lunes, 23 de abril de 2012

SEGUIMOS CO TRABALLO COOPERATIVO

COLORINES
OS PINTORES
OS UNICORNIOS
OS CABALIÑOS
Como xa vos comentara noutras ocasións, intento introducir na aula un modo de traballar de forma COOPERATIVA, por equipos, facendo que os propios alumnos/as sexan quen de axudar aos seus compañeiros nas súas aprendizaxes; que non todo se ciña ao traballo individual co que todos nós aprendimos cando iamos a escola, senón que se combine tamén con outro xeito de traballar: o TRABALLO EN EQUIPO, desde pequeniños, axudándonos os uns aos outros a superar as dificultades. Para iso temos ubicado na aula un pequeno recuncho: O RECUNCHO DA COOPERACIÓN e alí, os catro equipos que temos na clase, realizan distintas actividades grupais case todos os días.
Nos anteriores trimestres,  levamos a cabo varias dinámicas de cohesión de grupo, como "A PELOTA" ou a "TEA DE ARAÑA" (se fas clic nos nomes das dinámicas poderás visualizar os videos)
Cando estaba rematando o 2º trimestre fixemos outra dinámica chamada "O BLANCO E A DIANA". Cada equipo pasou polo recuncho da cooperación e todos os seus membros tiñan que pegar nunha diana debuxada nunha cartulina a súa foto,  escribir o seu nome e algo que lle gustara moito facer. Despois de analizar coa profe todo aquilo que escribiron, entre todos buscaron un NOME para cadanseu  equipo.
Así xurdiron os seguintes nomes:

Equipo de ÓSCAR, DESIRÉE, SILVIA e FABIÁN:
"OS PINTORES"
Equipo de ALEXIA, ANXO, ÁLEX C., NOÉ e TANIA:
 "OS CABALIÑOS"
Equipo de ARÓN, GISELA, ALEJANDRO I. e IRENE: 
 "COLORINES"
Equipo de IRIA, ANTONIO, HUGO e GAEL:
  "OS UNICORNIOS"

No hay comentarios:

Publicar un comentario