Non me cansarei de AGRADECER a gran implicación das familias dos peques da nosa aula en todo o que ten que ver coa escola! Este é un importante exemplo, xa que todas e cada unha das familias participaron na actividade do "CONTA COMIGO" que, como sabedes os que visitades o blog, consistiu en vir a contar un conto a nosa clase. Estou moi feliz co resultado!!! Os nenos disfrutaron moitísimo coa actividade e coido que temos que instaurala para todos os anos porque foi un éxito. Pero un éxito e un logro das mamás e papás que estivéchedes dispostos a formar parte, durante un rato, da realidade que viven os vosos fillos na escola e preparar esta actividade para eles. Por eso, MIL GRAZAS AOS SENSACIONAIS CONTACONTOS: ANA, NURIA, DELY, MABEL, CAROLIN, ANA, BELÉN, ADRIANA, VANESA, JOSÉ, CONCHI, DIANA, MARINA, RUBÉN, NATALIA, FÁTIMA, ANA, ISABEL E INÉS!
SEN VÓS ISTO NON SERÍA POSIBLE!
CONTA COMIGO FAMILIAS from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.
Seguro que foi unha gran experiencia para todos. Noraboa por tan fantásticos contacontos. Un bico.
ResponderEliminarGrazas a ti eva polo ben q atendes e ensinas os nosos pequechos
ResponderEliminarJo, Ana, eu so intento facer o meu traballo o mellor que podo e teño a gran sorte de traballar con nen@s! Ademais con papás e mamás súper colaboradores coa escola! Así que as grazas volas dou eu a vos!
ResponderEliminarQue mais se pode pedir?
Unha imaxe vale mais que mil palabras, e a imaxe das cariñas de felicidade dos nosos pequechos e algo que non ten precio. Gracias polo cariño que pos en todo o que fas, miremolo como o miremos este curso foi xenial e todos o pasamos en grande compartindo contigo e cos pequechos momentos inesquecibles. Graciasssss Eva es xenial.
ResponderEliminarGracias a ti Eva por darnos a oportunidade de poder colaborar cos nosos nenos e xenial non podemos pedir mais un saudo.Por certo eu non podo ir a reunión do venres teño que traballar non sei se te dixeron algo,chamei o martes pero estabas ocupada con unha mamá non sei se podera ser outro día
ResponderEliminarGracias, mamis!! Vos si que sodes xeniais!! É un pracer coñecer familias tan boas e tan colaboradoras! MOITÍSIMAS GRAZAS, DE CORAZON!!!
ResponderEliminarO vindeiro ano nos daparará seguro novas e variadas sorpresas nas que por suposto estaredes incluídos e espero que sigades participando co mesmo entusiasmo na procura dunha EDUCACIÓN DE CALIDADE!! UNHA APERTA GRANDÍSIMAAA!!
Dende esta ventaniña que nos deixas a todos aberta, queremos agradecerche todo o que fas polos nosos cativos, e desexarte por suposto unas estupendas vacaciones rodeada de bos amigos. De todo corazón gracias por ser como eres, mil gracias.
ResponderEliminar