Onte tivemos unha visita moi especial! A mamá de Anxo, BELÉN, acudiu á nosa clase para falarnos de ESPONXAS VEXETAIS que nacen na súa horta. A verdade é que con todo o que nos contou e coas esponxas que trouxo quedamos abraiados. Falounos da planta das esponxas, de que hai que pelala e despois sacarlle as pepitas que ten dentro (que son parecidas ás das cabazas pero dun cor máis escuro) e lavala con lexía para que quede limpiña e a poidamos utilizar. Tamén trouxo un cachiño de esponxa para cada nen@. Menudo descubrimento!
(Se pinchades na foto de Belén, poderedes acceder a unha páxina con máis información sobre o cultivo de esponxas naturais)
(Se pinchades na foto de Belén, poderedes acceder a unha páxina con máis información sobre o cultivo de esponxas naturais)
GRACIÑAS POR VIR DE NOVO, BELÉN, E CONTARNOS COUSAS TAN INTERESANTES!
Eva, grazas a túa entrada acabo de aprender tanto como os nenos. Non tiña nin idea. Unha aperta.
ResponderEliminarEspero que os nenos disfrutaran tanto coma min. Un bikiño, e moitas gracias por colarme na vosa clase.
ResponderEliminarDisfrutamos e aprendimos moito, os nen@s e a profe, Belén! GRACIÑAS a ti por estar sempre disposta a entrar na clase e por ter a iniciativa de vir a contarnos algo tan interesante.
ResponderEliminarEspero que Anxo se poña ben pronto. Unha aperta grande!