Coa finalidade de coñecernos mellor os uns aos outros, na aula estamos levando a cabo unha nova DINÁMICA DE TRABALLO COOPERATIVO: "A SILUETA". A dinámica consiste en que un neno/a lle faga a silueta cun rotulador a un compañeiro/a mentres éste permanece tumbado no chan sobre papel contínuo. Unha vez feita a súa silueta, cada nen@ da clase debe dicir unha característica dese nen@, algo de como é ou algo que lle guste a ese neno, algún rasgo físico, etc. A profe, despois, anota todas as súas aportacións dentro da silueta do neno/a en cuestión.
Están saíndo cousas moi chulas, pero imos pouco a pouco porque son moitos nen@s para facer esta actividade. De momento déixovos cun resumo de como se formaron as siluetas de IRIA, ANTONIO, ÁLEX C., HUGO, IRENE, ANXO e NOÉ. Nos vindeiros días, conforme vaiamos avanzando, poderedes ver as dos restantes nen@s.
(para poder ler as aportacións dos peques, dádelle á pausa no video!)
"carai"profe cada dia sorprendesnos mais cas actividades da clase, que orixinal. noraboa
ResponderEliminarSeguro que lles encanto! Así si que é sinxelo aprender e traballar o tema do corpo. Bicos.
ResponderEliminarAlégrame que che guste a actividade, Belén! A min tamén me gusta facer as clases diferentes, pero iso é grazas ao APRENDIZAXE COOPERATIVO, un xeito novo de aprender que cada día engánchanos máis e cuxas ideas parten, entre outros autores, de PÉRE PUJOLÁS, un pedagogo catalán que escribiu libros moi interesantes sobre a importancia do traballo en equipo e a axuda mutua. As dinámicas do ano pasado (A PELOTA, A TEA DE ARAÑA, A DIANA) tamén son deste autor. Espero poñer en práctica moitas máis e ver se resultan!
ResponderEliminarUn biquiño e grazas!
Ola profes de infantil! Xa sabedes que iso de tumbarnos no chan gústanos moito!! jijij. Un biquiño!
ResponderEliminarQ forma mais bonita d aprender o corpo e divertirse a vez un saudo profe eva
ResponderEliminarEu tamén o fixen un ano cos de infantil e o pasaron en grande. Resulta toda unha experiencia para eles. Vendo as caras que teñen, non me equivoco nadiño se digo que o pasaron xenial, non? Un gran xeito de aprender o corpo. Unha aperta.
ResponderEliminarOla Ana mamá de Silvi! A verdade é que o estamos pasando moi ben ca actividade!
ResponderEliminarA ver si facemos a silueta dos demais e podedes ver a segunda parte! Unha aperta grande e vémonos o martes na reunión!
Que tal, Ana! Non sabía que deras clase en infantil, todo terreno! Tés razón en que é toda unha experiencia para eles e ademais lles axuda a tomar conciencia de como son os seus compañeiros, a coñecelos máis se cabe. Un biquiño!
QUE VEN O PASAN ESTES PEQUECHOS
ResponderEliminarOla Diana! Que ben que te animes a comentar! Benvida ao caderno de pequechos!!
ResponderEliminar