Lembrades o molde de xeso que fixemos hai uns días da barriguiña da nai de Silvia? Pois despois de que secou, pintámolo con témperas e debuxamos nel os brazos e as mans de Silvia. Quedounos ben bonito e unha vez rematado regalámosllo á súa nai para que lle quede de lembranza de cando estaba embarazada de Carla (a irmanciña de Silvia que está a piques de nacer).
Que sorte poder contar coa boa disposición das nais e pais para facer actividades coma esta. Gustounos moito!!
Chulísima!! Me ha encantado!!!
ResponderEliminar