jueves, 9 de febrero de 2012

CULTURA ASIÁTICA: VIAXAMOS ATA CHINA

Xa sabedes que na clase comezamos co proxecto "A VOLTA AO MUNDO", co que estamos coñecendo os distintos continentes así como algunhas culturas e razas diferentes. Aproveitando que Fabián trouxo información sobre Asia, viaxamos ata CHINA e investigando un pouquiño e buscando información sobre este enigmático país asiático aprendimos unha chea de cousas: que os chinos son de raza amarela, teñen os ollos "estirados", comen con palillos e visten unha prenda de roupa chamada QI PAO (en Xapón, como prenda de roupa, utilízase o KIMONO). Tamén aprendimos que a orixe do OSO PANDA está na China; coñecimos a GRAN MURALLA CHINA; que as casas onde viven os chinos son diferentes ás nosas; que falan e escriben tamén de xeito diferente cunhas letras moi "raras" e que o DRAGÓN é un símbolo de boa sorte moi importante no país.
Fixádevos cantas cousas!! Para recabar toda esta información,  utilizamos distinto material e, por suposto, atopamos algunhas cousiñas interesantes na rede. Son as seguintes:
Unha páxina marabillosa sobre CULTURA CHINA PARA NEN@S. Picade na seguinte imaxe para visitala:


MÁIS RECURSOS SOBRE CHINA:
Fantástico conto feito por nen@s de Pekín, onde nos falan das diferencias e semellanzas entre a súa cultura e a cultura occidental:




2 comentarios:

  1. Cantas cousiñas aprendíchedes sobre China! Cando rematedes o proxecto ides ser uns expertos en todos os continentes. Unha aperta.

    ResponderEliminar
  2. cadernodepequechosdomingo, 12 febrero, 2012

    Graciñas Ana! Non sei si expertos, pero farase o que se poida por coñecelos un pouquiño... Un biquiño!

    ResponderEliminar