sábado, 24 de diciembre de 2011

GRAZAS, PROFE ANTÍA!

Rematado o primeiro trimestre do curso, temos que dicirlle "adeus" con moitísima pena á nosa mestra ANTÍA, xa que viu á aula de 3 anos para pasar os primeiros meses do curso. Parece incrible o rápido que pasa o tempo. Dende aquí quero agradecerlle o seu labor. Eu non tiven unha alumna de prácticas senón unha compañeira máis, moi traballadora e agarimosa cos nen@s que colaborou e axudou moitísimo na vida da aula para que todo saíse á perfección. Espero térlle axudado e que recorde esta experiencia con cariño. Nós non a esqueceremos e convidámola a vir á aula sempre que queira. Por suposto!! Mentres esperamos a súa vindeira visita, aquí deixo este video resumo do seu paso polo ceip de Sobrada:
ATA SEMPRE, ANTÍA!
BOTARÉMOSTE DE MENOS!

5 comentarios:

  1. Eva, me deixas sen palabras... é precioso! Moitisimas grazas por esto, por axudarme tanto e ser tan boa mestra como eres! Foi unha das mellores experencias da miña vida!

    Moitisimas grazas de novo!

    ResponderEliminar
  2. E un video moy bonito,que pena que marche a profe Antia.
    Adeus profe Antia canto te vou votar en falta
    Un biquiño de Noe pra profe Antia e a profe Eva

    ResponderEliminar
  3. Gracias a los premios 20blogs he conocido este estupendo blog, me alegro un montón. Te invito a conocer el mío que es de recursos para infantil.

    http://www.actividadeseducainfantil.blogspot.com/

    Te he dejado un comentario en los premios, y si te sobra un votito, pues ya sabes...
    Me hago seguidora ya, tú puedes hacer lo mismo, si te gusta el mío, claro.
    Un abrazo maestril!!!

    ResponderEliminar
  4. Perdón, Eva, veo que tienes mi blog en tus favoritos, pero no te veo como seguidora, ummmm! es raro, pero no te encuentro.

    ResponderEliminar
  5. Grazas a ti, Antía, por axudarme tanto ó longo de todo este tempo. Espero que sigamos en contacto e poidamos usar o skipe para que os nen@s te poidan saudar pronto!
    Grazas a Noé e á súa familia polos comentarios. Agradécense moito!!
    Grazas tamén a ti, Blanca, por votar este blog e polas túas palabras. Eu tamén votarei o teu, claro! porque o sigo dende hai tempo e encántame!

    ResponderEliminar