Antes das vacacións de Nadal, houbo un martes que choveu moito e non puidemos ter talleres. Entón, a profe Susana e mais eu decidimos facer unha actividade cooperativa cos nenos. Foi unha especie de xogo que comezou coa narración dunha historia que lles contou a nosa profe de educación física sobre uns rapaces que ían de excursión ao Monte Aloia pero que, no camiño, atopáronse con serios problemas... Este conto foi o punto de partida para que fosen eles precisamente os que resolveran eses problemas: primeiro de xeito individual e despois en equipo. Así, chegaron a unha conclusión moi sabia e interesante: CANDO TRABALLAMOS EN EQUIPO AXUDÁMONOS E TOMAMOS AS DECISIÓNS AXEITADAS.
Pero para coñecer mellor todo o que sucedeu nesas dúas proveitosas sesións, só tedes que darlle ao "play" dos videos. Como pensan estes nen@s!
DINÁMICA TEÑO QUE DECIDIRME from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.
CONCLUSIÓNS TEÑO QUE DECIDIRME from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.
Da gusto verlos. Una gran forma de trabajar. Un saludo.
ResponderEliminar