Neste trimestre participamos nunha actividade xunto con todo o alumnado do colexio baixo o título: "COÑECÉNDONOS MELLOR". Baixo as directrices do Equipo de Normalización Lingüística, cada neno/a tivo que poñer o seu nome nunha folla e a profe escribiu nela a parroquia onde vive cada un/unha. Así, entre todos formamos o mapa de Tomiño semellando ser unha árbore, na que había nenos/as de Taborda, Amorín, Piñeiro, Carregal...
Despois utilizámola de decorado no festival do cole en Goián. Que chulo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario