O día 10 de setembro comezamos un novo curso e os pequechos chegaron ao cole puntuais dispostos a voltar a ver aos compañeiros e aos profes e a disfrutar moito no colexio. Nestes primeiros días estamos preparando o material que precisaremos durante o curso: a caixa das pinturas, a caixa dos rotus, a carpeta da biblio, o caderno de letras, o mantel para a merenda... pero sobre todo, estamos coñecéndonos mellor entre nós e coñecendo aos nenos que viñeron novos: ensinarlles os espazos do cole que van a usar, coñecer aos profes que lles darán clase, as normas da aula, etc. Comezamos entón cunha actividade chamada "A PELOTA", consistente en que o neno/a que tiña a pelota tiña que sentarse dentro dun círculo pintado no chan, dicir o seu nome e contarnos a todos que tal o pasou durante as vacacións, que actividades fixo, viaxes... Isto nos permitiu coñecernos un pouquiño mellor e coñecer aos nenos novos, favorecendo a súa inclusión na aula. Cando remataron TODOS estaban dentro do circulo e eran OS NENOS E NENAS DA AULA DE 4 ANOS!
Como este ano traballaremos a EDUCACIÓN MEDIOAMBIENTAL, para darlles a benvida agasalleinos cunha árbore coa súa foto e o seu nome. Pasámolo moi ben!
Moi feliz curso! Unha aperta.
ResponderEliminar