lunes, 23 de abril de 2012

BIBLIOBURRO POLO DÍA DO LIBRO

Hoxe, 23 de Abril, celebramos o DÍA DO LIBRO no colexio. Na biblioteca, a profe Esperanza contounos un conto titulado "BIBLIOBURRO", que nos gustou moitísimo! A historia transcurre en Colombia e trata de como un home bondadoso lle fai chegar aos nen@s colombianos, que non teñen a sorte de ter un biblioteca coma nós, gran cantidade de libros levándoos a lomos de dous burros que él ten: "ALFA" e "BETO". Está basado en feitos reais e aquí vos deixo o video documental sobre Luis Soriano e o seu "BIBLIOBURRO", así como as fotos da xornada de hoxe na biblioteca. Pasámolo xenial!


1 comentario:

  1. Gústame a historia de Alfa e Beto, non a coñecía, heína aproveitar outro ano polo Día do Libro. Nótase que pasáchedes unha mañá fantástica e hai que ver que atentiños están todos. Unha aperta.

    ResponderEliminar