O pasado día 25 de Novembro, MARTA cumpliu 4 anos! Celebrámolo por todo o alto na clase ao día seguinte, xa que o día do cumple coincidiu cunha excursión dos peques. Trouxo unha tarta de queixo que estaba de rechupete, soprou as velas, cantámoslle, bailamos e fixemos unha gran festa!! Aquí tedes as fotos da celebración.
PARABÉNS, MARTA!!
domingo, 29 de noviembre de 2015
CELEBRAMOS O CUMPLE DE MARTA!
O TRASNO DO COLE: CURUXO
Hai xa moitos días que non escribo no blog e con ganas de contarvos o que sucedeu na nosa aula. Apareceu unha carta por debaixo da porta da entrada! Estaba metida nun sobre de cor verde e firmada por un tal CURUXO, un trasno que temos no cole!! E vós preguntaredes... Que é un trasno? Pois él defínese coma un ser máxico que muda as cousas de sitio, fai que desaparezan, fai que aparezan outras... En fin, que ímolo pasar moi ben con él este curso.
Pediulles aos nenos e nenas da clase que trouxeran unha foto da súa parroquia e máis concretamente de algo que fose especial para cada un/unha. Despois de traela, cada neno/a explicou aos demais o que se podía ver na súa foto e por qué lle gustaba. Houbo de todo: fotos de parques de columpios onde o pasan moi ben, de mascotas que teñen e que queren moito, de charcas, de pontes, da súa casa... Agora formarán parte dun mural que temos no cole grande baixo o lema "COÑECÉNDONOS MELLOR"
GRACIAS, FAMILIAS, POR COLABORAR!
martes, 17 de noviembre de 2015
ESTUDAMOS O APARATO RESPIRATORIO!
Continuando co PROXECTO "O CORPO HUMANO", agora imos adentrarnos no tema da RESPIRACIÓN. Comezaremos coñecendo os pulmóns, como son, como chega o aire a eles, que función teñen e as partes do aparato respiratorio: FOSAS NASAIS, FARINXE, LARINXE, TRÁQUEA, BRONQUIOS, BRONQUIOLOS... Por suposto, axudarémonos dos recursos dos que dispoñemos no "recuncho do corpo" e dos videos que atopamos na internet e aportados polas familias. Aquí vos deixo algúns deles moi interesantes sobre este tema
lunes, 16 de noviembre de 2015
FAMILIAS NA AULA: VISITA DE JUDIT, MAMÁ DE YAISA
MOITÍSIMAS GRAZAS POR ENTRAR NA NOSA AULA E ENSINARNOS UNHA RECEITA TAN DELICIOSA!! É UNHA GRAN SORTE CONTAR COA COLABORACIÓN DAS FAMILIAS!
GRAZAS POR TODO, JUDIT! Mmmmm!!
PROXECTO O CORPO: OS MÚSCULOS
Despois de estudar o ESQUELETE en profundidade e aprender algúns nomes de ósos que temos no corpo, así como a súa funcionalidade e características, seguimos traballando, agora coa MUSCULATURA. Consultamos os recursos que temos na aula no "recuncho do corpo" e buscamos videos na internet que nos aclarasen as nosas ideas e así foi! Aprendimos que os músculos son blandos, que se encargan do movemento do corpo, estíranse e encollen e hainos de moitos tipos: a lingua e o corazón son músculos e coñecimos o BÍCEPS. Aquí vos deixo os videos para que repasedes na casa.
domingo, 15 de noviembre de 2015
CELEBRAMOS O MAGOSTO!
O pasado luns, día 9 de novembro, celebramos o MAGOSTO do noso cole! Despois de moitos días esperando a que houbera boa climatoloxía para poder festexalo no monte Aloia coma todos os anos, esta vez non puido ser... O tempo non nos deixou e tivemos que facelo no patio do colexio. Ainda así, pasámolo moi requeteben!!! Asamos as castañas aportadas por todas as familias do colexio que estában riquísimas e despois participamos nunha xornada de xogos tradicionais organizada polas mestras de Educación Física. Non paramos! Foi unha xornada xenial!
domingo, 8 de noviembre de 2015
FESTA TERRORÍFICA!!
(Se non sodes capaces de ver o video só tedes que entrar na páxina de "kizoa.es" e activar o plugin (un complemento) para poder ollalo nun móbil ou tablet. Se ainda así non o podedes ver pode ser que non teñades instalado o programa "flash player", polo que habería que ir ao "Play store" e descargalo.)
CABAZAS "MORCEGO" POLO SAMAIN
Para festexar a festa celta do SAMAIN, decoramos dun xeito especial as cabazas que trouxo cada neno/a á nosa aula. Agradecer desde aquí a todas as familias a súa colaboración aportando as cabaciñas. Pasámolo en grande disfrazándoas de morcegos!! Este foi o proceso de transformación (Se queredes ver o video en pantalla completa facede clic na frechiña que hai arriba á dereita do video). Pero que artistazos temos na aula!!
martes, 3 de noviembre de 2015
VIDEOS DE SAMAIN E HALLOWEEN
domingo, 25 de octubre de 2015
FAMILIAS NA AULA: VISITA DA MAMÁ DE XURXO!
Como sabedes, consideramos moi importante a implicación das familias no cole, xa que os nenos/as síntense moi motivados ao saber que mamá, papá, o avó, a avoa, ou calquera membro da familia van a vir á aula a facer algunha actividade. Neste curso, son moitos os familiares que se ofreceron a vir e a primeira visita foi a de VANESA, a nai de XURXO, que viu a contarnos un conto precioso preparado por ela mesma: "EL RATONCITO MARIANO". Os pequech@s pasárono pipa escoitándoa! Vaia contacontos máis especial! Encantounos!
MOITÍSIMAS GRAZAS POR FACER ESTA ACTIVIDADE PARA NÓS, VANESA!
DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
O 24 de Outubro conmemórase o DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES. Nós celebrámolo o venres 23 cunha sesión de contacontos e a reproducción dun video sobre o consumo responsable. Pasámolo moi ben na biblioteca do noso cole. Aquí tedes algunhas fotos da conmemoración e un dos videos que vimos que axuda moito a reflexionar sobre o noso xeito de consumir.
MÁIS RECURSOS SOBRE O CORPO!
Seguimos recibindo recursos sobre o CORPO HUMANO: libros, contos, información de internet, puzles, xoguetes... Que sorte temos de contar con tantas cousas! GRACIÑAS FAMILIAS! 


domingo, 18 de octubre de 2015
COMEZAMOS CO... ESQUELETE!
Despois de falar cos nenos/as sobre que lles gustaría aprender do corpo humano, decidiron que querían comezar investigando cousas do ESQUELETE. Para iso, consultamos no noso recuncho de recursos sobre o corpo e, nos libros atopamos moita información sobre él. Ademais, Xurxo, trouxo moitos videos adicados ás distintas partes do corpo e aparatos e, nesta ocasión, visionamos o video do APARATO LOCOMOTOR e aprendimos que o esquelete está formado por máis de 200 ósos, que son duros, que o cráneo é un óso que protexe ao cerebro e que as costelas protexen ao corazón e aos pulmóns! Moitísimas cousas!! Resultou moi interesante!
XOGOS ON LINE SOBRE O CORPO
PROXECTO: O CORPO HUMANO
Para este trimestre temos previsto investigar cousiñas sobre o CORPO HUMANO. Comezamos preguntándonos que coñecíamos acerca do noso corpo e que nos gustaría aprender sobre él. Novamente pedimos a colaboración das familias e éstas aportaron recursos moi interesantes: libros de consulta, videos, contos sobre o tema. Estamos moi motivados e con ganas de aprender!
Aquí vos deixo un resumo do que dixeron os nenos/as cando comezamos o proxecto. Pero que listos son!
GRAZAS, FAMILIAS, POR APORTAR TANTOS RECURSOS E AXUDARNOS A APRENDER!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)










