Esta semana, ANXO apareceu cunha gran cesta cheíña de FROITOS DE OUTONO: CASTAÑAS, ABELÁS, PIPAS, MILLO, CABAZAS...Unha morea de froitos!! Ensinoulla aos compañeir@s e entre tod@s decidimos probar as castañas asándoas no forno que temos na clase. Mentres se facían as castañas e aproveitando que non chovía, saímos a recoller follas e piñas para facer un mural nos vindeiros días e ata xogamos ao xogo "CASTANIÑA POR DETRÁS, TRIS TRAS". Despois, puxémonos as botas coas castañas e xa tocou o timbre para marchar para casa!
MOITÍSIMAS GRAZAS ANXO!!
Como disfrutamos vendo estes videos do ben que o pasan os pequechos preparando e disfrutando do outono, que e una estación tan especial, chea de novidades, un saudiño.
ResponderEliminar