sábado, 8 de septiembre de 2012

VÉMONOS PRONTO!

Ola a tod@s!! Xa quedan pouquiños días para reencontrarnos en clase!! Voltaremos ao colexio o vindeiro MÉRCORES DÍA 12 DE SETEMBRO en horario normal de 9 a 14h
 Xa botaba de menos escribir cousiñas no blog e poder seguir disfrutando dos meus pequechos despois de tanto tempo!! Espero que voltedes con moitas ganas de aprender, disfrutar, xogar, estar cos/as compis, cos/as profes e sobre todo, dispostos a gozar de todas as sorpresas que nos esperan neste novo curso que xa comeza. 


Como sabedes, cada ano centramos as nosas investigacións arredor dun determinado tema ou eixo transversal. Neste curso trataremos a EDUCACIÓN PARA A SAÚDE, A ALIMENTACIÓN E O CONSUMO, polo tanto os nosos proxectos estarán relacionados, na medida do posible e sempre tendo en conta o interese do alumnado, coa adquisición de hábitos de vida saudables tales como a hixiene, a prevención de enfermidades, a adecuada alimentación, a prevención de accidentes e situacións de risco, o consumo responsable... En fin, que nos esperan moitas novidades e será marabilloso disfrutar de todas elas con vós!!!


Vémonos pronto, pequechos!! 


6 comentarios:

  1. Feliz comezo de curso! O mércores sairemos de dúbidas. Bicos.

    ResponderEliminar
  2. Hola eva imos ver q tal empezamos esperemos q o comenzo sexa mellor co ano pasado vemonos o mercores

    ResponderEliminar
  3. Eva, que teñades un boísimo curso. Estaremos moi atentos aos vosos novos proxectos. Unha gran aperta.

    ResponderEliminar
  4. Benvidas de novo ao blog! Eu tamén vos desexo un felíz comezo de curso e, por suposto, estarei tamén moi atenta ós proxectos que levedes a cabo. Seguimos en contacto a través dos blogs!!! Mil bicos!
    Que tal, Ana? Imaxino que este sería un verán moi especial disfrutando de Silvia e de Carla. Non te preocupes polo comezo de Silvi! Xa verás como enseguida se adapta outra vez e segue tan risueña coma sempre!! Un biquiño e ata o mércores!

    ResponderEliminar
  5. profe e un gusto reincorporarse a clase de novo os meus mellores desexos para este novo curso. seguro que o vamos a pasar en grande todos mamas incluidas. Xa sabes que estamos a tua enteira disposicion para o q necesites. Un bikiño. Ata maña

    ResponderEliminar
  6. Moitísimas GRAZAS, Belén!! Creo que tés moita razón niso de que o vamos a pasar en grande ó longo deste curso. Sei que estades sempre ahí e que teño moita sorte contando con mamás e papás tan implicados. Para min é un placer que comece o curso de novo que seguro nos vai a deparar moitas sorpresas e, o mesmo digo, aquí me tedes SEMPRE para o que precisedes!!
    Unha aperta grande!! Vémonos en clase!

    ResponderEliminar