Dende que comezamos o curso o tempo xa mudou un pouquiño: vai frío, vento, chove a miúdo e xa non podemos levar sandalias e pantalóns curtos. Agora empezamos a poñer as botas, os abrigos e chuvasqueiros porque xa está con nós o tempo de OUTONO!
Para comprobar estes cambios na paixase que nos rodea, saímos varios días ao areeiro para fixarnos nas árbores e comprobar como mudaron de cor e como pouquiño a pouco van quedando sen follas. Tamén decidimos recoller unhas cantas follas e froitos de outono, como as castañas, piñas e landras para facer un mural e decorar a nosa aula.
Mirade que ben o pasamos!
Que traballiño pasas facendo estes videos tan chulos e como lles encanta o nenos ser os protagonistas.
ResponderEliminar