Hoxe, 22 de xaneiro, foi o ANIVERSARIO DE ANTONIO que cumpliu 6 anos!! Trouxo caramelos para todos e celebrámolo cunha gran festa na nosa clase! Bailamos, tirámoslle das orellas, cantamos e rimos un montón!
Onte tivemos a sorte de recibir na biblioteca do noso cole a un grupo de 6 nenas de 2º de Primaria, entre as cales estaba CAMILA, a irmá de BRUNO, que quixo vir a contarnos un conto moi chulo: A METADE DE XOAN.
As 6 nenas lérono estupendamente e fixéronos pasar un rato fantástico!
MOITÍSIMAS GRAZAS, CAMILA, POR DARLLE ESTA SORPRESA A BRUNO!
Antes das vacacións de Nadal, houbo un martes que choveu moito e non puidemos ter talleres. Entón, a profe Susana e mais eu decidimos facer unha actividade cooperativa cos nenos. Foi unha especie de xogo que comezou coa narración dunha historia que lles contou a nosa profe de educación física sobre uns rapaces que ían de excursión ao Monte Aloia pero que, no camiño, atopáronse con serios problemas... Este conto foi o punto de partida para que fosen eles precisamente os que resolveran eses problemas: primeiro de xeito individual e despois en equipo. Así, chegaron a unha conclusión moi sabia e interesante: CANDO TRABALLAMOS EN EQUIPO AXUDÁMONOS E TOMAMOS AS DECISIÓNS AXEITADAS.
Pero para coñecer mellor todo o que sucedeu nesas dúas proveitosas sesións, só tedes que darlle ao "play" dos videos. Como pensan estes nen@s!
Onte visitounos CAROLIN, a mamá de Bruno, que ofreceuse a vir á nosa aula para contarlles un conto aos pequechos! Disfrutamos moito coa lectura do conto, xa que se trataba dun libro sobre os ANGRY BIRDS, uns debuxos de videoxogos que están causando furor entre os máis pequenos!
Esta semana tivemos a celebración do ANIVERSARIO DE DESIRÉE, xa que o día 7 de xaneiro cumpliu 6 ANOS!! É a primeira da clase en cumplir os 6 e, coma sempre, festexámolo por todo o alto! Ata bailamos o Cumpleaños Feliz de Parchís!! Pasámolo moi ben e agasallounos con caramelos para todos!
Voltamos ao cole despois das vacacións de Nadal con moitas ganas e...que mellor maneira de comezar este trimestre que falando da nova estación do ano que nos ocupa? Hoxe falamos do INVERNO e fixemos unha ficha chulísima dun boneco de neve. Aquí vos deixo algúns recursos sobre esta fría pero entrañable estación: