martes, 8 de noviembre de 2011

TEMPO DE MAGOSTO

Onte tivemos unha xornada de MAGOSTO no noso cole. Preparamos a cestiña para as nosas castañas asadas e despois saímos ó patio xunto co resto do alumnado e profesorado do centro para saborealas e disfrutar xuntos deste tempo de outono. Para rematar a xornada a profe de Educación Física, Rosa, preparou uns xogos cos que nos divertimos un montón.

1 comentario:

  1. Que ben o pasamos no Magosto e que sorte tivemos co tempo que ata brillou o sol, as castañas estaban boísimas e tamén o "bocadillo de chouriso" como di un dos nenos.

    ResponderEliminar