martes, 14 de mayo de 2013

PEQUECHEFS: MACEDONIA DE FROITAS

Outra das receitas elaboradas no TALLER DE COCIÑA INFANTIL foi a MACEDONIA. Xa sabedes o importante que é a froita na nosa dieta. Resulta fundamental para a saúde e, de feito, todas as semanas comemos unha peza de froita á hora da merenda. Pois ben, no taller cortamos en anaquiños varios tipos de froitas (mazá, kiwi, pera, ananás, plátano, uvas, amorodos, melocotón...) e mesturámolos con zume de laranxa e azucre. Así de rica saíunos a nosa macedonia! Seguro que moitos de vos a tedes feito na casa. Está riquísima neste tempo primaveral! 
MACEDONIA from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.

1 comentario:

  1. Unha comida riquísima e ademais sanísima. Non se pode pedir máis. Un aplauso para eses magníficos cociñeiros.

    ResponderEliminar