domingo, 22 de enero de 2012

ARREDOR DO MUNDO: ASIA

A pasada semana, Fabián chegou á clase con información sobre ASIA, o continente máis grande do planeta. Por iso, decidimos comezar a nosa andaina arredor do mundo aprendendo cousiñas da cultura asiática, que semella moi interesante e exótica para nós.
 Nos seguintes videos podedes ver paixases fermosísimas dalgúns países asiáticos. As casas en Asia, os costumes e tradicións, os rasgos físicos...

Como non podemos adicarlle todo o tempo que quixeramos a todos os continentes, centrarémonos en coñecer un pouquiño algúns países de cada un deles. No caso de Asia viaxaremos á China, Xapón e á India.
Estade moi atentos ás nosas investigacións!

1 comentario:

  1. Cantas cousiñas ides aprender sobre Asía!!! Nós estaremos moi atentos ás vosas entradas para aprender tamén. Biquiños.

    ResponderEliminar