Ola de novo!
Onte, lembrando os estupendos traballos que fixeron os peques coas súas familias para a exposición de inverno baixo o lema: "UN MUNDO MELLOR" e, aproveitando que na clase temos un globo terráqueo, estivemos falando do noso PLANETA. A intención era coñecer un pouquiño cales eran as ideas previas dos nen@s sobre o MUNDO e acerca dos distintos tipos de persoas con formas de vida e costumes diferentes que habitan nel.
Non todos os nen@s se pronunciaron, pero os que o fixeron aportaron cousas moi interesantes, que axudarán a saber de onde partir nas súas aprendizaxes sobre as distintas culturas que hai no mundo. Estas foron algunhas das cousas que dixeron :
- O PLANETA É REDONDO (Iria)
- NEL VIVE MOITA XENTE (Gael)
- NÓS VIVIMOS NUN SITIO QUE SE CHAMA GALICIA (Anxo)
- GALICIA É MOI GRANDE (Desirée)
- GALICIA É MOI PEQUENA (Álex C.)
- SABEMOS ONDE ESTÁ GALICIA PORQUE TEN UNHA PEGATINA (Fabián)
- O PLANETA TEN LAGOS (Iria)
- O PLANETA TEN PEIXES (Tania)
- NO PLANETA VIVEN MÁIS PERSOAS (Antonio)
- NO PLANETA HAI CHINITOS (Anxo)
- OS CHINITOS TEÑEN OS OLLOS ESTIRADOS (Óscar)
- OS CHINITOS SON NEGROS (Fabián)
- OS CHINITOS SON ROSAS (Anxo, Álex C.)
- OS PEIXES ESTÁN NA AUGA DO MUNDO (Álex I.)
- O MUNDO TEN CEO (Iria)
- O MUNDO ESTÁ CONTENTO (Anxo)
- HAI POBRES QUE TEÑEN GANAS DE COMER E VIVEN EN GALICIA E ESPAÑA (Fabián)
- HAI OUTROS NENOS POBRES QUE NON TEÑEN REGALOS (Álex I.)
Partindo de todas as frases que aportaron, pregunteilles que cousas lles gustaría aprender sobre as distintas culturas que hai no mundo e estas son as cuestións que se plantean os nen@s para comezar a investigar:
Como se vive noutros países?
Que comen os nenos que viven noutros países?
Como se visten?
Onde e como durmen?
Como son os seus zapatos?
Todos van en coche?
Como fan as letras?
Como falan? Entendemos o seu xeito de falar?
Parece un proxecto do máis interesante. Desde AulaTic estaremos moi atentos á vosa investigación. Un saúdiño.
ResponderEliminarCaray gústame moito este proxecto! e polo que veo os nenos aportan cousas moi interesantes! que listiños son!
ResponderEliminar