Para este trimestre temos previsto investigar cousiñas sobre o CORPO HUMANO. Comezamos preguntándonos que coñecíamos acerca do noso corpo e que nos gustaría aprender sobre él. Novamente pedimos a colaboración das familias e éstas aportaron recursos moi interesantes: libros de consulta, videos, contos sobre o tema. Estamos moi motivados e con ganas de aprender!
Aquí vos deixo un resumo do que dixeron os nenos/as cando comezamos o proxecto. Pero que listos son!
GRAZAS, FAMILIAS, POR APORTAR TANTOS RECURSOS E AXUDARNOS A APRENDER!
Os nenos sempre nos sorprenden. As ganas que teñen de aprender e o listos que son. E xenial
ResponderEliminar