domingo, 5 de febrero de 2012

O MEU PRIMEIRO LIM

Grazas a un cursiño sobre Lim que fixen hai uns días en Cangas coa marabillosa xente de Tadega, velaquí esta o meu primeiro libro de actividades interactivas. Prometo ir avanzando e facelo moito mellor, pero estou contenta co resultado. Nel participaron algúns nen@s da clase. Xa que este curso adicámolo á PAZ e á TOLERANCIA, aquí volo deixo para que xoguedes na casa.  

Graciñas Belén, Patri e Sara, por axudarme a publicalo!!

6 comentarios:

  1. Quedouche moi chulo Eva! Os teus pequechos van disfrutar moito xogando co LIM! A verdade é que é un pouco rollo subilo ao blog, eu xa che digo que a ver se me acordo como fixen para a seguinte vez! ;) Saludiños!

    ResponderEliminar
  2. O primeiro é sempre o que costa un pouquiño. Nós tamén imos comezar un para sabelos facer. Esperamos que chegada a hora nos salga tan ben como a ti. Bicos.

    ResponderEliminar
  3. Parabéns profe. As grazas non se merecen.
    Xa sabes ti (e as demais profes que comentan aquí que podedes contar coa miña axuda)
    moitos bicos

    ResponderEliminar
  4. Grazas, guapas! Sodes uns soletes!
    Graciñas, Belén, por ser tan xenerosa e axudarnos tanto coas novas tecnoloxías!
    Un biquiño para todas!

    ResponderEliminar
  5. Eva quedouche chulísimo, non se nota para nada que é o primeiro. En canto a subilo ao blog, éche moi sinxelo. Eu teño un código para incrustalo que é o que utilizo con todos, o unico que fago e cambiar a dirección do libro lim pola nova e xa está. Se o queres dame un correo e cho paso. Un biquiño.

    ResponderEliminar
  6. Grazas, Ana! A verdade é que o de subilo ó blog costoume moito...pero coa axuda que recibín das compis,moi ben. Se me deixas o código, agradézocho moitísimo! Agora teño que facer maís libros lim para non esquecer o que aprendín no curso.
    O meu correo é: cadernodepequechos@gmail.com
    Mil GRAZAS, Ana!!!

    ResponderEliminar