domingo, 28 de abril de 2013

DEGUSTACIÓN DE INFUSIÓNS!

Como sabedes, levamos xa uns meses coidando e regando con moito mimo as nosas plantas aromáticas. Pois ben, a mamá de ANXO, BELÉN, ofreceunos dar unha charla aos peques sobre os usos medicinais e culinarios que poden ter estas plantas. Trouxo mostras de moitas herbas como a MALVA, a MANZANILLA, o TOMILLO, o MALVAVISCO, a HERBALUISA, a MENTA... e preparou unha riquísima e variada DEGUSTACIÓN DE INFUSIÓNS! Aprendimos moitas cousas, sobre todo a importancia de cultivar as nosas propias plantas e despois deixalas boca abaixo a secar nun lugar escuro e seco. Así poderemos tomar as nosas infusións dun xeito máis san e natural. Tamén fixo fincapé no azucre, que é moito mellor tomalo moreno de caña que branco, e se ás infusións botámoslles MEL moitísimo mellor!! Moitas destas herbas son boísimas para a tos, os bronquios, cando estamos maliños do estómago.... Foi moi interesante e aquí tedes a proba! IMPRESIONANTE!!
MIL GRAZAS UNHA VEZ MÁIS POR ACHEGARNOS A ESTE MUNDO TAN NATURAL, BELÉN E TER A AMABILIDADE DE VIR Á NOSA AULA!

DEGUSTACIÓN INFUSIÓNS - BELÉN from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.
BELEN HERBAS AROMÁTICAS from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario