Estamos repasando os números e utilizando as REGLETAS para comezar a realizar operacións de cálculo dun xeito manipulativo. As REGLETAS CUISSENAIRE son un material matemático para que os nenos/as aprendan a composición e descomposición dos números. Son 10 con tamaños e cores diferentes e cada regleta equivale a un número determinado.
Con elas aprendimos a chegar a un número utilizando diferentes composicións de regletas.
Pasámolo moi ben!
XOGANDO COAS REGLETAS from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.
Na casa tamén podes xogar a compoñer e descompoñer números coas regletas. Aquí vos deixo unha ligazón á páxina de regletasdigitales (Fai clic na imaxe).
Moi boa forma de traballar, Eva. Gústame. Unha aperta.
ResponderEliminarUnha forma moi divertida aprender
ResponderEliminar