado, 29 de diciembre de 2012

MÁIS FOTOS DA SORPRESA DE 2º

Aquí vos deixo unha selección das fotos que se tomaron cando os nenos e nenas de 2º viñeron á nosa aula. Eles agasalláronos cun fermoso corazón coa nosa foto e nós preparámoslles unhas "bolboretas" reciclando pinzas con moito agarimo para eles. Esperamos que vos gustasen, nen@s! 
ASÍ FIXEMOS AS BOLBORETAS:
PINZABOLBORETAS from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.

VISITAMOS A EXPOSICIÓN DE INVERNO

Despois de analizar os fantásticos traballos que trouxeron os pequechos de 4 anos, levámolos ao cole grande para que formaran parte da EXPOSICIÓN DE INVERNO que, coma todos os anos por estas datas, organízase e faise posible grazas á colaboración das familias. Entre todos, botamos un gran vistazo e atopamos traballos incribles e súper orixinais. 
MOITÍSIMAS GRAZAS A TODOS POR PARTICIPAR! 

viernes, 28 de diciembre de 2012

SORPRESA DOS NEN@S DE 2º!

Antes de rematar as clases e da chegada de Papá Noel ao noso cole, tivemos unha sorpresa moi pero que moi especial: Os alumnos e alumnas de 2º de Primaria coas súas mestras ELENA e Mª JOSÉ viñeron á nosa aula para darnos unha sorpresa marabillosa. Dos 31 nenos que viñeron, 13 puideron rememorar os tempos nos que eles estiveron en infantil, xa que esta tamén foi a súa aula e eu tamén fun a súa profe, así que resultou moi emotivo para min a súa visita. Todos se portaron estupendamente, os pequechos e os maiores. Eles recitáronos unha fermosa poesía utilizando todas as letras do abecedario e nós quixemos corresponderlles cantando e bailando unha panxoliña.
Agradecer, por suposto, ás profes de 2º esta gran sorpresa que nos deron. FOI MOI EMOCIONANTE E INESQUECIBLE! 

SORPRESA 2º CURSO from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.

domingo, 23 de diciembre de 2012

CHARLA SOBRE CONSUMO

O pasado día 10 de decembro, os peques de Infantil asistiron a unha charla sobre o consumo no Nadal, a importancia de non pedir demasiados xoguetes, do realmente importante nestas datas: DISFRUTAR DOS NOSOS SERES QUERIDOS: A FAMILIA. Viu unha rapaza da ESCOLA GALEGA DE CONSUMO que lles contou unha historia moi interesante e déixovola aquí para rememorala:
 
ESCOLA GALEGA DE CONSUMO por cadernodepequechos

OS PEQUES FALAN DOS SEUS TRABALLOS...

Así nos contaron os nen@s como fixeron os seus marabillosos traballos para a exposición de inverno. IMPRESIONANTE!
TRABALLOS EXPOSICIÓN DE INVERNO por cadernodepequechos

sábado, 22 de diciembre de 2012

TRABALLOS PARA A EXPOSICIÓN DE INVERNO

Un ano máis, pedimos a colaboración das familias para confeccionar a EXPOSICIÓN DE INVERNO do cole de Sobrada. Quero agradecer MOITÍSIMO a todas as familias participantes esta colaboración xa que sin elas isto non sería posible! Aquí tedes os marabillosos traballos relacionados coa saúde e o consumo que fixeron. Non se trata só de facer un traballo, sabemos o que implica facer isto, chegar á maneira, ademais, de relacionalo cun tema determinado e emplear moito tempo.
En fin, que eu digo CHAPÓ por vos! GRACIÑAS DE CORAZÓN!!! IMPRESIONANTES!!

jueves, 20 de diciembre de 2012

UN ADORNO PARA A ÁRBORE DE NADAL

Nestes días previos ó nadal, quixemos facer un Papá Noel utilizando filtros de café. Resultou unha manualidade costosa pero tamén moi divertida porque houbo que picar as partes que o compoñían e despois xuntalas para formar o adorno, como un puzzle! Así de bonitos nos quedaron!!


MANUALIDADE PAPÁ NOEL from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.

domingo, 16 de diciembre de 2012

BAILAMOS E CANTAMOS CON SANTA CLAUS

Na páxina de Belén Junquera "MADENGLISHOUSE" atopei estes divertidos recursos. Se pinchas na primeira imaxe podes ver cantar e bailar a Papá Noel con diferentes estilos de música; se pinchas na segunda imaxe, toca aos renos e xa verás como bailan, e se pinchas na terceira visitarás a máquina do tempo que mostra a Papá Noel cantando en diferentes lugares do mundo e ata en diferentes épocas. Menudo ritmo!

 


 

O NADAL DE CAILLOU

CONTA COMIGO: VISITA DA MAMÁ DE FABIÁN

O pasado xoves tivemos a última sesión do conta comigo deste trimestre que xa remata. Nesta ocasión contamos coa visita de ADRIANA, a mamá de FABIÁN, que nos contou un conto que tiña moitos animais e falaba, sobre todo, dos ponys. Encantounos e xa estamos desexando que comece o 2º trimestre para que veñan máis familiares e disfrutar da súa visita e dos contos. Pasámolo xenial!!

GRACIÑAS, ADRIANA, POR PARTICIPAR NO CONTA COMIGO!

martes, 11 de diciembre de 2012

ESPONXAS NATURAIS

Onte tivemos unha visita moi especial! A mamá de Anxo, BELÉN, acudiu á nosa clase para falarnos de ESPONXAS VEXETAIS que nacen na súa horta. A verdade é que con todo o que nos contou e coas esponxas que trouxo quedamos abraiados. Falounos da planta das esponxas, de que hai que pelala e despois sacarlle as pepitas que ten dentro (que son parecidas ás das cabazas pero dun cor máis escuro) e lavala con lexía para que quede limpiña e a poidamos utilizar. Tamén trouxo un cachiño de esponxa para cada nen@. Menudo descubrimento!
(Se pinchades na foto de Belén, poderedes acceder a unha páxina con máis información sobre o cultivo de esponxas naturais)
GRACIÑAS POR VIR DE NOVO, BELÉN, E CONTARNOS COUSAS TAN INTERESANTES!

jueves, 6 de diciembre de 2012

LEMBRAMOS Ó APALPADOR

Lembrades que o ano pasado falamos do APALPADOR? Aquel home que vivía nas montañas da serra do Courel? Pois ben, onte os peques pedironme que lles contara de novo a historia deste peculiar personaxe. Así que aquí vola deixo no blog para que lle botedes un vistazo.  Era un xigante co oficio de carboeiro que, no nadal, e máis concretamente, a derradeira noite do ano, baixaba dos bosques onde vivía ata as aldeas coa intención de "apalpar" as barrigas dos nen@s para comprobar se estaban ben mantidos. Se os nen@s comían ben, lles deixaba un puñado de castañas quentiñas como lembranza da súa visita.
HISTORIA DO APALPADOR:


CONTO DO APALPADOR:


 A WEB DO APALPADOR:

CHEGA O NADAL Á NOSA AULA

Hai poucos días comezamos a decorar un pouquiño a nosa clase con motivos navideños xa que achegámonos a unhas datas moi especiais para todos pero sobre todo para os nen@s. Comezamos pola árbore de nadal e por colocar espumillón e carteis alusivos ó nadal, pero ainda non acabamos! Estas son algunhas fotos de como nos está quedando...

MOCHILAS VIAXEIRAS!

Dende a biblioteca do noso cole, comeza esta iniciativa para que material audiovisual, contos e libros para todas as idades cheguen ás nosas casas. E digo "nosas" porque os profes tamén temos unha mochila viaxeira! Na nosa clase temos unha mochila que xa pasou pola casa de Noé, onde estivo 15 días, que é o tempo que deben estar en cada casa para que todos os peques e as súas familias poidan disfrutar o material que conteñen. Onte tróuxoa de volta e levouna Anxo todo contento. Espero que a disfrutedes moito dela!

 Se queredes máis información sobre as mochilas visitade o BLOG DA BIBLIOTECA AXEXO
Só tedes que facer clic na imaxe seguinte!



lunes, 3 de diciembre de 2012

NAVIDAD ROCK!

Xa estamos no mes de decembro, entusiasmados e desexando que chegue o NADAL! Estes días estamos decorando a nosa aula, facendo algunha manualidade e escoitando moitas panxoliñas. Unha das que máis nos gustan é "NAVIDAD ROCK" dunha cantante mexicana chamada Tatiana, e tanto a escoitamos que a estamos aprendendo para cantala e facer un baile. Déixovola no blog para que ensaiedes tamén na casa! Ten moita marcha de rock and roll!

domingo, 2 de diciembre de 2012

O APARATO DIXESTIVO

A semana pasada estivemos falando do proceso da dixestión. Coñecimos palabras novas como ESÓFAGO, INTESTINO DELGADO, GROSO, ESTÓMAGO... Como vedes, seguimos facendo o noso particular estudo do corpo por dentro. Aquí van algúns videos interesantes para os peques sobre o tema.

jueves, 29 de noviembre de 2012

CONTA COMIGO: VISITA DA MAMÁ DE ANXO

Hoxe tivemos a sorte de contar con outra mamá que viu a contarnos un conto. Nesta ocasión foi BELÉN, a mamá de Anxo, e pasámolo moi ben con ela falando de moitas cousas divertidas e ademais leunos un conto dos PITUFOS cunha mensaxe para lembrar sobre o dificil que é ás veces respectar as opinións dos demais, escoitarnos e chegar a acordos. Encantounos!

MIL GRAZAS, BELÉN, POR PARTICIPAR NO CONTA COMIGO! 

martes, 27 de noviembre de 2012

PEQUECHEFS: CHULAS DE CABAZA

Xa sabedes que na 1ª sesión do taller de cociña de educación infantil estivemos facendo o carteliño das merendas que levamos cada día ao colexio e os gorros de cociñeiros. Pois ben, chegou o momento de estrear os gorros na 2ª sesión deste taller cociñando unhas riquísimas CHULAS ou BUÑUELOS DE CABAZA, aproveitando este tempo de outono. Temos que agradecer MOITÍSIMO á mamá de Anxo que nos agasallara con dúas fermosísimas cabazas da súa horta para facelas. Seguro que por iso saíron unhas chulas tan boas! Por iso e pola boa man destes pequechefs!!

lunes, 26 de noviembre de 2012

ALGO MÁIS DO CAMELOT...

Aquí vos deixo outro video con máis fotos da nosa excursión á ludoteca CAMELOT PARK en Vigo. Como se pode apreciar nas fotos, divertímonos un montón!! 

domingo, 25 de noviembre de 2012

CONTA COMIGO: VISITA DA MAMÁ DE IRIA

O pasado xoves, coma todas as semanas, recibimos a visita dunha mamá para contarnos un conto. Nesta ocasión foi ANA, a mamá de Iria, que trouxo a historia do "GATO LAMBÓN" e fíxonos moita gracia! Pasámolo moi ben! 
 GRACIÑAS, ANA, POR PARTICIPAR NO "CONTA COMIGO"!

jueves, 22 de noviembre de 2012

VISITA A "CAMELOT PARK"

Onte fixemos a nosa primeira excursión! Fomos á ludoteca "Camelot Park" en Vigo e a verdade é, en poucas palabras, que o pasamos pipaaaa! No autobús iamos ilusionadísimos pensando co que nos iamos atopar: Un parque con piscina de bolas, circuitos, coches, colchonetas e ata discoteca!! Xenial! Neste video saen sobre todo os peques da nosa aula pero pronto colgaremos un video máis xeral de todo INFANTIL no blog do cole. Estade moi atentos! Menuda mañá chea de emocións!

domingo, 18 de noviembre de 2012

COLOCA AS LETRAS DO TEU NOME

Aquí vos deixo unha actividade LIM interactiva para que os pequechos da nosa aula sitúen correctamente as letras do seu nome e o dos seus compañeiros/as. É moi sinxelo! Só temos que poñer a orella e escoitar as letras que leva cada nome. Despois, co rato do ordenador, facemos clic na letra que queremos e a colocamos no lugar correspondiente. A ver que tal o facedes!

jueves, 15 de noviembre de 2012

CONTA COMIGO: VISITA DA MAMÁ DE BRUNO!

Hoxe, como cada xoves, visitounos unha mamá para contarnos un conto: CAROLIN, a mamá de BRUNO. O conto que nos leu era dos "CANTAJUEGO" e a nós, que escoitamos sempre as súas cancións na aula, gustounos moitísimo. A pandilla dos "Cantajuego" foi de viaxe arredor do mundo e nós fomos con eles ata Exipto, coñecimos as pirámides; despois escalamos o Himalaya e ata visitamos a selva do Amazonas! Xenial! 
MOITÍSIMAS GRAZAS, CAROLIN, POR PARTICIPAR NO CONTA COMIGO!

lunes, 12 de noviembre de 2012

CORES DE OUTONO

Hai uns días, saíu o sol e por fin puidemos sair a recoller froitos de outono. Quedamos abraiados cos cambios de cores na nosa paisaxe, xa que temos unha árbore no areeiro que mudou as súas folliñas de verde a amarelo e vermello. Ademais comprobamos como outras árbores quedaron peladas, sen follas, con este tempo de outono. Ah! E miramos uns cogomelos curiosísimos ao pé das árbores que están a carón da nosa aula. Impresionante descubrimento!! 

COÑECENDO O APARATO RESPIRATORIO

Estes días que estamos a coñecer mellor como é o noso corpo por dentro, temos un boneco na clase que nos mostra como é o noso aparato respiratorio, circulatorio e dixestivo. Agora estamos traballando o sistema respiratorio e concretamente os PULMÓNS. Sabemos que son brandiños, que a eles chega o aire que respiramos polo nariz a través dun tubo chamado TRÁQUEA e dos BRONQUIOS; que dentro dos pulmóns os bronquios ramifícanse nos BRONQUIOLOS; que cando collemos aire, os pulmóns ínflanse e cando o botamos volven á súa posición orixinal. En fin, moitas cousiñas e aquí tedes unhas fotos dos peques traballando sobre o tema e xogando a inflar e desinflar os pulmóns caseiros que fixemos con palliñas e globos.

viernes, 9 de noviembre de 2012

DÍA DO PEÓN

Hoxe celébrase o "DÍA DO PEÓN" (peonza, trompo...) en Galicia. Por iso nós, na aula, fixémoslle unha pequena homenaxe confeccionando uns "bailaretes" con materiais de refugallo (cortizas e palillos). Decoramos as cortizas, clavámoslles un palillo e... a xirar e bailar! Espero que sigades ensaiando na casa, pequechos!

jueves, 8 de noviembre de 2012

CONTA COMIGO: VISITA DA MAMÁ DE ALEJANDRO

Pero que sorte temos de contar coa colaboración das familias semana tras semana! Nesta ocasión visitounos MABEL, a mamá de Alejandro Ibáñez e contounos un conto moi chulo que nos gustou moitísimo: "EL PÁJARO DE ORO". Agradecímoslle a súa visita facéndolle entrega dun merecidísimo diploma! 

MOITAS GRAZAS, MABEL, POR PARTICIPAR NO CONTA COMIGO!! 

domingo, 4 de noviembre de 2012

O APARATO RESPIRATORIO

Seguindo con noso estudo do corpo por dentro e despois de achegarnos ó coñecemento do esquelete e dos músculos, adentrarémonos agora no mundo dos aparatos do corpo. Comezaremos polo aparato respiratorio e aquí deixo uns videos explicativos que nos van a axudar a comprender o seu funcionamento:

PREPARANDO O SAMAÍN

Aquí van algunhas actividades que fixemos na aula para festexar o Samaín, entre elas, pintarnos e poñer moita cara de meeedooo!!! Menuda festaaaa!!

VAMPIROCABAZAS EN SAMAÍN!

Este ano, na nosa aula, decoramos as cabazas para a noite do 31 de outubro dun xeito especial: transformámolas en terroríficos morcegos! Pasámolo xenial pintándoas e, ainda que traballamos moito, pagou a pena o resultado! Así foi o proceso de transformación: 

domingo, 28 de octubre de 2012

MAGOSTO EN SOBRADA!

Este venres, por fin, festexamos o MAGOSTO!! Ó final, tivemos que facelo no patio do colexio porque o tempo, neste mes de outubro que está a piques de rematar, non se portou moi ben con nós e con tanta choiva non puidemos ir ao monte Aloia pero non nos importou porque disfrutamos un montón!!
Despois de degustar as deliciosas castañas aportadas polas familias, a profe Rosa preparou uns xogos divertidisimos para tod@s. Aquí vos deixo o video do magosto dos pequechos e de como fixeron o recipiente para as castañas! (Lembrade que nos vindeiros días, tamén colgaremos o video do magosto xeral no blog do colexio, así que non deixedes de visitalo!)
 A FESTA DO MAGOSTO NO COLE: PREPARANDO A CAIXIÑA PARA AS CASTAÑAS:

miércoles, 24 de octubre de 2012

CONTA COMIGO: VISITA DA MAMÁ DE ANTONIO!

Hoxe recibimos a visita de DELY, a mamá de Antonio, que viu á nosa clase a contarnos un conto chulísimo de WINNIE THE POOH, que lles gustou moitísimo aos pequechos. Pasámolo pipa con ela e dende aquí agradecerlle, por suposto, a súa colaboración e participación na actividade! 
GRACIÑAS, DELY, POR PARTICIPAR NO CONTA COMIGO!

DIA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Hoxe, como cada 24 de outubro, celebramos o DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES  e, como non, visitamos a nosa biblioteca onde a profe Lucía contounos un conto precioso titulado "LA BIBLIOTECARIA DE BASORA" baseado nunha historia real que sucedeu en Irak: A historia de Alia Muhammad Baker, unha bibliotecaria que loitou por salvar o valioso fondo da biblioteca durante a invasión de Irak e que nos lembra que, no mundo enteiro, o amor pola literatura e polos libros non teñen fronteiras.
Ademais, o noso AXEXO, a mascota da biblioteca, fíxonos un agasallo para levar na nosa carpeta cada fin de semana: un boletín con información sobre a biblioteca!!
Aquí vos deixo a narración do conto e as fotos da sesión de hoxe na biblio.

domingo, 21 de octubre de 2012

VIDEOS DE SAMAÍN

CHEGANDO O SAMAÍN...

Xa sabedes que estase achegando a noite de SAMAIN, a festa celta das cabazas e a noite máis TERRORÍFICA do ano!!, o 31 DE OUTUBRO. Para que coñezades un pouco mellor esta festa déixovos uns links interesantes. Son os seguintes:
CULTURA GALEGA

E aquí van uns recursos e xogos divertidos sobre o tema que atopei na rede para que xoguedes na casa! Premede nas imaxes!

COLOREA CABAZAS

DISFRÁZATE NO SAMAÍN

LIM CEIP DE PAZOS 

LIM CEIP JUAN FERNÁNDEZ LATORRE
 

jueves, 18 de octubre de 2012

XOGANDO E APRENDENDO COAS NOVAS TECNOLOXÍAS

Un pequeno fragmento dunha clase na aula de audiovisuais empregando a pizarra dixital. Divertímonos moito cos xogos do corpo!

TRABALLO COOPERATIVO: A SILUETA (2ªparte)

Aquí tedes a 2ª entrega da dinámica de cohesión grupal: A SILUETA. Fíxose esperar porque son moitos peques e ainda non acabamos! Nesta ocasión os nen@s fixeron a silueta de GAEL, SILVIA, ALEJANDRO, BRUNO e ÓSCAR. Cada neno/a da clase foi aportando unha opinión sobre o compañeiro ao que se lle fixo a silueta. Escribimos todas as aportacións e así de chulas quedaron. (Non esquezades dárlle á pausa para lelas) Proximamente a 3ª entrega!! 

miércoles, 17 de octubre de 2012

CONTA COMIGO: VISITA DA MAMÁ DE DESIRÉE

Hoxe tivemos a 2ª sesión do "CONTA COMIGO", a actividade que trae cada semana á nosa aula a un familiar dos pequechos. Nesta ocasión recibimos a NURIA, a mamá de Desirée, que nos contou o conto dos 3 porquiños! Para agradecerlle a súa visita agasallámola cun diploma. Que ben o pasamos! 
MOITÍSIMAS GRAZAS, NURIA, POR PARTICIPAR NO "CONTA COMIGO"!! 

martes, 16 de octubre de 2012

DEBULLANDO MILLO...

Desde hai uns días estamos decorando a nosa aula acorde coa época de outono que estamos a vivir. Para axudarnos na decoración, IRIA trouxo a clase follas de carballo, de nogueira e ata espigas de millo!
Estivemos estudando todo o que trouxo e tivemos a gran sorte de que nos explicara xunto con ANXO, como é o proceso de debullar millo. Aprendimos un montón!


Menudos pequemaestros temos na nosa aula! 

domingo, 14 de octubre de 2012

CUMPLE DE SILVIA!

Hoxe, 14 de Outubro, é o aniversario de SILVIA, que cumple 4 anos nada menos! O pasado xoves celebrámolo con ela todos xuntos na clase: soplou a súa vela, cantámoslle, tirámoslle das orellas,...Foi unha festa en toda regla! Ela trouxo caramelos para tod@s!!!
 MOITÍSIMOS PARABÉNS, SILVIA, NO TEU DÍA! 

jueves, 11 de octubre de 2012

CONTA COMIGO: VISITA DA MAMÁ DE SILVIA

Hoxe comezamos unha nova actividade de animación á lectura. Chámase "CONTA COMIGO" e consiste en que algún familiar de cada peque da nosa clase veña durante un rato a contarnos un conto. Nesta ocasión visitounos ANA, a mamá de Silvia e ademáis tivemos a gran sorpresa de ver a CARLA, a súa irmanciña pequena. Contounos un conto de Pinocho moi especial e pasámolo moi ben! 

MOITÍSIMAS GRAZAS ANA POR PARTICIPAR NO "CONTA COMIGO"


CONTA COMIGO MAMI SILVIA - foto montaje

miércoles, 10 de octubre de 2012

PIZARRA DIXITAL

Esta semana visitamos a "pizarra máxica" para xogar e divertirnos cos xogos interactivos sobre o corpo humano.

lunes, 8 de octubre de 2012

CUMPLE DE ÓSCAR!

Hoxe, 8 de outubro, ÓSCAR cumpliu 4 anos! Trouxo caramelos para os peques e quixemos festexalo como se merece. Cantámoslle, tirámoslle das orellas e ata soprou a vela e pediu un desexo, como non!! Pasámolo xenial!
PARABÉNS ÓSCAR!

domingo, 7 de octubre de 2012

PINCELADAS DO NOSO CORPO

Con pinceis e témperas, os pequechos representaron o seu corpo nunha folla de papel. Este foi o resultado:

UN ESQUELETE DIVERTIDO

A pasada semana, seguindo co noso estudo do esquelete, e tendo en conta ademais que estamos achegándonos á data de Halloween e o Samaín, quixemos facer un esqueleto doutro xeito, con PASTA ITALIANA!! Valía todo: fideos, macarróns, lacitos... Botamos cola branca nunha cartolina negra e sobre ela intentamos xuntar os "ósos" para contruir un estupendo esquelete, e aquí tedes a proba do bonitos que nos quedaron.
 TERRORÍFICAMENTE DIVERTIDOOOO!!

MÁIS XOGOS E RECURSOS DO CORPO

Fai clic nas imaxes! 

O CORPO POR DENTRO


ENCICLOPEDIA CORPO HUMANO


CONSTRUIR CARAS CON VERDURAS


XOGO DO CORPO POR NIVEIS

jueves, 27 de septiembre de 2012

A NOSA SILUETA

Coa finalidade de coñecernos mellor os uns aos outros, na aula estamos levando a cabo unha nova DINÁMICA DE TRABALLO COOPERATIVO: "A SILUETA". A dinámica consiste en que un neno/a lle faga a silueta cun rotulador a un compañeiro/a  mentres éste permanece tumbado no chan sobre papel contínuo. Unha vez feita a súa silueta, cada nen@ da clase debe dicir unha característica dese nen@, algo de como é ou algo que lle guste a ese neno, algún rasgo físico, etc. A profe, despois, anota todas as súas aportacións dentro da silueta do neno/a en cuestión.
Están saíndo cousas moi chulas, pero imos pouco a pouco porque son moitos nen@s para facer esta actividade. De momento déixovos cun resumo de como se formaron as siluetas de IRIA, ANTONIO, ÁLEX C., HUGO, IRENE, ANXO e NOÉ.  Nos vindeiros días, conforme vaiamos avanzando, poderedes ver as dos restantes nen@s.
(para poder ler as aportacións dos peques, dádelle á pausa no video!)

HOWARD, UN ESQUELETE ESPECIAL...

Vouvos a contar o que pasou esta semana:  Un ESQUELETE apareceu na nosa clase!! Sííí! Estaba no cole grande e seguramente viu na súa tele máxica que os peques de 4 anos estamos estudiando o os ósos do corpo e decidiu facer unha aparición, jej. 
Os nenos recibírono encantados e, por algunha extraña razón que ten cabida na súas imaxinativas e peculiares mentes, todos coincidiron en pensar que se pasa o día durmindo porque como está tan caladiño...(debe ser que pola noite está bailando o famoso twist do esquelete e acaba rendido, jajaj)

 Como está pasando uns días con nós, os nen@s buscáronlle un nome e cal sería a miña sorpresa cando saíu á luz o nome de HOWARD! curioso, non sí? E agora Howard forma parte das nosas vidas e da nosa rutina diaria na aula. Vamos, que é un máis entre nós!!!
Gracias a él e a toda a información, libros, contos e demais recursos que aportáchedes, estamos investigando moitas cousas sobre os ósos. Moitísimas GRAZAS!!!

lunes, 24 de septiembre de 2012

O OUTONO...

Non sei se vos déchedes conta pero o OUTONO xa chegou e estase facendo notar. Despois dun mes de setembro moi, pero que moi caloroso, parece que vai rematar con baixas temperaturas. Aquí vos deixo algúns recursos que hai na rede sobre esta estación do ano:

LIBRO LIM DO OUTONO (de Maica, Fina e Sara)


 OTOÑO VEDOQUE
 

domingo, 23 de septiembre de 2012

XOGOS ON LINE SOBRE O CORPO

Fai clic nas imaxes para poder xogar!
                               PARTES DA CARA
                                PARTES DO CORPO

                          VISTE Á NENA E Ó NENO
                              OS SENTIDOS

EL TWIST DEL ESQUELETO

Non podedes imaxinar como lles gustou este video aos peques. Riron, cantaron e bailaron un montón.
Os esqueletos son moi divertidos, non sí? jejej.

ALGÚNS VIDEOS SOBRE O CORPO

jueves, 20 de septiembre de 2012

COMEZAMOS PROXECTO!

Hoxe faltaron 4 nen@s da nosa aula, seguramente por atoparse indispostos e iso deunos pé para charlar un pouquiño na asamblea sobre o noso corpo e de como debemos coidalo para non enfermar. Así, pouco a pouco, fomos entrando en materia e os peques empezaron a facer conxeturas sobre que lles puido ter pasado a eses nen@s para non vir a clase. Foi moi interesante e partiremos desta conversa e de outras que teñamos nestes días para comezar o noso proxecto: "INVESTIGO SOBRE O MEU CORPO E APRENDO A COIDARME"

Así foi a nosa charla:
Eu _Por que non virían hoxe Anxo, Gael, Fabián e Tania?
Irene _Porque cogieron catarro
Antonio _Porque no pusieron la gorra cuando hacía mucho sol
Hugo _O les cogió el frío en la piscina
Eu _E cando estamos malitos a onde imos?
Antonio _Ao médico, que nos pincha.
Eu _E para que nos pincha? 
Antonio e Iria _Para que no estemos malitos.
Eu _E como é o noso corpo? Que ten?
Silvia _Tiene huesos
Eu _Ósos? Onde? Eu non os vexo? 
Iria e Irene _Esque están aquí dentro (sinalando os seus brazos e pernas)
Irene _Los huesos están dentro de la carne, de la piel
Álex  C._También tenemos un corazón y un alma dentro del cuerpo que se usan para vivir
Irene _Aquí (sinalando o seu peito)
Alejandro I. _Dentro del cuerpo tenemos pulmones
Hugo _Usamos los pulmones para soplar
Antonio _Dentro de la cabeza está el cerebro
Iria _Mi tía Laura tiene un esqueleto y le abrimos la cabeza y vimos el cerebro. Todos tenemos huesos para poder andar y mover el cuerpo.
Alexia _Por fuera tenemos carne
Bruno _La piel es carne
Hugo _Por dentro tenemos sangre
Noé_ como los pescados, que también tienen sangre
Eu _Si? Teñen sangue os pescados? E os animais son coma nós por dentro? Terán osos, corazón e pulmóns? que pensades?
Todos _ Noooooooo
Eu _E...Que podemos facer para que o noso corpo medre?
Todos _ comer mucho
Desirée _E beber
Álex C. _Si comemos muchas chuches se nos pone malita la barriga

Caramba! Cantas cousas saíron, pero sairán moitas máis e pouco a pouco formaremos o guión de todo o que nos interesa aprender que ainda non sabemos do corpo e dos coidados que precisa.
Xa vos seguiremos contando e, por suposto, pedir desde aquí a vosa colaboración unha vez máis para aportar materiais, videos, fotos, novas dos xornais sobre cuestións de saúde, de prevención de riscos, información de internet, libros de consulta, contos. Unha pequena aportación será de gran axuda para axudar aos peques a investigar! Graciñas de antemán ás familias e aos blogs colaboradores, que seguro aportarán un montón de ligazóns interesantes.
Grazas a tod@s!

DIVERTÍMONOS NOS COLUMPIOS!

Aproveitando este tempo marabilloso do mes de setembro, fixemos unha visita ao parque que temos preto da nosa aula para xogar e divertirnos durante un rato nos columpios. Non estivemos moito tempo porque facía moito calor, pero pasámolo xenial!

lunes, 17 de septiembre de 2012

NESTES PRIMEIROS DÍAS...

...estamos preparando o noso material escolar: a carpeta para poder levar o libro da biblioteca para casa, a nosa caixa de pinturas e de rotus e un caderno que temos este ano para traballar as letras! Síí! Como nos gusta decorar as nosas cousas do cole! 
Aquí vos deixo un video do que están dando de sí estes primeiros días...

HORARIO ED. FÍSICA


Así que non vos esquezades de traer o chándal e os tenis para facer moito deporte e pasalo en grande coa profe Rosa!!

miércoles, 12 de septiembre de 2012

XA ESTAMOS NA AULA DE 4 ANOS!

Síí! Chegou ese día que todos estabamos esperando!!! Por fin voltamos o cole e xa estamos no 5º curso de Infantil! Somos moi maiores!!
Gustounos moito volver a vernos e disfrutar xuntos. Ademais temos un compañeiro novo na nosa aula que vén de Taborda. Chámase BRUNO. Primeiro presentouse aos seus novos compis, nós presentámonos tamén e démoslle unha benvida como se merece! Ensinámoslle non só a nosa aula, senón tamén as clases que utilizamos do cole grande: a nosa biblioteca, a aula de audiovisuais onde xogamos ca pizarra máxica, a aula de música...

Tamén sacamos algunhas fotos. Veredes que guapos e guapas temos na aula de 4 anos!