O pasado mércores, tivemos a gran sorte de contar coa visita do papá de CARLA, que viu á nosa aula a ensinarnos como se toca un instrumento moi especial: o BOMBO. Contounos moitas cousas sobre este instrumento, como que está feito de madeira e pel de vaca e falounos da súa historia. MIGUEL, o pai de Carla toca o bombo nun grupo de música tradicional da nosa zona, de Sobrada, chamado "TREBOEIROS DA MUIMENTA", que xa todos coñeceredes e tivo a amabilidade non só de vir, senon que ademais deixoulle tocar o bombo a cada neno/a e agasallouno cun dobre CD de música tradicional no que o seu grupo participa cunha fermosa canción.
NON TEÑO PALABRAS! MOITÍSIMAS GRAZAS, MIGUEL!
PASÁMOLO MOI BEN!!!!
Que bien!!! Que sorte tocar un bombo!!!
ResponderEliminarun video precioso eva !!graciassss
ResponderEliminarUn placer compartir momentos con eses pequerechos e mirar a cara de carla mirando non ten prezo.grazas.
ResponderEliminarEste comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminar