Dende a biblioteca do noso cole, comeza esta iniciativa para que material audiovisual, contos e libros para todas as idades cheguen ás nosas casas. E digo "nosas" porque os profes tamén temos unha mochila viaxeira! Na nosa clase temos unha mochila que xa pasou pola casa de Noé, onde estivo 15 días, que é o tempo que deben estar en cada casa para que todos os peques e as súas familias poidan disfrutar o material que conteñen. Onte tróuxoa de volta e levouna Anxo todo contento. Espero que a disfrutedes moito dela!
Se queredes máis información sobre as mochilas visitade o BLOG DA BIBLIOTECA AXEXO.
Só tedes que facer clic na imaxe seguinte!
Hola Eva foy unha esperiencia moy bonita, non sei se lle botastes unha ollada a libreta dos comentarios porte o cd dos xogos foi imposible poder velo a Noé quedoulle moita pena.tamen aprobeito pa decirte se podemos quedar pa falar un pouco de como progresa Noé no cole pero ten que ser a semana que remata o cole.Un saudo Ana
ResponderEliminarA verdade e q a chegada da mochila viaxeira a nosa casa foi todo un acontecemento, non sabiamos por donde empezar, si ler o conto, ver a pelicula, ou facer unha receita do libro de cociña, Anxo queria todo a vez, xa veremos como acabamos. un saudo
ResponderEliminarOla mamis, graciñas SEMPRE polos comentarios... Alégrame que vos guste a mochila viaxeira e todo o que trae dentro. Menos mal que temos 15 días para disfrutala!
ResponderEliminarAna, sinto moito que non puidérades utilizar o xogo. Seguramente non é un problema do cd. Non sei se vos déchedes conta de que para poder xogar hai que instalalo previamente no ordenador. Sempre pasa cos cds de Pipo. É un pouco lioso, a min tamén me ten pasado. De todas formas preguntareille a Belén, a mamá de Anxo, si a eles tamén lles pasou ou se poideron xogar con él e xa che contarei..
Podemos quedar para falar o martes, día 18 ás 17:30 se che vén ben. Un saúdo!
Hola Eva pareceme ben o dia 18,tamen che comento que si intentamos instalar o xogo no ordenador e non nos deixou.A ver que dice belen.Un saudo
Eliminar