lunes, 20 de febrero de 2012

MERENDOLA DE ENTROIDO

O pasado venres, os nen@s viñeron disfrazados para festexar o entroido no colexio. Cadaquén elixiu o disfraz máis variopinto: pantera rosa, sevillana, fada madriña, bolboreta, zorro, paiaso, peter pan, policía, cíngara, , indio, ninja, de todo!! Estaban guapísimos todos e todas e sacámonos varias fotos todos xuntos. Dende aquí agradecer ás familias dos nen@s a súa implicación e dedicación nesta semana de entroido para que os nen@s viñeran acordes coa orde do Meco de cada día e marabillosamente disfrazados para a festa do venres.
Como era un día especial fixemos unha gran merendola para festexar o entroido e... Sabedes que pasou mentres merendabamos? Pois....sorpresa, sorpresa...  ENTROU A PROFE ANTÍA NA AULA!!!
Que cariña se nos quedou! Menuda alegría levamos de ver á nosa profe Antía outra vez!
Aquí tedes algunhas fotos da nosa festa!
 GRAZAS POR ESTA VISITA, PROFE!!!

3 comentarios:

  1. Que festiña máis divertida! E que guapos estaban todos! Un biquiño.

    ResponderEliminar
  2. Graciñas a vos por recibirme tan ben! espero poder volver prontiño!

    ResponderEliminar
  3. por certo o video é chulísimo!

    ResponderEliminar