Dentro das XORNADAS CULTURAIS, tivemos a sorte de contar, o día 7 de abril, coa visita de SUSO, PATRI e ROSA: o papá, a tía e a avoa de MARIO (da nosa clase) e ADRIANA (de 5 anos), que viñeron a facer un OBRADOIRO DE GAITA cos nenos e nenas. Patri explicounos como é o proceso de elaboración dunha gaita, Rosa contounos como se chama a bolsa da gaita (FOL) e como se fai para vestilas con teas de moitos tipos e cores e Suso tocou marabillosamente unhas pezas e invitounos a bailar ao son da gaita e ao ritmo do tambor que tocaba Patri. Non vos perdades estes videos. Non teñen desperdicio! Aprendemos moitas cousas e pasámolo xenial!
MIL GRAZAS, FAMILIA DE MARIO E ADRIANA, POR PRESTARVOS A FACER ESTA ACTIVIDADE!
GUSTOUNOS MOITÍSIMO!!! MENUDOS ARTISTAS!!
OBRADOIRO GAITA 2 from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.
Seguro que disfrutaron moitísimo. Unha aperta.
ResponderEliminarCantos recordossss, encantame ver o ben que o pasan os teus pequechos. Noraboa Eva por seguir co teu blog que non ten desperdicio. Mil gracias por ser como eres. Un saudo
ResponderEliminar