Seguimos dentro do proxecto IGUALARTE, centrados na PINTURA. Da moito de sí e aos pequechos lles encanta. Esta semana coñecimos a outra gran pintora: MARUXA MALLO, que ademais era galega - de Viveiro (Lugo). Algúns nenos e nenas da nosa aula trouxeron información moi interesante sobre ela e agora xa sabemos que tivo trece irmáns sendo un deles escultor, estudou Bellas Artes en Madrid, onde coñeceu a artistas e escritores como DALÍ ou GARCÍA LORCA. Viaxou tamén a París e alí comezou a súa etapa SURREALISTA. Foi tamén mestra de pintura e cerámica e estudou matemáticas e xeometría para aplicalos na súa obra.
Ten moitos cadros interesantes e pintou diversas temáticas: ELEMENTOS DA NATUREZA (Algas, caracolas, estrelas de mar, uvas, follas, flores), RETRATOS DE DISTINTAS RAZAS, MÁSCARAS, VERBENAS. En moitas das súas obras pódense apreciar FORMAS XEOMÉTRICAS con claridad.
Igual que FRIDA KAHLO, foi unha loitadora polos dereitos das mulleres e pola IGUALDADE e así o reflexaba nas súas obras.
Igual que FRIDA KAHLO, foi unha loitadora polos dereitos das mulleres e pola IGUALDADE e así o reflexaba nas súas obras.
Algúns videos interesantes sobre a súa vida e obra son os seguintes:
Canto estades a aprender! Moi boa entrada! Unha aperta.
ResponderEliminar