A semana pasada, o xoves, recibimos de novo a visita dunha mamá que viña a ler un conto! Nesta ocasión tratouse de NATALIA, a mamá de ARÓN, que nos contou un conto moi especial para él: "FOCALCE", a historia dunha FOCA-ALCE. Que como pode ser iso? Pois porque os contos son así de máxicos, como sabedes... Pasámolo moi ben e ademais Natalia trouxo a XAVI, o irmanciño pequeno de Arón e portouse como un chico maior. Impresionante!!
GRACIÑAS, NATALIA, POR PARTICIPAR NO CONTA COMIGO!
Nótase que disfrutaron un montón. Unha boísima experiencia. Unha aperta.
ResponderEliminar