Ó longo desta semana fixemos unha actividade de traballo cooperativo. A clase está dividida en catro equipos: OS LUNEROS, OS CORAZÓNS, AS BOLBORETAS e AS XOANIÑAS. Como estivemos estudando a pirámide dos alimentos sans, cada equipo tiña que completar unha pirámide alimenticia en branco recortando alimentos de folletos do súper e colocándoos no seu lugar correspondiente. Cada neno/a de cada equipo encargábase de buscar alimentos dun grupo determinado e colocalos no seu lugar: Ex: o tomate no lugar dos vexetais, o queixo no lugar dos lácteos, as fresas no lugar das froitas, etc.
Despois puxéronlle o nome a cada grupo de alimentos e así de bonitas quedaron!!
Despois puxéronlle o nome a cada grupo de alimentos e así de bonitas quedaron!!
PIRÁMIDE DOS LUNEROS
PIRÁMIDE DAS BOLBORETAS
PIRÁMIDE DAS XOANIÑAS
PIRÁMIDE DOS CORAZÓNS
PIRÁMIDE DOS ALIMENTOS POR EQUIPOS from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.
q forma mais bonita d aprender
ResponderEliminar