O pasado martes realizamos unha saída que levabamos esperando moito tempo. Por fin fomos a unha panadaría!! Tiñamos moitas ganas despois de estudar o millo e na panadaría "VAL DE TEBRA" acolléronos moi, moi ben!
O panadeiro, ALFONSO, e seu irmán TOÑO, ensináronnos a maquinaria necesaria para facer pan: a amasadora, a pesa, o forno de leña onde fan as empanadas... Quedamos abraiados ao comprobar como medraban as barras ao sacalas do forno! Era a levadura, claro!
Ademais deixáronnos un cachiño de masa a cada un para amasar e facer un boliño e puxémonos de fariña....ATA ARRIBA!!
Portáronse moi ben con nós e dende aquí quero darlles as GRAZAS por prestarse a realizar esta actividade cos peques. Por suposto, nós tamén lles fixemos un pequeno agasallo...
Despois de tan agradable experiencia, merendamos no recinto que teñen fora e achegámonos ata un muiño que está moi preto do noso cole, en Sobrada, onde os papás dun neno de 3 anos maila súa avoa mostráronnos como funcionaba e moeron millo!! Moitísimas GRAZAS tamén a eles!

Foi unha mañá para recordar, sen dúbida!!
VISITA PANADARÍA E MUIÑO from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.
Que bonito, gracias a todas as persoas que fixeron posible esta excursión na que os nosos pequechos disfrutaron tanto. Mil graciasssssssss
ResponderEliminarGraciñas por comentar, Belén! A verdade é que o pasamos moi, pero que moi ben e os peques disfrutaron moitísimo tanto na panadaría como no muíño.
ResponderEliminarClaro que sí, MOITAS GRAZAS a todos eles e a vos, as familias, por axudarnos sempre e prestarvos a facer actividades coma esta. É moi importante para nós!