lunes, 11 de febrero de 2013

MENÚ SAUDABLE NO FESTIVAL DE ENTROIDO!

Aquí vos deixo algunhas das fotos do desfile e festa de entroido que celebramos o pasado venres no patio do colexio. Todo o centro disfrazouse acorde co tema que estamos a traballar este curso: A SAÚDE, O CONSUMO E A ALIMENTACIÓN. Os pequechos de Infantil en concreto fixemos alusión a este último tema e entre todos formamos un MENÚ SAUDABLE: Os de 3 anos foron de 1º prato: ensalada; os de 5 anos foron de 2º prato: polbo á feira; e os da nosa aula de 4 anos fomos de Sobremesa: froita variada. Pasámolo xenial lucindo os disfraces. Dende aquí quero agradecer ás familias as súas marabillosas aportacións tanto para o disfrace (os fantásticos gorros de cociñeiros; o material de refugallo) como para a festa (riquísimos postres de entroido) e tamén MOITAS GRAZAS POR ASISTIR!
FESTIVAL DE ENTROIDO from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.

3 comentarios:

  1. "espectaculares" non se pode describir con outras palabras, un traballo xenial, todos traballastes arreo pero o resultado fala por si solo. Graciñas profe...

    ResponderEliminar
  2. Jo, Belén, non me tes que dar as grazas! Alégrame que che gustara o desfile. Non sabes o que traballaron os peques... teño probas!!! Pronto colgarei un video co seu traballo ó longo deste mes desde que chegamos das vacacións de nadal...
    Graciñas a ti por ser unha bloguera de primera e pola túa adicación e colaboración co colexio.

    ResponderEliminar
  3. Eva, quedáronvos uns disfraces espectuaculares e moi orixinais amáis de cunha boísima mensaxe. Gústanme o mellor dito, encántanme. Unha aperta.

    ResponderEliminar