domingo, 31 de enero de 2016

CUMPLE DE KEVIN

O día 21 de xaneiro KEVIN estivo de aniversario! Foi o primeiro da clase en cumplir os 5 anos! Trouxo caramelos para todos, cantámoslle e tirámoslle das orellas. Pasámolo pipa! PARABÉNS, KEVIN!

VISITA DA MAMÁ DE KEVIN!

O pasado día 20 de xaneiro tivemos unha sorpresa! Viu a mamá de KEVIN á nosa aula a facer un BISCOITO DE LIMÓN. Estabamos entusiasmados coa súa visita e encantados de que nos ensinara esta deliciosa receita. Aquí tedes as fotos que fixemos ese día. Estaba riquísimo!! 
MIL GRAZAS, ANA!!

jueves, 28 de enero de 2016

CARTA A PAPÁ NOEL

Aquí tedes un video con todas as cartas que lle entregaron os nenos e nenas de Infantil e 1º ciclo a Papá Noel cando veu a visitarnos no 1º trimestre, cortesía da ANPA do noso cole e, concretamente, do papá de XURXO, autor desta fermosa montaxe. MOITÍSIMAS GRAZAS!! Seguro que todos os desexos dos pequenos cumplíronse!!

martes, 19 de enero de 2016

NOVO PROXECTO: O UNIVERSO!

Neste trimestre comezamos proxecto adentrándonos no espacio exterior! Imos investigar cousiñas sobre o UNIVERSO: O Sistema Solar, as fases da lúa, os planetas, as galaxias, as estrelas, os meteoritos, os astronautas. En definitiva, todo o que ten que ver co espacio e o que nos de tempo a ver.
Como xurdiu este proxecto? Pois unha mañá apareceu na porta da clase unha carta e un agasallo. A carta era de CURUXO, o trasno do cole e o agasallo era un FOGUETE!! 
Os nenos e nenas estaban cada vez máis motivados co tema e, coma sempre, pedimos colaboración ás familias para aportar recursos que tiveran na casa. As familias mandaron moitísimas cousas e temos un recuncho sensacional na clase. Imos aprender moitas cousas!!
MIL GRAZAS, FAMILIAS!


lunes, 18 de enero de 2016

AS FOTOS DAS NOSAS PARROQUIAS

Xa hai tempo que temos colocadas as fotos que aportáchedes alusivas ás parroquias onde vive cada neno/a. Témolas nas paredes do cole grande e fomos a ver como quedaran. Encantounos vernos reflexados nelas e coñecer un pouco mellor o fermoso lugar onde vivimos! 
GRAZAS, FAMILIAS, POR AXUDARNOS A FACER REALIDADE ESTA ACTIVIDADE E MANDAR A FOTO Ó COLEXIO!

TRABALLANDO CON LEGUMES!

Ola a todos de novo! Xa de volta das vacacións de Nadal e ainda non tivera tempo de escribir no blog, pero temos moitas novidades que contarvos. A primeira é que tivemos na nosa aula a visita de PATRI, que viu a facer unha actividade cos peques ofertada polo concello de Tomiño. Son catro sesións, coma tiveramos o ano pasado, e están relacionadas coas plantas e a natureza. Nesta primeira sesión Patri faloulles das LEGUMES, ensinoullas e cada neno/a tivo que decorar con elas un debuxo celta elixido por eles/elas. Mirade que bonitos quedaron. Agora formarán parte da exposición que se levará a cabo na MOSTRA DE CULTIVOS DE GOIÁN (coido que será no mes de marzo ou abril, pero xa vos terei informados...)

jueves, 31 de diciembre de 2015

UN DESEXO PARA TOD@S...

DECORANDO E FACENDO MANUALIDADES...

Aquí vos deixo unhas fotos dos peques pintando a árbore de nadal que decora a fiestra da nosa aula e facendo unha manualidade para levar para casa: unha árbore de nadal moi orixinal para decorar no voso salón ou na habitación. Pasámolo pipa decorando no Nadal!

VISITANDO A EXPOSICIÓN DE INVERNO

Aquí tedes as fotos dos marabillosos traballos que fixeron as familias do noso alumnado para a EXPOSICIÓN DE INVERNO. Esta é unha exposición que se leva facendo hai moitos anos grazas á colaboración das familias e que está chea de traballos incribles, este ano relacionados co Nadal e co coidado medioambiental. Antes de rematar as clases, fixemos unha visita para ver os traballos e quedamos abraiados. Unha presiosidade!!
MIL GRAZAS, SEMPRE, POR COLABORAR, FAMILIAS!

lunes, 28 de diciembre de 2015

PAPÁ NOEL CHEGOU A SOBRADA!

O derradeiro día de cole antes das vacacións de Nadal, PAPÁ NOEL viu a visitarnos! Estabamos emocionados esperando a súa chegada e escribímoslle unha carta para entregarlle persoalmente ese día. Gustounos moito saudalo, darlle un bico e falar un rato con él. Ademais recolleu as nosas cartas e agasallounos cunha bolsa de caramelos. Que sorte tivemos!! Grazas Papá Noel! (Lembrade que para poder ollar o video en pantalla completa tedes que premer no cadradiño ca frecha que está arriba á dereita).
FELIZ NADAL, FAMILIAS!

lunes, 21 de diciembre de 2015

CELEBRAMOS O CUMPLE DE YAGO!

E tivemos a gran sorte de contar con outro cumple máis na derradeira semana antes das vacacións de nadal! YAGO tamén cumpliu 4 anos onte, día 20 de decembro! Por iso, quixemos celebralo na aula antes do remate das clases e o evento foi o xoves 17. De novo pasámolo de rechupete!! trouxo unha tarta riquísima que degustamos encantados, soprou as velas, cantamos, bailamos...Unha grande festa!! 
PARABÉNS, YAGO!

CELEBRAMOS O CUMPLE DE MARIO!



O pasado mércores día 16 de decembro celebramos o cumple de MARIO, xa que o 20 cumpliu 4 anos! Trouxo unha tarta deliciosa que nos encantou a todos e fixemos unha festa como merecía! Baile, cancións, tirón de orellas...A lo grande! Pasámolo moi ben! Aquí tedes as fotos do seu cumple!
 PARABÉNS, MARIO!!

martes, 15 de diciembre de 2015

CELEBRAMOS O CUMPLE DE CARLA!

Nesta última semana antes das vacacións de Nadal, temos varios cumples que celebrar, xa que hai 3 nen@s na aula que cumplen cando xa non temos clase. Este é o caso de CARLA, que cumple 4 aniños o día 22 de decembro. Por iso, hoxe celebramos o seu cumple decorando unha coroa especial para ela, cantándolle, bailando e co tirón de orellas tradicional! Carla trouxo unha tarta riquísima, de chocolate con biscoito, soprou as velas e repartiu caramelos para todos!
PARABÉNS, CARLA!
 EN NADA XA TES 4 ANOS!!

FAMILIAS NA AULA: VISITA DO PAPÁ DE IVÁN

O pasado xoves, día 10 de decembro, tivemos a sorte de contar coa presenza na aula de ALBERTO, o papá de IVÁN, que ofreceuse a vir a tocar panxoliñas coa súa guitarra! Pasámolo en grande cantando con él. Apareceu cun gorro de papá Noel, enchendo a nosa clase de notas musicais e ambiente navideño. De feito, sacamos todos os instrumentos que tiñamos: pandeiretas, pandeiro, crótalos, maracas, campás, triángulo, etc. e acompañámolo tocando e cantando todos xuntos. Foi unha xornada máxica!!
MIL GRAZAS, ALBERTO, POR FACER ESTA ACTIVIDADE CON NÓS! PASÁMOLO MOI BEN!

lunes, 14 de diciembre de 2015