Despois da visita da mamá de Álex, o luns pasado fixemos un xogo. En realidade, trátase dunha dinámica de traballo cooperativo chamada: "MUNDO DE CORES" (como outras que temos levado a cabo, como "A PELOTA", "A TEA DE ARAÑA" ou "A SILUETA"). Consistiu no seguinte: Cada neno/a tiña que poñerse de cara á parede e pechar os ollos mentres eu lles puña unha pegatina dunha cor na espalda. Despois tiñan que abrir os ollos e agruparse eles solos en función da cor que tiñan. O quiz do xogo está en buscarlle solución a un problema que xurdiu no reparto de cores...
Queredes comprobar o que pasou? Aquí vos deixo o video para non perder detalle das súas conclusións! Estes pequechos están madurando moito!
Un conto que xa publicara pero que ten moito que ver con esta dinámica que fixemos sobre a importancia da amizade, de non afastar a ninguén, de eliminar barreiras, de integrar e facer que os que temos ao lado se sintan ben: "POR CUATRO ESQUINITAS DE NADA"
como nos gustou esta actividade, moi chula profe, e moi ludica, non hai dubida que foi xenial.
ResponderEliminarGústanme un montón as vosas dinámicas cooperativas. Unha aperta.
ResponderEliminarAlégrame que vos gustaran!
ResponderEliminarBelén, que reacción máis boa e bonita tivo Anxo con Alejandro verdade? Un biquiño
A verdade e que si, eu disfruto vendoos, oxala esta sociedade non destrua os bos e inocentes sentimentos destes pequechos. Gracias Eva por amosarnos estes momentos tan dulces que vives cos nenos. Moooitas Gracias.
ResponderEliminarHola Eva me encantou este xogo de actividades estubo xenial.Aprobeito pra decirte que Noé es ta maliño espero co mercores poida ir a clase e mañan pola tarde acercote eu a autorización pola tarde o cole un saudo Ana
ResponderEliminarOk, Ana! Espero que Noé e os peques que non puideron vir hoxe a clase se poñan ben pronto, que o mércores imos ao supermercado! Un biquiño e a recuperarse!
Eliminar