lunes, 18 de enero de 2016

TRABALLANDO CON LEGUMES!

Ola a todos de novo! Xa de volta das vacacións de Nadal e ainda non tivera tempo de escribir no blog, pero temos moitas novidades que contarvos. A primeira é que tivemos na nosa aula a visita de PATRI, que viu a facer unha actividade cos peques ofertada polo concello de Tomiño. Son catro sesións, coma tiveramos o ano pasado, e están relacionadas coas plantas e a natureza. Nesta primeira sesión Patri faloulles das LEGUMES, ensinoullas e cada neno/a tivo que decorar con elas un debuxo celta elixido por eles/elas. Mirade que bonitos quedaron. Agora formarán parte da exposición que se levará a cabo na MOSTRA DE CULTIVOS DE GOIÁN (coido que será no mes de marzo ou abril, pero xa vos terei informados...)

1 comentario:

  1. Que bonita actividad!!! Y me decia xurxo: no estaban cocidas mamaaa no se podian comer!! Jijiji

    ResponderEliminar