jueves, 6 de junio de 2013

CUMPLE DE ÁLEX C.!

O pasado día 2 de xuño foi o aniversario de ÁLEX C., que xa cumpliu 5 añazos! Por suposto, celebrámolo na clase con tirón de orellas tradicional, cancións e moita, moita festa!
 PARABÉNS, ÁLEX E QUE CUMPLAS MOITOS MAIS!!!!

CHARLA SOBRE FLORES: VISITA DA MAMÁ DE OLGA DE 5 ANOS

O pasado luns, visitounos a mamá de OLGA de 5 anos, para dar unha charla aos nenos e nenas de infantil sobre as flores, as súas partes, o proceso de polinización, como medran, e moitísimas cousas interesantes sobre elas. TERE, que así se chama a mamá de Olga, é bióloga e tamén mestra. Pasámolo moi ben e ademáis agasallounos a tod@s cunha flor para levar a casa!
MIL GRAZAS POR ESTA VISITA!

lunes, 3 de junio de 2013

VISITA A CAIXANOVA: "O XOGO DAS EXPRESIÓNS"

O pasado día 23 de maio, xoves, fixemos unha saída ao Centro sociocultural Caixanova, en Vigo, para recibir unha charla sobre ARTE e sobre como as obras de arte poden reflectir moitos e diversos sentimentos nas persoas. Poden facernos chorar, rir, poden asustar, asombrar, poden suxerirnos cousas... Pasámolo xenial alí e ata tivemos un TALLER DE ARTE!! Os pequechos fixeron unha cara con plastilina sobre papel e colorearon unha fermosa bolboreta.
Chegando a hora da merenda achegámonos co autobús ao PARQUE DE CASTRELOS e disfrutamos dos columpios e do bo tempo. Como nos gustan as excursións!!

VISITA CAIXANOVA - CASTRELOS from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.

domingo, 2 de junio de 2013

FESTIVAL 2013: "A CASA DA MOSCA CHOSCA"

O pasado venres día 31 de maio celebramos, al fin, o ansiado FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS do noso cole! Foi no auditorio de Goián. Estabamos moi nerviosos pero, despois de moitos ensaios, os pequechos fixérono.... como dicilo.... IMPRESSSSIOONAAANNNTTTEEEEE!!!
Os de 5 anos bordaron os papeis do conto "A CASA DA MOSCA CHOSCA" e os de 3 e 4 non se quedaron atrás interpretando as cancións da obra de teatro. Incrible, chicos!!! Sodes uns ARTISTAS!!! Por se alguén non o puido ver, aquí está a proba do ben que o fixeron e tamén algunhas fotos deles no festival!!!
INFANTIL FESTIVAL from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.

domingo, 26 de mayo de 2013

DÍA DA FAMILIA

O pasado 15 de maio foi o "DÍA DA FAMILIA" e como é tan importante para todos nós, quixemos facerlle un agasallo. Unha cesta chea de ovos de chocolate feita con envase de iogur forrado con papel pinocho e unha bolboreta. Por que non hai nada no mundo máis importante que a nosa familia, onde sempre recibimos agarimo, apoio, protección, seguridade: PARABÉNS FAMILIAS!
 
AGASALLO DÍA DA FAMILIA from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.

viernes, 24 de mayo de 2013

CONTA COMIGO: VISITA DA MAMÁ DE ÓSCAR

Pois si, seguimos tendo a sorte de recibir aos papás e mamás que teñen a amabilidade de vir a contarnos contos á nosa clase! Que ben, verdade? Nesta ocasión viu INÉS, a mamá de ÓSCAR e leunos "ADIVINA CUANTO TE QUIERO", un fermoso conto de temática emocional. Gustounos moitísimo!!!!

MIL GRAZAS POR VIR, INÉS, E POR PARTICIPAR NO NOSO CONTA COMIGO!

viernes, 17 de mayo de 2013

VISITAMOS AOS NEN@S DO CRA DE TOMIÑO!

O pasado día 8 de maio fomos á AULA DE AMORÍN para ter unha divertida xornada de xogos e convivencia cos nenos e nenas de catro aulas do CRA (Colexio Rural Agrupado) de Tomiño: Amorín, Taborda, Carregal e Piñeiro. Alí pasámolo xenial! Como a climatoloxía non acompañou, ao principio estivemos facendo xogos grupais e ata bailando! Despois houbo tempo para xogar na fabulosa finca que teñen en Amorín e para merendar! Foi unha merenda especial, xa que os peques de Sobrada fixemos ROSQUIÑAS DE MILLO para levar alí (apreoveitando o noso proxecto) e encantáronlles! Ademais todas as profes, tanto do CRA como de Sobrada, levamos biscoitos, tortilla e froita por se quedabamos con fame, pero que va!!! Sobrou moita comida, coma sempre...pero pasámolo moi ben. A ver cando repetimos!!!
GRACIÑAS DESDE AQUÍ ÁS MESTRAS E ALUMN @S DO CRA POLA BOÍSIMA ACOLLIDA!
ASÍ FIXEMOS AS ROSQUIÑAS PARA LEVAR AO CRA:

17 DE MAIO: DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Hoxe conmemoramos polo DÍA DAS LETRAS GALEGAS ao escritor ROBERTO VIDAL BOLAÑO, gran defensor da lingua galega e un dos promotores do teatro profesional en Galicia. Esta semana estivemos falando deste autor na aula e intentamos achegarnos un pouquiño a súa vida e obra. Coñecimos que naceu en Santiago no ano 1950, que tiña unha irmá, que lle gustaba moito andar en bici, disfrazarse, levar sombreiro e que escribía fermosas obras de teatro para adultos e tamén para os nenos/as, como a de "TOUPORROUTOU DA LÚA E DO SOL". Pero se queredes saber máis cousiñas deste autor e divertirvos xogando desde casa, aquí tedes unhas ligazóns interesantes:



martes, 14 de mayo de 2013

PEQUECHEFS: MACEDONIA DE FROITAS

Outra das receitas elaboradas no TALLER DE COCIÑA INFANTIL foi a MACEDONIA. Xa sabedes o importante que é a froita na nosa dieta. Resulta fundamental para a saúde e, de feito, todas as semanas comemos unha peza de froita á hora da merenda. Pois ben, no taller cortamos en anaquiños varios tipos de froitas (mazá, kiwi, pera, ananás, plátano, uvas, amorodos, melocotón...) e mesturámolos con zume de laranxa e azucre. Así de rica saíunos a nosa macedonia! Seguro que moitos de vos a tedes feito na casa. Está riquísima neste tempo primaveral! 
MACEDONIA from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.

domingo, 12 de mayo de 2013

PEQUECHEFS: GALLETAS DE CHOCOLATE

Había moito tempo que non publicaba un video dos pequechefs, así que aquí van as fotos de cando fixeron as galletiñas de chocolate. Aos pequechos de infantil encantoulles amasar e darlles formas variadas cos moldes: de estrela, de anxiño, de corazón... Fixemos galletas de dúas clases, unhas con ovo e cacao e outras con zume de laranxa. Vaia reposteiros! Riquísimas!! 
GALLETAS DE FORMAS from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.

miércoles, 8 de mayo de 2013

OBRADOIRO DE TOPONIMIA

Hai uns días, viñeron a facer un OBRADOIRO DE TOMINIMIA para os nenos/as de Infantil do noso colexio. Foi unha actividade ofertada polo concello que consistiu en facerlles ver aos pequechos a importancia que teñen todos os NOMES: Os seus nomes, os nosos, os das nosas mascotas, os dos lugares que visitamos, os da parroquia onde vivimos, os do concello de TOMIÑO, etc. Estivo moi ben e a eles encantoulles porque aprenderon de xeito lúdico: tiveron que "pescar o seu nome" nun río que tiñamos na biblioteca!! Que non o credes?? Ollade o video e veredes... jej. 
OBRADOIRO TOPONIMIA from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.

CUMPLE DE ÉRIKA!

O pasado día 1 de maio, que non viñemos a clase porque foi festivo, foi o ANIVERSARIO DE ÉRIKA, que xa cumpliu 5 anos! Celebrámolo ao día seguinte na aula por todo o alto como se merece! Cantámoslle, tirámoslle das orelliñas 5 veces e repartiu caramelos para todos e todas! Xa sabedes como nos gustan os cumples! Pasámolo pipa!!! 
PARABÉNS, ÉRIKA E QUE CUMPLAS MOITOS MÁIS!!

CONTA COMIGO: VISITA DA MAMÁ DE ALEXIA

O pasado xoves, recibimos a visita de ISABEL, a mamá de ALEXIA, que viu a nosa aula a contarlles un conto aos pequechos. Bueno, en realidade foron dous contos e eles estaban enganchadísimos!! Un deles era de adiviñar o animal do que falaba e entretívolles moitísimo! 
MIL GRAZAS, ISABEL, POR PARTICIPAR NO CONTA COMIGO! PASÁMOLO XENIAL!

domingo, 5 de mayo de 2013

UN CARIÑO PARA MAMÁ NO SEU DÍA...


dia da nai from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.

MARCAPÁXINAS COMELIBROS

Este ano polo DÍA DO LIBRO, que celebramos o pasado 23 de abril, primeiro visitamos o cole grande porque na biblioteca nos esperaban moitas novidades! Unha chea de novos contos dos que puidemos escoller un para levar para a clase! Despois confeccionamos uns MARCAPÁXINAS COMELIBROS moi orixinais!! Así de contentos estaban os peques despois de facelos!